Abrindo novas portas

EIRAS LAMAS

Un proxecto, sexa do tipo que sexa, ten que ter sempre unha fin, un obxectivo, e loitar por el ao longo de todo o proceso de traballo. Iso é o que pretendiamos coa análise dos medios de comunicación: establecer unha perspectiva crítica sobre como tratan ao colectivo LGTBI e como este se desenvolve neles.

O noso obxectivo? Chegar á xente con esta perspectiva, mostrarlle estes problemas e ensinar, de certo xeito, que a igualdade segue sen ser real.  Precisamente en busca disto desenvolvemos a nosa acción final.

Queda moito por facer aínda e a mocidade debe ter as ferramentas necesarias para provocar o cambio definitivo. É este o principal motivo polo que nos diriximos a este público coa nosa acción. Nunha primeira fase pegamos carteis polas zonas máis transitadas por adolescentes de Compostela: Praza Roxa, Campus Universitarios, rúas paralelas, etc.

Pero tiñamos que conseguir que nos prestasen máis atención que o simple feito de botarlle unha ollada a un cartel. Por iso nos diriximos directamente a eles en dúas reunións informativas: unha na facultade de Educación Social e outra no IES Rosalía de Castro, para ter a oportunidade de explicar o proxecto detalladamente e con claridade. A primeira, aberta a todo aquel que estivera interesado, e a segunda para os alumnos do ciclo de Animación Sociocultural. Deste xeito puidemos analizar, debater e amosar algúns dos problemas aos que se enfronta o colectivo LGTBI e abrir este paradigma tamén nas aulas.

Un comentario en “Abrindo novas portas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.