Boas! Somos o grupo encargado de investigar e desenvolver o modelo das novas tendencias alimenticias e as súas consecuencias na saúde. Os integrantes deste grupo somos (de esquerda a dereita): Sabela Freire López (Difusión nas redes sociais), Xavier Collazo Iglesias (Actividades), Sara Fernández Varela (Axenda e Calendario), Daniel Cortiñas Laíño (Edición e Coordinación) e Paula Mª Currás Vázquez (Documentación).
Ó longo do noso traballo, pretendemos tratar o impacto social, económico e medioambiental das novas tendencias alimenticias emerxentes na sociedade actual -veganismo/vexetarianismo-, así como tamén os efectos que estas prácticas teñen sobre a saúde.
Como estudantes de xornalismo, consideramos importante de igual modo estudar e valorar o papel que xoga a prensa e os distintos medios de difusión de información acerca das implicacións que ten na saúde a alimentación que escollemos. Coa nosa labor pretendemos ofrecer un servizo á sociedade para que a escolla dun estilo de vida sexa realizado despois de contar con plena información ó respeto.
Para iso contaremos co traballo de investigación que elaboraremos e que se poderá seguir semanalmente a través das actividades e publicacións que iremos realizando. Este traballo de investigación basarase, sobre todo, na visión de distintos profesionais que amosarán ó seu punto de vista a través das reunións que emprenderemos en relación ao tema. Nestas reunións participarán distintos perfís que serán esenciais para a elaboración do noso traballo:
- Profesionais do ámbito da saúde.
- Representantes da comunidade vegano/vexetariana.
- Expertos medioambientais.
- Profesionais do ámbito da alimentación.
- Profesionais do ámbito da economía.
- Xornalistas.
Glosario
No ámbito dos medios de comunicación é imprescindible empregar adecuadamente unha linguaxe inclusiva, por este motivo manexaremos unha serie de termos ao longo do noso traballo. Os termos clave son os seguintes:
- Veganismo: réxime dietético que se caracteriza por excluir completamente todos os alimentos de orixe animal, incluidos os produtos que supoñen un proceso animal, coma o mel ou os ovos da lista de comida que consumen a diario.
Sen embargo, moitos veganos consideran que esta opción vai máis aló dunha dieta e tamén constitúe unha forma de pensar e de actuar no día a día. (Cuidateplus.marca)
- Vexetarianismo: réxime alimentario baseado no consumo de froitas, verduras e legumes, ao tempo que se caracteriza por la abstención de consumo de carne e peixe e, en ocasións, doutros alimentos de orixe animal coma os ovos, o leite e o mel. (Cuidateplus.marca)
- Consecuencias alimentarias: efectos derivados do consumo ou da abstención de certos alimentos que afectan á saúde. (Elaboración propia)
- Impacto medioambiental: efecto causado pola actividade humana sobre o medio ambiente que pode ter consecuencias sobre a poboación, a calidade do aire e a beleza paixasística. (Julián Pérez Porto, María Merino, 2010)
- Tendencia: dirección ou orientación que adopta unha certa actividade humana. (Real Academia Galega)
Un comentario en “Saúde e alimentación”