
Somos o grupo encargado do ODS de saúde e benestar do Observatorio Cidadán de Comunicación. Os membros do grupo somos, de esquerda a dereita: Christopher Rodríguez (Actividades), Pablo Marín (Documentación), Zoel Otero (Edición-Coordinación), Pablo Pedreira (Axenda e calendario), Patricia Otero (Difusión), Laura Ríos (Documentación) e Marco S. Pereira (Actividades).
Esquema de actividades
Trataremos dende a perspectiva do ODS de saúde e benestar dous temas centrais: as condicións de vida da terceira idade e a situación daquelas persoas que padecen enfermidades raras:
- Terceira idade: En 2019, 9 millóns de españoles atopábanse no rango de idade de 65 anos ou máis, un 19,4% segundo datos do INE. En Galicia, a porcentaxe é superior, un 25,16%. É por iso polo que intentaremos averiguar a situación e calidade de vida desa porcentaxe significativa da poboación galega, dándolles voz a eles e a aqueles á súa redor, e ademáis compararemos o discurso político en relación a este tema co que opinan e as sensacións da rúa, da xente de a pé, tratando para iso dende ese enfoque os puntos 3.4 (Enfermidades non transmitibles e saúde mental), 3.5 e 3.A (Drogas e alcohol, dende a perspectiva de tabaquismo e alcoholismo na terceira idade), 3.6 (Accidentes de tráfico), 3.8 (Cobertura sanitaria universal e acceso a medicamentos), 3.9 (Saúde medioambiental: químicos e contaminación), 3.B (i+D, vacinas e medicamentos de primeira necesidade), 3.C (Financiación do sistema e persoal sanitarios) e 3.D (Xestión de riscos sanitarios).
Os nosos conceptos clave son os seguintes:
- Saúde: “Estado completo de benestar físico social dunha persoa” AXA Health Keeper. Reprodución. En “A DEFINICIÓN DE SAÚDE SEGÚN LA OMS”. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://www.axahealthkeeper.com/blog/la-definicion-de-salud-segun-la-oms-infografia/.
- Benestar: “Situación que permite levar unha vida cómoda, sen problemas materiais” Real Academia Galega. Reprodución. En RAG.com. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://academia.gal/dicionario/-/termo/benestar
- Enfermidade: “Alteración máis ou menos grave da saúde” Real Academia Española. (2018). Reprodución. En Dicionario da lingua española (edición de tricentenario). Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://dle.rae.es/enfermedad
- Axenda 2030: “Plan de acción mundial a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, basado en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS), que ten por obxeto asegurar o progreso social e económico sostible en todo o mundo e fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplio da liberdade”. Goerno de México. Reprodución. En “Que é a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible?”. Consultado o 28 de Febreiro de 2020. https://www.gob.mx/inafed/articulos/que-es-la-agenda-2030-para-el-desarrollo-sostenible
- Terceira idade : “Etapa de vida das persoas nas sociedades avanzadas caracterizada pola xubilación ou cese das actividades laborais; máis comunmente a partir dos 65 anos” Real Academia Española. (2018). Reprodución. En Dicionario da lingua española (edición de tricentenario). Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://dej.rae.es/lema/tercera-edad
- Calidade de vida (definición de cancer.gov): “Disfrute xeral da vida”. Instituto Nacional do Cancro. Reprodución. En “dicionario”. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionario/def/calidad-de-vida