Entrevista a Lluís Codina

CALVO PEINE

Lluís Codina é profesor na Facultade de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra e coordinador do Máster Universitario en Investigación en Comunicación Social. Ademais é o co-director xunto a Pere Freixa do Observatorio de Cibermedios (OCM), un dos proxectos que leva a cabo o Grupo DigiDoc.

OCC: En que consiste exactamente?
Lluís Codina: O Observatorio de Cibermedios é unha produción do Grupo de Investigación en Documentación Digital e Comunicación Interactiva do Departamento de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra. Forma parte do proxecto do Plan Nacional “Creación e contido interactivo na comunicación de información audiovisual: audiencias, deseño, sistemas e formatos” e tamén das actividades da Rede de Excelencia en Xornalismo Digital e Convergencia Mediática.

OCC: Como é o funcionamento do observatorio?
LC: Funcionamos a varios niveis de dedicación. Temos un pequeno equipo editorial, que dependendo do momento e do proxecto financiado do Plan Nacional no que esteamos, pode estar formado por unhas catro acodes (dous neste momento, en espera da aprobación do novo proxecto do Plan Nacional), que monitoriza de forma regular unha serie de ámbitos de interese, sempre centrado na comunicación e o xornalismo dixital e prepara unha serie de produtos: análise de revistas de comunicación, estudos de caso, apuntamentos de congresos, de informes, de libros e de seminarios de investigación propios e de grupos afíns temáticamente e/ou de noso mesmo Departamento. Ademais, temos unha rede de editores/colaboradores que nos proporciona apuntamentos de eventos e de estudos publicados. Esta rede está formada por investigadores do programa de doctorado do Departamento de Comunicación, principalmente, pero tamén poden formar parte profesores doutras universidades.

OCC: Cales son os seus obxectivos?
LC: Temos varios obxectivos: monitorizar tendencias no campo da comunicación digital e interactiva mediante o seguimiento dos principais centros de I+D nacionais e internacionais neste ámbito, producir estudos e informes propios no campo dos cibermedios e da comunicación dixital audiovisual e interactiva así como en calquera dos ámbitos do OCM, difundir resultados dos proxectos de investigación do Grupo DigiDoc, colaborar na difusión de resultados de proxectos coordinados nos que participe, de proxectos similares doutros Grupos do Departamento de Comunicación da UPF, así como doutras universidades coas que o noso grupo mantén acordos de colaboración ou coas que participa en proxectos e actividades comúns, realizar estudos de caso de medios dixitales co fin de proporcionar recursos para os estudiosos dos cibermedios e colaborar con outros Observatorios e Portais da Comunicación na monitorización, análise e difusión de tendencias en cibermedios.

OCC: Como é a estrutura do observatorio?
LC: A estrutura do Observatorio de Cibermedios está marcada polos tres ámbitos principais de traballo: a monitorización de tendencias en base a seguimiento de eventos, publicacións, informes de terceiros, etc.; a produción de informes propios e a organización de Seminarios de Investigación. Noutro sentido, a nosa estrutura consiste nunha estrutura tripla formada por un equipo de dirección, un equipo de estudos e un equipo editorial.

OCC: Que metodoloxías usades?
LC: As metodoloxías que utilizamos son varias. Para os informes estudos de caso, análise comparativos e seminarios de investigación. Para manter as seccións de monitorización, o equipo de dirección establece ámbitos de seguimiento, desenvolvemos esquemas de análises e a partir de aquí suscitamos obxectivos, un calendario de actuacións e imos levando a cabo tales análises. Os produtos máis característicos desta metodoloxía son as análises de revistas de comunicación, as análises de centros de I+D, os estudos de caso e as fichas de congresos.

Ligazóns

Vargas, A. (2019). Observatorio de Cibermedios · OCM. [en línea] Observatorio de Cibermedios. Disponible en: https://observatoriocibermedios.upf.edu/

Upf.edu. (2019). DIGIDOC – Research Group on Digital Documentation and Interactive Communication (UPF). [en línea] Disponible en: https://www.upf.edu/web/digidoc

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.