S1D
Levamos uns meses traballando sobre o ensino, un tema que nos interesa a todos. Os nosos colaboradores axudáronnos a discutir a súa presenza e o seu tratamento nos medios. Despois de tres reunións e de realizar a acción do noso grupo, reunímonos con eles unha vez máis para preguntarlles a súa opinión sobre o proxecto e sobre o noso traballo.
Creo que este proxecto exemplifica unha verdadeira posta en escea da colaboración interdisciplinar no ámbito académico, o cal debe ser alabado porque non é habitual a posta en marcha destas iniciativas. Como estudante de Historia, son consciente de que son os medios de comunicación nas súas múltiples representacións (documentais, filmes…) os que difunden á sociedade o pasado histórico, resucitando períodos que de outra maneira ficarían durmidos (temos o exemplo perfecto en Xogo de Tronos coa recuperación da Idade Media). Se ven os medios de comunicación serven para ensinar o pasado e formular unha visión ao respecto deste, se traspasamos a misma intencionalidade ao presente e a mesturamos coas problemáticas dun ámbito como a educación pódense sacar conclusións importantes. Como se dicía no vídeo moitas veces existe unha queixa xeralizada e un medo a expresar as propostas persoais sobre o ensino por non sentirse o suficientemente formados ou competentes para facelo, cando dende cativos estamos inmersos todos nun mesmo sistema educativo e, queiramos ou non, todos temos necesariamente unha opinión formada ao respecto. A colaboración interdisciplinar é beneficiosa para todos os ámbitos, máis eu creo que na educación é especialmente significativa e relevante porque todos pasamos por un mesmo proceso formativo de base. O diálogo e a posta en común destas cuestións trasladadas aos medios audiovisuais tradúcese simplemente nunha forma de difundir unha problemática por todos coñecida no ámbito teórico e igualmente ignorada na posta en práctica, quizais pola apatía que provoca o pensar que a acción individual non vai mudar nada no conxunto do sistema educativo. Se ben os medios de comunicación dictan algunhas das nosas conversas por seren eles os que elixen os temas a proxectar que consumimos, o feito de crear un espazo para a reflexión educativa que traspase os muros académicos é o primeiro paso para animar á xente a expresarse, mediante a mellor forma de facelo, predicando co exemplo.
Así, contemplo este proxecto como un exercicio de honestidade no sentido de que da voz a algo que precisa ser dito en alto, escoitado e procesado e, finalmente, levado á práctica.
GústameGústame