Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación

XORNALISTAS GALEGAS

O colectivo solicita aos responsables das empresas informativas máis espazos para a muller nas seccións de Opinión logo de comprobar que durante o mes de abril a representación feminina nos xornais dominicais galegos situouse só no 17%

A asociación analizou as páxinas de opinión dos medios en papel durante os catro domingos dos mes pasado rexistrando 201 artigos de opinión, dos que 167 estaban asinados por homes e só 34 por mulleres

A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación comprometidas cun xornalismo feminista, denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación. Go gallo da celebración hoxe do Día da Liberdade de Expresión, o colectivo solicita aos responsables das empresas informativas maior visibilidade para a figura feminina no ámbito da conformación da opinión pública, outogando máis espazos ás sinaturas de mulleres de xeito que permita ampliar unha perspectiva igualitaria sobre os contidos. 

Xornalistas Galegos fai este chamamento á igualdade nos medios logo de comprobar que durante o mes de abril a representación feminina nos xornais dominicais galegos reduciuse ao 17% do total. Para esta análise, a asociación realizou un experimento sinxelo, consistente no reconto do número total de artigos de opinión publicados nos xornais galegos durante os domingos do mes de abril, contabilizando cántos de eles estaban asinados por homes e cántos por mulleres. 

O reconto cinguiuse aos xornais en papel con maior tirada segundo o Estudio Xeral de Medios e ás sección de opinión, non o conxunto da publicación, para indagar no compromiso dos medios co recurso a voces expertas –as propias desta sección- que puidesen aportar unha perspectiva feminina e feminista aos temas de actualidade. O resultado foi demoledor. Ningún dos 4 domingos de abril de 2019 a porcentaxe de mulleres opinadoras nos xornais de papel galegos superou o 20%.

En total, durante as catro xornadas recontáronse 201 artigos publicados dos que 167 estaban asinados por homes e só 34 por mulleres, un 17% do total. En concreto, o domingo 7 de abril recontáronse 42 artigos de homes por 8 de mulleres; o 14, 42 de homes por 11 de mulleres; o 21, 39 de homes por 5 de mulleres; e o 28, 44 de homes por 10 de mulleres. 

Ante a realidade que pon de manifesto esta análise, Xornalistas Galegas apela ao compromiso social dos medios de comunicación coa igualdade real na sociedade, comezando por aquelas referencias que xerán conciencia social e opinión pública. Como se pode deducir deste reconto xeralista, a discriminación da muller como opinadora non é unha cuestión allea a ninguna empresa informativa senón que é un problema sistémico do conxunto do espectro mediático. Por esta razón cómpre reiterar o chamamento aos responsables de todos os grupos de comunicación galegos para traballar diariamente pola igualdade de xénero nos seus contidos, informativos e de opinión

#MulleresQueNonOpinan

Os resultados do reconto elaborado por Xornalistas Galegas publicáronse semanalmente na conta de Twitter da Asociación, @asxornalistas, baixo a etiqueta #MulleresQueNonOpinan. Esta etiqueta é a homenaxe do colectivo a #MullereQueOpinan, o encontro anual de mulleres columnistas que organización as xornalistas Susana Pedreira e Diana López en Pontevedra para reivindicar as voces femininas na prensa. 

 

Máis información:

E-mail

Manifesto – Por un Xornalismo Feminista

xornalistasgalegas.org  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.