Ola! Somos o grupo encargado de tratar a ODS da Fin da Pobreza. Na fotografía, de esquerda a dereita estamos: Aldara Diéguez (difusión), Antía Montes (actividades), Asier Antón (documentación), Catalina Eirea (coordinación-edición) e Paula Arrojo (axenda).

Cando falamos de pobreza, tendemos a pensar unicamente nesas persoas que pasan a noite na rúa. Non obstante, a pobreza abrangue a case un de cada cinco fogares galegos, segundo CCOO, e está ligada a certos estigmas e prexuízos. Pretendemos mostrar as diferentes caras da pobreza, tanto as visibles como as máis agochadas. Farémolo da man de expertos e afectados, para coñecer en profundidade a súa experiencia. A marxinación social, as dificultades para introducirse no mercado laboral, para conseguir axudas e bolsas, son algunhas das implicacións directas da pobreza. É fundamental dar a coñecer estas situacións para entender a gravidade de levar unha vida marcada pola pobreza. O noso cometido é recoller e difundir esta información para facelo posible.
GLOSARIO CONCEPTUAL:
- Estigma: aquilo que mancha a honra ou reputación de alguén. Real Academia Galega. Dicionario da Real Academia Galega . Consultado o 21 de febreiro de 2020. https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/estigma.
- Limiar da pobreza: o limiar da pobreza é a liña de ingresos a partir da cal unha persoa é considerada pobre. Segundo o INE, o valor do umbral da pobreza en España é de 6278,7€; unha persoa será clasificada no grupo dos pobres se os seus ingresos por unidade de consumo son inferiores a esa cifra. Para expresalo en función dos ingresos totais do fogar, depende do número de unidades de consumo do mesmo (un fogar con dous adultos sería 9418,1€, con dous adultos e dous menores de 14 sería 13185,3€, etc). INE (datos de 2004). Estudio descriptivo de la pobreza en España, resultados basados en la Encuesta de Condiciones de Vida 2004. Instituto Nacional de Estadística. https://www.ine.es/daco/daco42/sociales/estudiodesc.pdf
- Marxinación social: entendemos por exclusión social o proceso polo que unha sociedade rexeita a uns determinados individuos, dende a simple indiferenza ata a represión e reclusión. Tamén se dá o caso de quen, por non concordar cos valores e normas dunha determinada sociedade, automarxínanse. Característica común a todos os graos e tipos de marxinación é a privación ou dificultade para a normal satisfacción das necesidades secundarias. Enciclopedia de Economía y Ciencias Sociales Eumed. Biblioteca virtual de Derecho, Economía y Ciencias Sociales. Consultado o 21 de febreiro do 2020. http://www.eumed.net/libros-gratis/2010c/736/Marginacion%20social%20cultural%20economica.htm
- ONG: segundo ACNUR, son organizacións independentes e sen ánimo de lucro que xorden a raíz de iniciativas civís e populares e que polo xeral están vinculadas a proxectos sociais, culturais, de desenvolvemento u outros que xeren cambios estructurais en determinados espazos, comunidades, rexións ou países. Falamos delas cando se abordan valores como a cooperación, solidariedade, axuda desinterese da e altruísmo, e están asociadas a labores de voluntariado en calquera sector ou área de intervención. ACNUR. (2017, xaneiro). ¿Qué es una ONG y cuál es su función social? [publicación na web]. https://eacnur.org/blog/una-ong-funcion-social-tc_alt45664n_o_pstn_o_pst/
- Pobreza: escasez, falta, escaso haber da xente pobre. Real Academia Española (2019). Diccionario de la lengua española (edición del tricentenario). https://dle.rae.es/pobreza?m=form.
- Precario: de pouca estabilidade ou duración, que non posúe os medios suficientes. Real Academia Española (2019). Diccionario de la lengua española (edición del tricentenario). https://dle.rae.es/precario?m=form