Compostela: cidade artista

GRANDE SANTALLA

Despois de varios meses tratando man a man cos artistas que integraban o noso círculo, chegou o momento de poñer punto e final a todo o traballo realizado. A acción consistiu nun evento cultural celebrado na Sala Riquela, no que os activistas creativos foron os protagonistas, levando a cabo un interesante faladoiro no que debateron e expuxeron algunhas das cuestións abordadas nas reunións: definiron o activismo e os espazos que este ocupa nunha cidade como Compostela, explicaron os vínculos entre a cultura e o compromiso, así como entre os artistas e os activistas, que para algúns dos participantes veñen a dar nome ao mesmo, e dialogaron sobre o escenario acerca das trabas e limitacións coas que se atopan á hora de sacar adiante o seu traballo, non sen antes pór en evidencia a ignorancia e o descoñecemento de cidadáns e institucións no que ao mundo da creatividade se refire.

Seguir lendo “Compostela: cidade artista”

Dando visibilidade á mocidade

MIRANDA MARTÍNEZ

Ao longo destes meses tratamos nos nosos posts os problemas ós que se enfronta a mocidade actual, amosando as distintas perspectivas dos nosos colaboradores á hora de tratar temas moi relevantes para os xoves. Dende o grupo de Mocidade e Comunicación intentamos dar visibilidade os desafíos ós que se enfrontan os mozos no día a día e o tratamento que fan os medios de comunicación sobre eles. 

Seguir lendo “Dando visibilidade á mocidade”

Dámoslle voz aos nosos colaboradores

 QUINTILLÁN POZA

Tras rematar as xuntanzas, os nosos colaboradores e colaboradoras reflexionan sobre a aprendizaxe que adquiriron nestes meses. Nas reunións afondamos nos Bens Relacionais e nos problemas que existen na universidade. Nerea González (estudante de Filoloxía Hispánica), Antonio Villasenín (estudante de Maxisterio), Xisela Casal (estudante de Dereito) e Roberto Castro (membro do Gabinete de Comunicación da USC), explican como viviron esta experiencia.

Seguir lendo “Dámoslle voz aos nosos colaboradores”