S3C
España conta actualmente co séptimo mellor sistema sanitario do mundo, segundo datos de Numbeo, e o terceiro de Europa tras Austria e Dinamarca. Sen embargo a cidadanía española quéixase en ocasións dela, atribuíndolle múltiples fallos. É por iso polo que dende o Observatorio Cidadán de Comunicación decidimos tratar iso dende o enfoque da sanidade na terceira idade e falar con persoas que se adican ó coidado dos nosos anciáns para discutir cómo é o seu trato na sanidade pública.
Medicamentos e atención sanitaria
Tanto a nivel nacional coma rexional, o gasto de medicamentos aumentou con respecto a 2014, pero descendeu entre 2018 e 19. En concreto, en España as comunidades autónomas gastaron un total acumulado de máis de 21.000 millóns de euros en productos farmacéuticos e sanitarios (un crecemento do 4,3% dende Xuño de 2014 ata Novembro de 2019), dos cales un total aproximado de 1.374 millóns proceden de Galicia para un 4% máis (Ministerio de Facenda, 2020), coma se poden ver nas seguintes gráficas:

Fonte: Ministerio de Facenda e elaboración propia

Fonte: Ministerio de Facenda e elaboración propia
Ó respecto de isto falamos con María Dolores Riveiro Picallo e María Becerra Bretal, profesionais adicadas ao coidado da terceira idade en residencias de anciáns. Ambas declaran que ven totalmente accesible e asequible a compra de medicamentos, declarando Riveiro que nese aspecto economicamente os anciáns “non teñen problemas con medicamentos nin para tratamentos médicos nin para úlceras, parches, etc”, así coma que os sistemas sanitarios español e galego “son universais e gratuítos. Unha persoa que está nunha residencia é un cidadán calquera que en caso de estar hospitalizado vai ter acceso ós medicamentos que precise e cando está na súa residencia, que é a súa casa, ten acceso a todo tipo de medicamentos. Eu creo que nese aspecto estamos perfectamente cubertos”. Sen embargo, Becerra bota en falta que se cubran diversos productos esenciais para varios casos coma poden ser cremas ou determinados medicamentos que “ves que a eles lle fan falta e non cubre o seguro e soen ser bastante caros”, incidindo e medicamentos para úlceras, coma por exemplo Corpitol que ademáis do seu prezo veñen en pequenas cantidades: “Son medicamentos que gancho falta usar moito tempo, e a maioría de persoas maiores non se os poden permitir”, destacando que se ben hai alternativas máis asequible no mercado, ditas alternativas son peores ca o producto que as persoas maiores non se poden permitir.
Acerca da atención sanitaria, Riveiro declara que a considera correcta, declarando que “Hai casos e casos, pero eu creo que sí. Tanto para atender caídas que é o que soe pasar nas residencias coma cun problema respiratorio ou se é un ingreso puntual ou unha intervención cirúrxica”, aínda que reclama un aumento de persoal nos hospitais, xa que “últimamente estase tendendo a derivar á privada casos que se poderían atender na pública. Ese aumento de persoal tradúcese en diñeiro, o persoal e diñeiro. Se se desvían casos da pública á privada suponse que é por aforrar diñeiro, pero os mellores equipos están na sanidade pública e agora mesmo estamos vendo reivindicacións coma as de Enfermeira en Luita e outros colectivos que están adulecendo na falta de persoal”, á vez que declara que sería bo un aumento do número dos centros de día e residencias tanto públicas coma privadas debido a que “somos unha poboación en envellecemento, e hai listas de espera moi grandes, xente que ten ós seus familiares en casa porque non atopan unha residencia, etc. Entón, igual falta prazas en residencias, e non creo que nos estamos adaptando a unha poboación que está envellecendo a un ritmo moi rápido”. A isto úneselle Becerra, quen critica a falta de intención das institucións á hora de invertir nun aumento de persoal: “Tes moitas persoas maiores e o ratio (de persoal por persoa maior) é escasísimo. Non podes asear a 10 persoas en 10 minutos, sobretodo se é unha persoa dependiente, non se da feito. (Para as institucións) prima máis a rapidez que a calidade, tanto no público coma no privado.”
Enfermidades máis comúns e abuso de substancias
Neste aspecto Carlos Martínez Uzal, coordinador e fundador da Asociación Itínera, adicada ó coidado de persoas con problemas de saúde mental, destaca que o abuso de substancias pode levar a unha maior probabilidade de “desenvolver patoloxías crónicas coma por exemplo a esquizofrenia na xuventude”, así coma un adianto o contracción de enfermidades coma o Alzheimer, deatacando que o tabaquismo en particular coma un problema que pode derivar en que haxa anciáns que “estexan fumando cerca de 2 ou 3 caxetillas diarias”.
Pola súa parte, tanto Riveiro coma Becerra destacan as demencias, aínda que a primeira tamén nos destaca “todo tipo de enfermidades de tipo respiratorio, dexenerativas e metabólicas, coma a diabetes”. En canto ó tabaquismo e alcoholismo, Becerra destaca que eses problemas nótanse en que a menudo conleva outro tipo de enfermidades: “sempre se soe notar quén foi fumador pouco tempo ou non, pero quen tuvo un problema serio sempre acarreoulle outra patoloxía”, mentres que Riveiro declara sobre este tópico que unha vez nas residencias os anciáns non sofren está clase de problemas, xa que “Hai xente que fuma e se lles deixa por non ter unha patoloxía que o médico lles faga non fumar, pero alcohol non se toma”.
Saúde mental
Finalmente, no relativo á saúde mental das persoas maiores Riveiro incide nas enfermidades dexenerativas, as cales coinciden con enfermidades coma a demencia senil, a cal “vén sobrevenida pola idade” e ten varios tipos, coma Alzheimer e Parkinson (que cursa con demencia nas súas etapas finais), así coma outros tipos diversos de demencia senil, as cales trátanse nas residencias mediante persoal coma psicólogos, psiquiatras, terapeutas ocupacionais e os doctores das residencias: “eles dannos as pautas de cómo tratar a esa persoa tras facerlle unha avaliación. Case sempre é con moito cariño e coidado, sen agresividade e comprendendo a súa situación, da cal eles non son conscientes”. Sobre este tema, Becerra ddestaca o mesmo tipo de enfermidades que Riveiro, citando tamén casos de esquizofrenias, bipolaridades, e casos de trastorno da personalidade: “Hai máis casos dos que se pensa: hai un tópico de que se falas cunha persoa maior e a notas ben está ben, pero esa persoa igual ten unha enfermidade mental. E non pensamos que a ten. Hai máis persoas das que cremos que teñen este tipo de enfermidades, e hai que adaptarse un pouquiño máis ó tipo de enfermidade que teñen”.
Pola súa parte, Martínez Uzal tamén destacou a demencia e o Alzheimer coma enfermidades mentais máis frecuentes na terceira idade, á vez que mencionaba ós trastornos crónicos, coma bipolaridade, esquizofrenia e trastornos de personalidade. Así mesmo, tamén apuntou a un problema coma é o avellentamento dos coidadores, declarando que en moitas ocasións aquela xente que ten un trastorno mental severo “están vivindo en casa cos seus pais”, así coma que, cunha poboación en aumento, moitas persoas atópanse coa morte dos seus pais (que exercen tamén en moitos casos unha función de coidadores): “Teñen que cambiar de hábitos moitas veces, teñen que volver a que os servizos sociais os readapten a unhas circunstancias vitais distintas”, o cal implica ter que comunicarlles o abandono do seu fogar non necesariamente pola súa situación mental senón pola social: “Isto é duro para persoas sen ningún tipo de diagnóstico mental, moito máis para aquelas que teñen unha enfermidade e sempre estiveron moi protexidas”. O coordinador de Itínera tamén foi testigo de intentos de suicidio por parte de persoas con problemas mentais principalmente mediante unha sobredose de medicamentos, contándonos que o máis común é que se dean en persoas xa moi deterioradas: “Os efectos acumulados da medicación tamén teñen un efecto nos roles, no figado, e cústalles moito máis moverse que a unha persoa non medicada. (Por iso) moitos deles deciden tirar pola vía rápida, caen nun proceso depresivo, porque non son capacea de asimilar o seu deterioro”.
Conclusións
O sistema sanitario galego (e por ende o español) proporciona unha boa cobertura á terceira idade, proporcionando ás nosas persoas maiores dunha atención sanitaria pública de calidade así coma dun financiamento da súa medicación básica e artículos de primaria necesidade para tratar as súas doenzas e enfermidades. Sen embargo, está cobertura pode chegar a non ser suficiente para determinadas persoas, enfermidades e condicións debido ó alto prezo dalgunhas mediciña de calqueira tipo, o cal pode afectar para mal a saúde dos nosos anciáns.
As enfermidades máis comúns na terceira idade son a demencia senil e as dexenerativas coma o Alzheimer, así coma outras que afectan ó metabolismo e ao seu sistema respiratorio. Nelas, as substancias coma o tabaco e o alcohol teñen un gran papel, xa que poden provocar non só adición senón a aparición ou polo menos unha aparición moito máis rápida de varias das enfermidades citadas, as cales se suman frecuentemente ó tabaquismo e ó alcoholismo.
Relacionado a demencia con todo tipo de enfermidades mentais, estas teñen ademáis das causas citadas o aumento da idade, e requiren a axuda doutras persoas tanto no entorno familiar coma fora del, ou incluso de ambos. Isto, sobretodo en caso de producirse de xeito brusco, pode ser moi difícil de asimilar para alguén que padece unha enfermidade mental. Así mesmo, en varios casos a patoloxía require dunha serie de medicamentos, que debilitan o organismo e empeoran significativamente o estado físico dos pacientes, que poden chegar a intentar quitarse a vida. Cómpre por iso ter moito tacto con eles, empatizar coa súa situación e facilitarlles tanto neste caso coma en todos oa citados ó longo do artículo as mellores condicións de vida posibles.
Fontes consultadas
-
Indicadores sobre gasto farmacéutico y sanitario. (2020). Ministerio de Facenda. Consultado o 13 de Marzo de 2020. https://www.hacienda.gob.es/es-ES/CDI/Paginas/EstabilidadPresupuestaria/InformacionAAPPs/Indicadores-sobre-Gasto-Farmac%C3%A9utico-y-Sanitario.aspx