MAGIDE PÁSARO
Despois destes tres meses de conversacións e reunións cos profesionais sanitarios do noso círculo, e coa nosa acción xa realizada, quixemos escoitar da súa propia boca cal é a súa valoración sobre o traballado e o vivido neste tempo. Ao longo de todo o proceso puidemos falar con Ángel Paniagua e María Elisa Álvarez, xornalistas especializados en saúde; Liliana María Bettremieus, enfermeira de atención primaria; Pedro Camacaro, enfermeiro en Venezuela; Ana Laura Malheiro, Carmen Fernández e Francisco Gude, médicos de familia; Suso Sueiro, expresidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria; Queta Rivas, vicepresidenta do Colexio Médico e Flora Miranda, médica de familia e deputada polo grupo En Marea.