Compostela: cidade artista

GRANDE SANTALLA

Despois de varios meses tratando man a man cos artistas que integraban o noso círculo, chegou o momento de poñer punto e final a todo o traballo realizado. A acción consistiu nun evento cultural celebrado na Sala Riquela, no que os activistas creativos foron os protagonistas, levando a cabo un interesante faladoiro no que debateron e expuxeron algunhas das cuestións abordadas nas reunións: definiron o activismo e os espazos que este ocupa nunha cidade como Compostela, explicaron os vínculos entre a cultura e o compromiso, así como entre os artistas e os activistas, que para algúns dos participantes veñen a dar nome ao mesmo, e dialogaron sobre o escenario acerca das trabas e limitacións coas que se atopan á hora de sacar adiante o seu traballo, non sen antes pór en evidencia a ignorancia e o descoñecemento de cidadáns e institucións no que ao mundo da creatividade se refire.

Acto seguido cada un dos artistas tivo un oco para expoñer en público o seu traballo: uns fixérono mediante pezas audiovisuais e proxeccións, outros cos cadros físicos ou coas súas obras impresas en alta resolución, para que os asistentes as puidesen apreciar en primeira persoa, e outros en vivo e directo, coa súa voz ou as súas dotes musicais. Os espectadores que enchían o local non se cortaron á hora de lanzar preguntas aos artistas, que responderon con total naturalidade, para logo dar paso a un micro aberto no que uns poucos se animaron a recitar, tocar ou cantar.

Para difundir o evento deseñamos uns carteis que nós mesmos pegamos pola cidade, malia a choiva que nos acompañou, e deixamos tamén en bares e establecementos santiagueses. O cartel está dispoñible aquí. Ademais, tamén fixemos flyers informativos para repartir entre o público que nos acompañou, nos que tratamos de recoller algunhas das conclusións máis interesantes que sacamos das reunións, acompañadas dunha ligazón ao noso apartado no blogue do OCC para todos aqueles que quixesen entrar a botar unha ollada ou a ampliar información. O flyer está dispoñible aquí.

 

Nas diversas reunións do noso círculo participaron:

Xoana Almar, muralista e pintora da cooperativa Cestola na Cachola

Pablo Castiñeira, breakdancer, xestor e fundador de Vella Escola Cultura Urbana

Alicia Groba, música

Deiviz Kostoya, pintor e xornalista

Queixumes (Mariña), ilustradora

Elisa Sánchez, cantante e activista feminista

Andrés Toimil, músico profesional

Ángel Vidal, fotógrafo e músico

3 comentarios en “Compostela: cidade artista

  1. Moitas grazas por organizar isto! Foi unha marabilla poder compartir experiencias con artistas de esferas tan diversas e poder achegar todos cadansúas problemáticas e opinións acerca do mundo do activismo artístico e do papel que exerce Compostela no noso traballo. Un pracer que contarades con nós ❤

    Gústame

  2. Foi un pracer colaborar convosco neste proxecto. Non só como creador de arte en Santiago de Compostela, senón tamén para poder coñecer a creativos e creativas de diferentes disciplinas, poder intercambiar perspectivas sobre a situación do mundo da arte na cidade compostelana, e sobre todo, poder ter un “sitio” no que poder expresarnos, xa que moitas veces semella que se non saes nos medios de comunicación tradicionais, “non existes”. Este tipo de iniciativas axudan a descubrir e a dar voz a xente coma nós, que estamos comezando neste mundo ou que xa levamos algúns anos nel. Moi bo traballo, parabéns e a seguir traballando.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.