A voz dos nosos colaboradores

FREIRE PICÓN E LÓPEZ FERNÁNDEZ

Despois de case tres meses de reunións, charlas e mensaxes cos artistas integrantes do noso círculo, chegou a hora de escoitar as súas valoracións e opinións. O noso elenco de colaboradores estivo integrado por Xoana Almar, muralista de Cestola na Cachola, Pablo Castiñeira, bailarín e xestor de Vella Escola Cultura Urbana, Alicia Groba, cantante, Deiviz Kostoya, pintor e xornalista, Mariña Longa, ilustradora detrás do perfil Queixumes, Elisa Sánchez, cantante e activista, Andrés Toimil, músico, e Ángel Vidal, fotógrafo profesional. Neste vídeo son eles os que xulgan o noso traballo e avalían o proxecto, a experiencia e os resultados do mesmo. Seguir lendo “A voz dos nosos colaboradores”

A opinión dos nosos colaboradores

EYRÉ CONDE

Durante os últimos meses intercambiamos opinións semana tras semana con varios profesionais do xornalismo. Esta vez teñen eles toda a palabra, para dar a súa perspectiva sobre o noso traballo arredor da precariedade. Falan Belén Regueira (Radio Galega), Pablo Santiago (O Salto) e Nazaret López (Radio Ames). Seguir lendo “A opinión dos nosos colaboradores”

Agora opinan os nosos colaboradores

VÁZQUEZ PAREDES E VEIGA DE BARTOLOMÉ 

Estes meses estivemos realizando reunións e traballando sobre as problemáticas da mocidade. Tras realizar a nosa acción, agora toca opinar e reflexionar sobre o proxecto que levamos a cabo. Os nosos colaboradores, Aida Fernández (estudante de Pedagoxía), Xesús Vilas (director da escola Don Bosco), Lucía Van der Mel (estudante do grao en Mestre de Educación Primaria), Miguel Cancio (sociólogo), Laura Cereijo (delegada sindical de CCOO) e Aurea Sánchez (xornalista e escritora), contan como viviron esta experiencia dando a súa opinión sobre o traballo realizado.

Seguir lendo “Agora opinan os nosos colaboradores”