Unha ollada á mobilidade compostelá

SANTAMARINA VÁZQUEZ

Para amosar as carencias en materia de mobilidade fixemos unha colección fotográfica online na que se mostran lugares de Santiago, mencionados durante as reunións, que presentan defectos en canto a accesibilidade, transporte público ou tráfico. Os pés de foto das imaxes son conclusións dos membros do Círculo. Tamén engadimos exemplos para dar unha perspectiva de como se deberían modificar os problemas estruturais e viarios de Santiago. Para que a cidadanía sexa partícipe da nosa acción, pegamos carteis pola rúa que teñen un código QR que leva á colección fotográfica e creamos o cancelo (#MobilidadeSantiago) para que os santiagueses acheguen as súas propias imaxes.

6 comentarios en “Unha ollada á mobilidade compostelá

  1. MIRANDA MARTÍNEZ
    Unha sociedade concienciada é unha sociedade que esixe melloras. A vosa acción está ben porque ás veces non hai mellor xeito de concienciar á xente que amosándolle o problema ‘nos seus narices’. A pesar de todo o que queda por facer para que as cidades sexan lugares cen por cen accesibles, hai moitas propostas sobre o tema.

    Por exemplo, é interesante o Plan de Accesibilidade Turística do Camiño de Santiago. O documento analiza como de adaptados están os albergues e as rutas xacobeas, o que me fixo pensar en si os sitios turísticos están ben preparados para unha modalidade dinámica. Este informe tamén recolle os diferentes tipos de atraccións turísticas de Galicia; dun total de 80 puntos de interese, tan só hai 20 que se clasifican como accesibles. Esta situación é inaceptable.

    Tamén é curioso o traballo de investigación que realizou Rosa Cachedas sobre a accesibilidade dos museos galegos. Unha parte positiva que sinala é que a maioría dos novos edificios xa están adaptados. Aínda así, gran parte dos museos máis importantes son antigos e non teñen os medios necesarios para persoas con mobilidade reducida.

    Ligazóns:
    – Xunta de Galicia (s.n). Plan de Accesibilidade Turística do Camiño de Santiago. Recuperado de: https://www.turismo.gal/docs/mdaw/mzax/~edisp/turga301593.pdf
    – Luaña, S. (26 de maio de 2016). Hay museos inaccesibles para personas con discapacidad, y eso no debería ser. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/05/26/museos-inaccesibles-personas-discapacidad-deberia-/00031464209708780687845.htm

    Gústame

    1. OROZCO LAGO

      Ideas e propostas hai moitas. Incluso dende a política fanse promesas no tema de mobilidade. Porén estas propostas poucas veces chegan a bo porto, por pasotismo ou polo custo que supoñen. Quedan só en palabras. O resultado? Problemas para moverse e vivir nas cidades.

      O problema non só está en quen promete e non cumple se non tamén en quen non reclama o cumprimento. Ás veces, o silencio social é consecuencia do descoñecemento. Por iso, esta acción busca lograr que todo aquel que a vexa descubra os problemas non tan obvios da mobilidade compostelá.

      Dende logo, o turismo require de zonas adaptadas tamén, e algo tan importante para a cidade como é o Camiño de Santiago debe ser accesible. Aínda así penso que o primordial debe ser a propia cidadanía, como din dende o Correo Gallego. As medidas e melloras deben encamiñarse a ela.

      LIGAZÓNS:
      Fernández, I. (23 de noviembre de 2018). ¿Se está convirtiendo el casco histórico en un infierno para sus vecinos? El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/convirtiendo-casco-historico-un-infierno-sus-vecinosa/idEdicion-2018-11-23/idNoticia-1150026

      Redacción. (24 de abril de 2019). Fundación ONCE presenta una guía que ayuda a calcular el coste de hacer accesible una vivienda. Inmodiario. Recuperado de https://www.inmodiario.com/157/27480/fundacion-once-presenta-guia-ayuda-calcular-coste-hacer-accesible-vivienda.html

      Gústame

      1. MIRANDA MARTÍNEZ

        Tes razón en que a cidadanía debe ser o obxecto principal das medidas, pero o turismo tamén significa beneficios para ela. Os turistas traen riqueza (5’1 millóns de persoas visitaron a nosa comunidade en 2017) e, por tanto, adaptar a cidade non debe ser unha cousa feita exclusivamente para os que viven sempre nela. Abrir as portas a xente de fóra é bo, e canto mellor sexa a imaxe que ofrecemos, mellores consecuencias percibirá a propia cidade. Por suposto, esa imaxe non debe ser só superficial.

        Tal vez boto en falta algo de información sobre as zonas rurais, que penso que sofren máis o descoidado por parte das administracións – xa non só en materia de accesibilidade-. Porén, nestas zonas o factor turístico si que está máis avanzado. Galicia está á cabeza do ránking nacional de casas rurais adaptadas: o 35’74%. A xente con mobilidade reducida merece un trato digno alá onde se desprace.

        Ligazóns:
        – Clúster Turismo de Galicia (23 de abril de 2015). Galicia, a la cabeza en número de casas rurales accesibles. Recuperado de: http://clusterturismogalicia.com/galicia-a-la-cabeza-en-numero-de-casas-rurales-accesibles/
        – Sánchez, P. (9 de decembro de 2018). Un largo viaje para el turismo gallego. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2018/12/09/largo-viaje-turismo-gallego/0003_201812SM9P7991.htm

        Liked by 1 person

        1. OROZCO LAGO

          Centrándome na túa referencia ao rural quero dicir que sen dúbida agrádame saber que as opcións vacacionais destas zonas son accesibles e que contamos con boa reputación nese aspecto. Porén, volvendo á miña posición, onde quedan os veciños? Non hai inversións nestas zonas a pesar de albergar a unha gran porcentaxe de poboación de Compostela. As liñas de bus público non chegan ou non contan con suficientes frecuencias. As estradas nin tan sequera cumpren coa normativa en canto a seguridade, a arcéns… A situación do noso rural é precaria.

          A organización non atende as súas petición máis aló de para facer campaña electoral. Non serve de nada pintar accesible unha fachada para atraer o turismo. Cando todos eses visitantes cheguen ás mencionadas casas rurais, como van a desprazarse ata o núcleo urbán? Qué pensarán das nosas rúas pouco seguras? Cal será a súa opinión respecto aos innumerables problemas de tráfico do centro? Pregúntome se realmente o turismo saenos rentable deste xeito…

          LIGAZÓNS

          Redacción. (1 de agosto de 2007). La falta de autobuses condiciona la vida de cientos de vecinos del rural. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/falta-autobuses-condiciona-vida-cientos-vecinos-rural/idEdicion-2007-08-01/idNoticia-194245

          Mosteiro, M. (5 de octubre de 2017). La federación vecinal pide un <> con todos los partidos para blindar inversiones. La Voz de Galicia. Recuperado de
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/10/05/federacion-vecinal-pide-pacto-polo-rural-partidos-blindar-inversiones/0003_201710S5C2991.htm

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.