Ola! Somos – de arriba abaixo e de esquerda a dereita – Andrea Lago Rodríguez (difusión), Carmen Novo Castiñeiras (edición e coordinación), José María Loureiro Seijas (axenda e calendario), Iago Martínez Martínez (actividades), Iván López Carreira (documentación) e Samuel Pérez Pérez (documentación). Entre todos vamos a tratar o tema da enerxía asequible e non contaminante, centrándonos especialmente no factor humano que a sustenta. O obxectivo será amosar as condicións tanto dos traballadores como nos consumidores deste tipo de enerxía

O núcleo xeográfico da proposta será Galicia na sua totalidade. Non queríamos limitar o campo de traballo a unha cidade ou área particular porque impediría mostrar unha visión global do que é o uso das enerxias renovables. As plantas están esparcidas por toda a comunidade, e cada provincia conta cunhas características e recursos propios que se explotan de formas distintas.
En canto aos traballadores, queremos amosar como son as condicións de traballo, os salarios en comparación con outros tipos de enerxia ou a duración da xornada. Deste mesmo xeito, cos consumidores e consumidoras de enerxía renovables profundizaremos en cuestións como a que tipo de fogares chega, como é o perfil do consumidor ou o nivel de vida destes. Tamén contaremos co punto de vista de expertos do sector que expliquen se se pode chegar a vivir só con enerxias renovables. Ademais, teremos en conta as persoas que se ven directamente afectadas polo factor proximidade por este tipo de enerxías e as empresas que xeneran estes tipos de enerxía.
Todos estes aspetos someteranse a unha comparación coas enerxías non renovables, gas petróleo e carbón, para comprender as diferencias e ver as carencias dende o punto de vista social que as renovables teñen para afrontar o reto medioambiental.
En canto a articulación da proposta, baseamos o traballo na publicación de entrevistas, infografías, microreportaxes ou investigacións no blog e publicación de posts noutras redes sociais. Todo isto irá acompañado de contido visual que reforze as ideas, xa sexa unha galería de fotos ou pequenos vídeos. Establecemos, na base, a idea de poder realizar cada unha das propostas no periodo estipulado.
As actividades que se plantexarán varían entre táboas redondas con diferentes personaxes do sector, encontros e xuntanzas con traballadores e consumidores ou charlas dos protagonistas e exposicións fotográficas.
O procedemento para chegar a toda a información serán entrevistas, documentos oficiais e fontes de prmeira man acadadas grazas ao contacto vía telefónica ou redes sociais.
Para entender mellor a información, hay unha serie de termos que todas e todos debemos coñecer. En Galicia podemos atopar estes tipos de enerxía renovables en torno aos cales xirará o traballo:
ENERXÍA EÓLICA: A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Trátase dun tipo de enerxía cinética producida polo efecto das correntes de aire. Esta enerxía podémola converter en electricidade a través dun xerador eléctrico. É unha enerxía renovable, limpa, que non contamina e que axuda a substituír a enerxía producida a través dos combustibles fósiles.
ENERXÍA SOLAR: A Enerxía solar é a que chega á Terra en forma de radiación electromagnética (luz, calor e raios ultravioleta principalmente) procedente do Sol, onde foi xerada por un proceso de fusión nuclear. O aproveitamento da enerxía solar pódese realizar de dúas formas: por conversión térmica de alta temperatura (sistema fototérmico) e por conversión fotovoltaica (sistema fotovoltaico).
ENERXÍA HIDRÁULICA OU HIDROELÉCTRICA: a enerxía hidroeléctrica é aquela que se xera ao transformar fórzaa da auga en enerxía eléctrica. Para aproveitar a devandita forza, constrúense grandes infraestruturas hidráulicas capaces de extraer o máximo potencial deste recurso renovable, libre de emisións e autóctono.
BIOMASA: A biomasa é aquela materia orgánica de orixe vexetal ou animal, incluíndo os residuos e desfeitos orgánicos, susceptible de ser aproveitada enerxéticamente. As plantas transforman a enerxía radiante do sol en enerxía química a través da fotosíntesis, e parte desta enerxía queda almacenada en forma de materia orgánica.
ENERXÍA XEOTÉRMICA: A enerxía geotérmica é un tipo de enerxía renovable e limpa que aproveita a calor do subsolo para climatizar, tanto para calefacción como para refrixeración e para obter auga quente sanitaria. A diferenza da maioría das fontes de enerxía renovables, a geotérmica non depende do clima, do vento nin da radiación do sol, senón que radica na diferenza de temperatura que existe entre o interior da terra e a súa superficie.
ENERXÍA MAREOMOTRIZ: A enerxía maremotriz baséase no almacenamento de auga nun encoro formado ao construír un dique cunhas comportas que permiten a entrada de auga ou caudal para a xeración eléctrica.
FONTES:
Energía eólica. Qué es, cómo funciona, ventajas y desventajas.(2018, Julio 23). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Factorenergía: https://www.factorenergia.com/es/blog/eficiencia-energetica/energia-eolica/
Recio Miñarro, Joaquín.(s.f). La energía solar. Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de: http://newton.cnice.mec.es/materiales_didacticos/energia/solar.htm
¿Sabes cómo funcionan las centrales hidroeléctricas?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Iberdrola: https://www.iberdrola.com/medio-ambiente/que-es-energia-hidroelectrica
¿Que es la biomasa?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Plantas de Biomasa: http://www.plantasdebiomasa.net/que-es-la-biomasa.html
¿Que es la energía geotérmica?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Geotérmica Vertical: https://www.geotermiavertical.es/energia-geotermica/
¿Qué es la energía mareomotriz?. (2019, Agosto 10). Recuperado el 6 de Marzo, de Twenergy: https://twenergy.com/energia/energia-hidraulica/que-es-la-energia-mareomotriz-588/