Filtro morado e reivindicativo en Compostela

GARCÍA FERNÁNDEZ

O grupo de Muller e Comunicación acordou como acción final facer un reparto de globos. O obxectivo era facer chegar á cidade de Compostela o traballo que realizamos ao longo destes catro meses coas nosas colaboradoras do círculo. Fixemos reunións nas que tratamos as diferentes problemáticas ás que se enfrontan, tanto as mulleres nos medios de comunicación coma as propias mulleres xornalistas no seu ámbito de traballo. Seguir lendo “Filtro morado e reivindicativo en Compostela”

Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado

S1D

Levamos uns meses traballando sobre o ensino, un tema que nos interesa a todos. Os nosos colaboradores axudáronnos a discutir a súa presenza e o seu tratamento nos medios. Despois de tres reunións e de realizar a acción do noso grupo, reunímonos con eles unha vez máis para preguntarlles a súa opinión sobre o proxecto e sobre o noso traballo. Seguir lendo “Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado”

Unha ollada á mobilidade compostelá

SANTAMARINA VÁZQUEZ

Para amosar as carencias en materia de mobilidade fixemos unha colección fotográfica online na que se mostran lugares de Santiago, mencionados durante as reunións, que presentan defectos en canto a accesibilidade, transporte público ou tráfico. Os pés de foto das imaxes son conclusións dos membros do Círculo. Tamén engadimos exemplos para dar unha perspectiva de como se deberían modificar os problemas estruturais e viarios de Santiago. Para que a cidadanía sexa partícipe da nosa acción, pegamos carteis pola rúa que teñen un código QR que leva á colección fotográfica e creamos o cancelo (#MobilidadeSantiago) para que os santiagueses acheguen as súas propias imaxes.

Seguir lendo “Unha ollada á mobilidade compostelá”