SALVATORE FALCONE
En Ferrol, o medio comunitario Filispim 93.9 FM abre o seu espazo radial na web aos seus socios. Estes poden encontrar un espazo para informarse que nos medios convencionais non existe. Esta estación acompaña a cinco emisoras de radio comunitarias en Galicia: A Kalimera de Santiago de Compostela, Cuac FM de A Coruña, Radio Clavi de Lugo, Radio Priatona de Vigo e radio Roncudo de A Coruña.
Para crear un contido no medio, fai falta ser un integrante da asociación civil ou estar suxeito á deliberación dos socios sobre o seu interese nos programas presentados ao medio.
O enfoque de Filispim non é cubrir unha cota de audiencia; o seu obxectivo é chegar á comarca de Ferrol e dar a coñecer mensaxes distintos. De acordo con César Pitas: “A misión é dar información e mensaxes distintos. Á nosa audiencia ofrecémoslle a información de colaboradores que nos medios convencionais non terían a oportunidade de aparecer, logrando así ter un medio máis plural […]”. Nos medios convencionais represéntanse puntos de vista similares uns respecto doutros, mentres que na radio comunitaria preséntanse o resto do que se descoñece: “O noso obxectivo é contrarrestar esa información […]”, afirma Cesar.
Antía Cortigas representa no medio comunitario á Escola de idiomas ofrecendo contidos en coordinación coa institución e a comunidade: “Coa nosa participación buscamos ofrecer pinceladas da cultura portuguesa, que aquí en Galicia está presente e forma parte do entramado social de Galicia”.

Por outro lado, Chelo Carballal representa unha perspectiva feminista nos diálogos do centro comunitario. Cando se lles cuestiona sobre o impacto da súa estación na comunidade, ela comenta: “O beneficio do medio comunitario é visto como unha forma de motivar o cambio de actitudes, de discutir sobre aspectos do comportamento social”.
O funcionamento do medio comunitario, ao estar separado da función convencional dun medio é financiado polos colaboradores e, por lo tanto, a produción dos programas estará subordinada ás posibilidades económicas e persoais dos colaboradores.
Actualmente no sistema de medios de comunicación da comunidade de Galicia existen poucas subvencións para medios privados, diferentes de medios como a Televisión de Galicia ou de medios escritos en forma de xornais, o que leva a Galicia Press a cuestionar a existencia dunha verdadeira liberdade de opinión e expresión en Galicia.
Por iso resulta interesante cando César Pitas comenta orgulloso acerca da independencia da radio comunitaria: “Non me sinto como un señor que é dono dunha radio, non estamos suxeitos a intereses de ninguén […]; nós non vendemos espazos para propaganda, pois no momento de vender un espazo deixamos de ser unha radio libre e comunitaria”.

O contacto da estación coa súa audiencia é máis ben íntimo: a audiencia contáctaos cara a cara ou en ocasións por medio de internet, cando o podcast da estación chega a outras partes. Unha visión que contrasta un pouco coa aproximación moderna dos medios televisivos ou radiofónicos que buscan integrar a produción dos programas coa interacción nas redes sociais. No medio comunitario interactúase polas redes sociais. Resulta máis importante conectar coa comunidade inmediata, sexa por medio de chamadas telefónicas ou outras tecnoloxías dispoñibles a Filispim FM.
Aínda que ese é o potencial da radio en internet, a radio comunitaria está máis interesada en aproveitar o entusiasmo da comunidade por participar na radio. As cuestións técnicas atópanse en constante desenvolvemento. Tampouco é obxectivo da radio comunitaria competir coa radio convencional, ou buscar ocupar un espazo de forma estritamente recorrente. “Non somos xornalistas, somos comunicadores comunitarios”, comentan ao final.
Ligazóns
Martínez, M. (2017) La interacción con las audiencias: la mayor apuesta de innovación de los medios. Centro Gabo. Recuperado de https://centrogabo.org/proyectos/convivencias-en-red/la-interaccion-con-las-audiencias-la-mayor-apuesta-de-innovacion-de
Barbeitos, M. (2019) ¿Hay auténtica libertad de información y opinión en Galicia? Galicia Press. Recuperado de https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1399448/hay-autentica-libertad-informacion-opinion-galicia