Dando visibilidade á mocidade

MIRANDA MARTÍNEZ

Ao longo destes meses tratamos nos nosos posts os problemas ós que se enfronta a mocidade actual, amosando as distintas perspectivas dos nosos colaboradores á hora de tratar temas moi relevantes para os xoves. Dende o grupo de Mocidade e Comunicación intentamos dar visibilidade os desafíos ós que se enfrontan os mozos no día a día e o tratamento que fan os medios de comunicación sobre eles. 

Para isto, a nosa acción consistiu na realización dun fanzine, unha pequena revista moi visual e esquemática que recolle os aspectos máis importantes que tratamos nas reunións cos nosos colaboradores, como por exemplo o erróneo concepto de mocidade, a precariedade laboral na xuventude ou as problemáticas ás que se ten que enfrontar a muller moza. Todo isto aparece recollido no noso fanzine con fin de facer chegar dunha maneira moi sinxela todo o contido ós lectores. A revista foi repartida ós nosos colaboradores e distribuída por diferentes facultades e residencias para que a xente poida botar unha ollada ó traballo realizado.

Tedes o fanzine dispoñible aquí.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.