Os medios comunitarios

ALARTE DE LA SALUD

Un medio de comunicación comunitario é aquel que non ten ánimo de lucro e a súa finalidade principal é mellorar a sociedade da comunidade á que pertence.

Estes medios forman o chamado Terceiro Sector da Comunicación, sendo os medios de comunicación públicos o Primeiro Sector e os privados comerciais, o Segundo Sector. Esta clase de medios cumpren as seguintes características: o medio é propio dunha asociación sen ánimo de lucro; a súa xestión e funcionamento lévao a cabo un colectivo cidadán; non existe reparto de beneficios de ningún tipo, e a financiación destínase integramente ao proxecto; a xestión de estes medios realízase de forma participativa e horizontal; teñen como obxectivos afondar na democracia, transformar os procesos sociais e falar do que outros medios non falan; non realizan proselitismo relixioso nin partidista. Despois de consultar e analizar diversos medios, observamos que soamente Sermos, El Mundo e El País teñen noticias adicadas a este tema.

En Sermos hai unha noticia (Sermos, 29 de setembro de 2017) que fala da emisora Cuac FM, á que un expediente da Xunta obrigou a pechar. Nela cóntase o que pasou para que pechara e o que sucedeu en relación a ese peche. Ademais, explica o artigo número 4 da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual 7/2010, e explica que era a emisora e a súa traxectoria. Tamén teñen un artigo de opinión adicado aos medios comunitarios chamado  As radios libres galegas esixen espazo (Sermos, 6 de outubro de 2013) no que falan sobre o concurso de licenzas radiofónicas, explicando que é, e tamén falan do mapa das radios libres que hai en Galicia, sinalando que este medios de comunicación defende especialmente a lingua galega.

En El Mundo hai unha noticia chamada Los medios comunitarios impugnan el concurso de canales TDT (El Mundo, 19 de maio de 2015), na que explican que a Rede de Medios Comunitarios presentan un recurso protestativo contra a convocatoria do concurso para a adxudicación de canles de TDT de ámbito nacional.

El País fala do concurso para entregar licenzas de radio que outorga Galicia (El País, 22 de agosto de 2012), que deixou fóra ás radios comunitarias sen ánimo de lucro. Esta noticia parécese á de Sermos e falan do mesmo suceso, o peche de Cuac FM. Este xornal tamén publicou varias noticias (El País, 28 de decembro de 2014) relacionadas con Tele K, a televisión local do barrio madrileño de Vallecas, que acusa ao goberno de aplicar una lei mordaza dixital ao non reservar frecuencias para os medios comunitarios. Noutra noticia fálase de que Tele K presenta un recurso ante o Tribunal Supremo contra o Plan Téncico Nacional da TDT (El País, 24 de novembro de 2014)

A reflexión que sacamos de todo isto é que este non é un tema que se soe tratar nos medios de comunicación e que desde os gobernos se intenta silenciar ao deixar aos medios comunitarios fóra dos concursos de entrega de licencias para poder emitir. Polo que, dalgunha maneira, córtase a liberdade dos periodistas que forman estes medios porque non se lles permite expresarse, e por iso hai que dar unha voz de alarma para que todos estes medios sigan con vida.

Ligazóns

Sermos Galiza (29 de setembro de 2017). Un expediente da Xunta deixa sen voz a radio comunitaria Cuac FM após 21 anos no ar. Recuperado de  https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/expediente-da-xunta-deixa-voz-radio-comunitaria-da-xunta-apos-21-anos-no-ar/20170929161900061803.html

Sermos Galiza (6 de outubro de 2013). As radios libres galegas exixen espazo. Recuperado de https://www.sermosgaliza.gal/articulo/opinion/radios-libres-galegas-exixen-espazo/20131004115050019703.html

El Mundo (19 de maio de 2015). Los medios comunitarios impugnan el concurso de canales TDT. Recuperado de https://www.elmundo.es/television/2015/05/19/555b0cc222601d914d8b457b.html

Pampín, M. (22 de agosto de 2012). El reparto de licencias de radio veta a las radios comunitarias. El País. Recuperado de https://elpais.com/ccaa/2012/08/22/galicia/1345657848_258731.html

R. G. G. (28 de decembro de 2014). Tele K reclama una licencia para salir del “limbo legal”. El País. Recuperado de:https://elpais.com/cultura/2014/12/28/television/1419790344_170094.html

G. Gómez, R. (24 de novembro de 2014). Tele K recurre ante el Tribunal Supremo el plan técnico de la TDT. El País. Recuperado de https://elpais.com/cultura/2014/11/24/television/1416828534_223416.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s