GARCÍA GARCÍA
Neste post profundizamos no traballo realizado para a nosa acción. Ao longo das tres reunións do círculo fomos achegándonos aos medios comunitarios, alternativos e populares. Os puntos que tratamos van desde o financiamento ata a participación neles. Co obxectivo de deixar recollidas as ideas que foron xurdindo, elaboramos esta guía de bos prácticas neste tipo de medios. Podedes consultala aquí mesmo!
Ademais, para a difusión da guía elaboramos esta páxina de Facebook na que iremos actualizando e tratando cada día un tema diferente co obxectivo de aumentar a recepción e participación da xente na guía. Por outra parte, tamén será enviada aos medios comunitarios actuais de Galicia.
Deixamos aquí o vídeo que recolle a nosa acción.
Conversaron connosco:
- Luis Froiz, integrante de Mola.gal
- Jonathan Barral, integrante de Radio CampUSCulturae
- Santi Martínez, integrante do Quinteiro do Umia
Un comentario en “Coñece a nosa guía de boas prácticas nos medios comunitarios”