Claves para entender o que se está facendo polo cambio climático

Todos os países do mundo están a experimentar os efectos negativos do cambio climático: inestabilidade económica, perda de calidade de vida e problemas nas comunidades. Os niveis do mar non deixan de aumentar, os patróns climáticos están cambiando e as emisión de CO2 atópanse nos niveis máis altos da historia; de seguir así, as consecuencias nun futuro próximo catastróficas.

Na actualidade, aínda temos na nosa man solucións viables para que a situación non empeore e se poda levar a cabo unha actividade económica sostible e respectuosa co medio ambiente; de non facelo as consecuencias serían devastadoras. As persoas máis pobres e vulnerables serán as máis prexudicadas. O cambio climático é un reto global que non respecta as fronteiras de ningún tipo, require que a comunidade internacional traballe de forma coordinada e conxunta en busca de solucións eficaces.

Infografía feita por Belén Rodríguez

CALES SON AS METAS DO ODS NÚMERO 13? CAL É O USO DOS INDICADORES?

13.1 Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais en todos os países

Na páxina web do Instituto Nacional de Estatística atopamos o número de persoas mortas, desaparecidas e afectadas por desastres. En España morren arredor de 1 persoa por millón cada ano coma consecuencia dun desastre ambiental. Pero estes datos non serven para nada sen comparalos con outros países: o país máis prexudicado é Myanmar (polas súas condicións climáticas extremas), onde morren 144 persoas por cada millón de habitantes. Se nos fixamos nos nosos veciños europeos, Francia encabeza a lista con 18 falecidos. Este indicador servenos para saber que non estamos nunha situación crítica, pero convén actuar. 

España ten un plan de actuación a nivel local: a Axenda Urbana Española, na que se fomenta a adaptación do modelo urbano aos efectos do cambio climático. No caso de Galicia, o BNG propón a creación dunha Axenda Urbana Galega que tome como modelo a cidade de Pontevedra (na fotografía). Esta foi a única vila galega convidada o pasado ano ao cumio mundial sobre o clima.

A peonalización e a xestión dos residuos urbanos son dúas claves que poderían marcar o camiño a seguir nun futuro próximo

13.2 Incorporar medidas relativas ao cambio climático nas políticas, estratexias e plans nacionais

Son 184 os países os que incorporaron algún tipo de medida para intentar frear o cambio climático, todos buscando adecuarse ao pactado en París no 2015, aínda que tan solo o 20% de ditos países van en camiño de acercarse ao obxectivo. Os países do bloque da UE, sumados a outros países europeos coma Suíza ou Ucraína son os únicos que están cumplindo, mentres que no resto do mundo as decisións nacionais non colleron o peso suficiente.

España presentou en 2019 o Plan Nacional Integral de Energía y Clima (PNIEC), que resultou ser o mellor valorado pola Fundación Europea para o Clima. Pero aínda sendo o mellor dista moito de ser ideal e espérase que se tomen máis medidas tanto no caso de España como no resto de Europa e do mundo. 

13.3 Mellorar a educación, a sensibilización  e a capacidade humana e institucional respecto a mitigación do cambio climático, a adaptación a el, a redución dos seus efectos e a alerta temprana.

No 2017 o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, aseguraba que “reducir e inverter o cambio climático é o reto que define a nosa época”, por este motivo é importante inculcar á cidadanía un proceso de cambio do estilo de vida. Isto conséguese implantando plans de estudo favorables a concienciación cidadán dende idades temperás como os escolares de Infantil ou Primaria. É, por ese motivo, polo cal a UNESCO iniciou na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2009 unha iniciativa para a promoción da Educación para o Desarrollo Sostible (EDS) que propoñía crear unha relación de sinerxía entre os campos da ciencia, educación, medio ambiente e ética.

Tomouse esta iniciativa como referencia dende España e máis concretamente dende Galicia? O certo é que si, dende a Xunta de Galicia estanse a ofrecer dende fai anos; algunhas propostas tomadas como exemplo son:

-Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sostible na educación para o desenvolvemento en Galicia

Naturézate, proxecto levado a cabo en colexios que instaba a conservar e aprenciar a natureza galega.

13.a Cumprir o compromiso dos países desenvolvidos que son parte na Convención Marco de las Naciones Unidas sobre o Cambio Climático de lograr para o ano 2020 o obxetivo de mobilizar conxuntamente 100.000 millóns de dólares anuais procedentes de todas as fontes a fin de atender as necesidades dos países en desenvolvemento respecto da adopción de medidas concretas de mitigación e a transparencia da súa aplicación, e por en pleno funcionamiento o Fondo Verde para o Clima capitalizándolo o antes posible.

A Convención Marco de Naciones Unidas entrou en vigor no 1994, tras ser ratificada por 195 países. Aí foi cando recoñeceuse a evidencia do cambio climático,e marcouse o obxetivo de lograr a estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoieo na atmosfera con fin de impedir interferencias antropoxénicas peligrosas no sistema climático. 

13.b Promover mecanismos para aumentar a capacidade para a planificación e xestión eficaces en relación co cambio climático nos países menos adelantados e os pequenos Estados insulares no desenvolvemento, facendo particular fincapé nas mulleres, nos mozos e nas comunidades locais e marxinadas.

Os países máis pobres e vulnerables son os que están en proceso de desenvolvemento e, polo tanto, tamén son os que sofren a inmensa maioría dos impactos medioambientais. Os Gobernos e os comités xa teñen postos en funcionamento numerosos plans de axuda para o cambio climático, pero, que pode facer respecto a iso a poboación común? 

A realidade é que dende as institucións non se impulsan medidas suficientes para os cidadáns en prol de frear o avance das emisións de CO2 ou da tala masiva de árbores, entre outros grandes problemas que acrecentan este cambio. Preténdese reducir a pegada de carbono, sacar á poboación da pobreza, e seguir crecendo como calquera país en vías de desenvolvemento. Para isto, pídese que non se arroxe lixo a ríos e mares, un uso responsable da auga potable, bo coidado das zonas verdes… pero, é suficiente?

Nas próximas publicacións iremos dando datos clave para entender todos estes problemas que hoxe presentamos, así como posible solucións para axudar todo o que está nas nosas máns.

Fontes

ANEXO ESTADÍSTICO PARA EL EXAMEN NACIONAL VOLUNTARIO 2018. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, Ministerio de Exterior (Gobierno de España): http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/SalaDePrensa/Multimedia/Publicaciones/Documents/201807_Anexo%20estad%C3%ADstico%20VL%2012%20julio.pdf

Aplicación del enfoque de soberanía alimentaria y consumo sostenible en la educación para el desarrollo en Galicia. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de Cooperación Galega: https://cooperacion.xunta.gal/es/proxectos/aplicacion-del-enfoque-de-soberania-alimentaria-y-consumo-sostenible-en-la-educacion-para-el-desarrollo-en-galicia

Declaración de la industria aseguradora mundial. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de UNEP Finance Intuitive: https://www.unepfi.org/fileadmin/documents/insurance_climatechange_statement_sp.pdf

Indicadores de la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de Instituto Nacional de Estadística: https://www.ine.es/dynt3/ODS/es/objetivo.htm?id=4915

La Convención Marco de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático. (s.f). Recuperado el 12 de marzo del 2020, de Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico (Gobierno de España):

La guía de los derechos humanos a los ODS. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de Instituto Danés de Derechos Humanos: https://sdg.humanrights.dk/es/targets2?target=13.a

LA IMPLANTACIÓN DE LA AGENDA 2030 DE DESARROLLO SOSTENIBLE EN LA XUNTA DE GALICIA. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de Cooperación Galega: https://cooperacion.xunta.gal/sites/

Mermer, Thad. (3 de marzo de 2011). Iniciativa de la UNESCO sobre el Cambio Climático. Recuperado el 12 de marzo de 2020, de UNESCO: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000190101_spa/PDF/190101spa.pdf.multi

Paises en desarrollo intensifican medidas contra cambio climatico. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de Banco Mundial: https://www.bancomundial.org/es/news/feature/2010/05/18/developing-countries-increase-their-efforts-on-climate-change

Ranking of the Climate Pledges. (s.f). Recuperado el 12 de marzo de 2020, de FEU: https://feu-us.org/ranking-the-climate-pledges/

7 comentarios en “Claves para entender o que se está facendo polo cambio climático

  1. Certamente o cambio climático é un tema que se atopa presente no día a día do tempo que nos tocou vivir, desgrazadamente. Pero, a diferencia do tratamento habitual deste tema, conseguistes conformar uns rasgos xerais do que cómpre ter en conta na loita contra esta crisis climática que cada vez resulta máis peligrosa para o noso planeta, e sen dúbidas fixéstelo dun xeito moi intelixíbel.

    Porén, hai algúns puntos que, de seren desenvolvidos dun xeito máis extenso e específico, comprendo que serían entendidos dunha forma máis exacta. Por exemplo, no seo das medidas políticas, falando do cumio climático de París no ano 2015, no que decenas de países acordaron unhas pautas para actuar polo clima, menciónase que só uns poucos están actuando realmente. Cales son as motivacións desta inacción? Por que son tan poucos os países seguindo o protocolo acordado?

    Despois, continuando neste caso coa educación en valores e sensibilización ante a crise climática, apélase a que os países tomen medidas desde os niveis educativos máis baixos. Sabendo que España e concretamente Galicia están a tomar estas determinacións, de que xeito a maiores do mencionado se articulan estas propostas? Están a ter un impacto verdadeiro nas novas xeracións? Este seméllame un punto importante pois, se a mocidade non é receptiva con estas medidas de sensibilización, unha parte da batalla estaría perdida.

    Gústame

    1. En primeiro lugar, moitas grazas por ler a nosa entrada. Estamos moi felices de ver o interese e o seu gusto.

      Respecto ao tema do Acordo de París e á razón das distintas accións dos países en comparación coas directrices impostas en 2015, cabe destacar que a causa principal destas diferenzas son os líderes de cada país. Noutras palabras, como o caso de Donald Trump é coñecido co seu rexeitamento aos plans climáticos polas súas teorías e razóns, outras están a ser ao máximo con este proceso.

      Hai moitas pautas acordadas e divídense en varios puntos. Ademais de prometer unha transparencia completa para os cidadáns e outros países sobre as súas accións, tamén se centraron na necesidade de reducir as emisións contaminantes, alcanzando o punto máximo canto antes. Houbo malas actuacións como a que tivo lugar en Madrid o ano pasado, co debate sobre se Madrid Central foi positivo. Ao final, este último novembro viron os resultados, nos que apareceu a diminución do 20% na contaminación na cidade.

      Ao final, é un proceso que debe introducirse pouco a pouco, porque cada país non ten o mesmo material e medios para facer fronte á emerxencia climática. Ademais, o mesmo proceso implica unha redución tan grande de gases, xa sexa debido á produción en fábricas ou ao uso menos de automóbiles, son normas que se deben acurtar co paso do tempo. É por iso que os países que menos gases producen son os que antes cumpriron o protocolo establecido. En calquera caso, esta publicación de Natual Geographic fai unha boa análise da situación sobre o acordo de París: https://www.nationalgeographic.es/ciencia/2019/11/mayoria-paises-incumplen-compromisos-climaticos-acuerdo-de-paris

      Por outra banda, falando do tema da educación, espéranse cambios no sistema español. En decembro, a ministra en funcións de Educación, Isabel Celaá, anunciou a súa intención de engadir un tema que se centra no cambio climático e o desenvolvemento sostible. Os estudantes españois teñen un gran coñecemento do medio, segundo datos dunha enquisa de Cambridge Assessment. Pero o 40% asegura que os seus coñecementos sobre o tema non se aprenderon na escola. Despois de coñecer as declaracións de Celaá e os resultados de varias enquisas, así como a resolución da nova Lei española de educación, só queda esperar a que sexa efectiva e que cada comunidade autónoma modifique os cambios nas súas instalacións educativas.

      En canto á situación en Galicia respecto de posibles cambios no sistema educativo, houbo rumores de ser o posible pioneiro en engadir un tema ou novos contidos relacionados co cambio climático. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, presentaron en novembro a Estratexia galega de cambio climático e Enerxia 2050. Un dos apartados deste novo plan é influír con maior presenza e forzar a Educación galega. A partir de aquí, queda esperar aos pasos a seguir.

      En definitiva, grazas por lernos e por facernos preguntas tan interesantes. Agardamos que as respondamos axeitadamente. Ao final do día, o proceso para afrontalo é moi longo e caro, polo que os cambios non son inmediatos, pero sempre podemos unir forzas e probalo con novos protocolos e unha maior conciencia social. Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

  2. Boas compañeir@s!

    A publicación comeza presentando o tema indicando as consecuencias negativas que procova o cambio climático e chamando á comunidade internacional a achegar solucións para paliar este problema, o que resulta unha boa maneira de introducir o tema a tratar. Ademais, a infografía achega datos concretos e significativos referidos a España e a Galicia sobre os efectos do cambio climático.

    En canto á primeira das metas, a información ofrecida é interesante, pero quizais sería axeitado mencionar que o cambio climático está a influír na cantidade e na gravidade relativa aos desastres naturais (lhttps://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20170921/431413449612/huracan-nivel-mar-oleada-tormenta-cambio-climatico.html). 

    Por outro lado, no indicador 13.2 faise referencia á Conferencia de París sobre o Clima do 2015, pero non se expoñen os acordos pactados no mesmo (https://ec.europa.eu/clima/policies/international/negotiations/paris_es), se se adecúan á realidade actual ou se os países que máis contribúen ao desenvolemento do cambio climático firmaron dito documento. 

    En xeral, na entrada profundízase sobre as metas do ODS e das estratexias ou medidas postas en marcha para levar a cabo unha mellora da situación climática, pero non dos resultados. Realmente, que se está a facer polo cambio climático? Están os países involucrados cumprindo os obxectivos ou procurando facelo? Que iniciativas propias levan a cabo para paralizalo? Quizais sexa máis interesante analizalo deste xeito, poñendo exemplos como os expostos sobre Galicia ou España.

    Gústame

    1. Boas tardes, Clara. En primeiro lugar, grazas por ler o noso blogue e por estar interesada no tema do cambio climático. Estamos encantados de saber que as infografías cumpriron o seu papel e foron útiles para facer máis visual a información sobre as consecuencias e os datos que temos sobre este tema en España e en Galicia.

      Pensamos que fixeches moi boas suxestións sobre os dous primeiros obxectivos do noso ODS: resiliencia e capacidade de adaptación aos riscos climáticos e desastres naturais; e incorporar medidas relacionadas co cambio climático nas políticas, estratexias e plans nacionais. Falta contido debido ao tema do espazo no blogue. Ao tratar dos obxectivos, vimos imposible dividilo para desenvolver aínda máis o tema. Intentaremos resolver as dúbidas a continuación.

      Respecto ao obxectivo 13.1, o primeiro deles, é certo que é necesario informar sobre as consecuencias dos desastres naturais, para amosar o que nos referimos. Un artigo moi exitoso que nos enviou, moitas grazas por compartilo. Ao final, como aparece no texto do La Vanguardia, é certo que a calor aumenta os desastres acuáticos, é dicir, as tormentas de choiva ou neve, os furacáns…

      Os efectos que o cambio climático pode ter en termos naturais son incalculables, porque non son periódicos nin se producen por unha causa concreta. Pero é certo que se fan moitas teorías ao respecto; a maioría deles exactamente como a contaminación influirá nos próximos anos se seguimos emitindo tantos gases nocivos e a temperatura do planeta segue subindo.

      En canto ao segundo punto, tras a Conferencia sobre o clima de París de 2015, moitos países asinaron un pacto para reducir a contaminación. Noutro post falamos un pouco sobre este tema, pero din que poucos deles conseguiron cumprir o plan. A contaminación ten que diminuír, e nos países con grandes producións tarda máis en reducir os gases. Por iso, espérase que para o 2030 a situación global sexa boa, climaticamente falando. A ligazón que nos enviou é adecuada para comprender todo este tema, moitas grazas. Os resultados tardan en chegar, pero os países que asinaron o pacto seguen intentando levalo a cabo.

      En xeral, os resultados aínda non están totalmente visibles, pero comezan a verse cambios. Cada país trata de reducir os gases contaminantes coas súas ferramentas, pero o prazo para conseguilo desde o Acordo de París foi moi curto. Ademais, é moi difícil ver a mellora de 155 países en só catro anos, sabendo que non todos teñen as mesmas ferramentas para afrontalos e que a redución de gases contaminantes procedentes da produción nun sistema capitalista no que vivimos é cada vez máis complicado.

      Moitas grazas por ler e facer as túas preguntas. Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

  3. O maior risco do cambio climático no noso planeta son os efectos secundarios que pode causar como incendios, a falta de auga potable, as inundacións, as sequías e a pérdida de cosechas, entre outras, que estarán sobre a mesa nun futuro cada vez máis cercano.

    En España, segundo a AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía) os valores de precipitacións foron alarmantes en 2016-2017. Os niveis de chuvia descenderon un 15 por cento. Se a iso lle sumamos que agosto de 2017 foi o sexto máis cálido de todo o século XXI da lugar a unha conclusión nada favorable: sequía.
    Este mesmo ano, publicouse un artículo en Environmental Research Letters onde afirman que a posibilidadr de que o nivel global do mar suba tres metros de aquí ao ano 2100 é real. Se isto sucede, unha gran parte de Barcelona, Málaga, A Coruña ou Santander verianse inundadas, a maioría das Rías Baixas, e o delta do Ebro desaparecería.

    Segundo o Ministerio de Medio Ambiente, o 74 por cento do solo español está en proceso de desertización e se prevé que un 20 por cento do que hoxe está a salvo verase en risco dentro de 50 anos. Esto afectará negativamente ás actividades agropecuarias e os ecosistemas acabarán visiblemente afectados. Greenpeace lanzou a alerta sobre a desertificación do territorio español.

    A perda de solo fértil é irreversible e está aumentando a vulnerabilidade de todas as especies españolas incluida a humana. Pero a desertificación ten consecuencias máis alá da perda da fertilidade do solo. O éxodo cara as grandes cidades debido á crisis da agricultura tradicional, motivará que os recursos naturales das zonas colindantes con estas urbes veranse sobreexplotados, incluíndo os recursos hídricos subterráneos, e elevaranse os niveis de contaminación de estas áreas motivando que o cambio climático siga retroalimentándose.

    A elevación do nivel do mar arruinará terras aptas para a agricultura. Os cambios nos rexímenes das precipitacións farán menguar as cosechas. E la escasez cada vez maior de recursos agravará as tensións sociais e poderá desencadear conflictos.
    Todo este proceso fará que millóns de personas máis se enfrentarán co risco de padecer fame e desnutrición. E a mayoría delas serán habitantes dos países máis pobres onde a hambre, a desnutrición e a inseguridade alimentaria xa constitúen un problema xeneralizado.

    Os efectos que terán estos cambios no problema da fame e a desnutrición faranse sentir en todo el mundo, pero o impacto será tremendo nas comunidades vulnerables dos países menos desenvolvidos, aqueles que teñenn menos recursos e capacidades para adaptarse e resolver as dificultades.

    O noso grupo de Fame Cero, está traballando con este obxetivo de reducir a fame e a pobreza do mundo. Xestionadas de forma adecuada, a agricultura, a silvicultura e a acuicultura poden suministrar comida nutritiva a todo o planeta, así como xenerar ingresos decentes, apoiar o desenvolvemento centrado nas persoas do campo e protexer o medio ambiente. Pero, mentres o cambio climático siga avanzando, os recursos dos que dependemos irán desaparecendo a un ritmo cada vez máis descontrolado.

    Necesitamos unha profunda reforma do sistema agrario e alimentario mundial se queremos nutrir aos 815 millóns de famentos que existen actualmente no planeta e aos dous mil millóns de persoas adicionais que vivirán no ano 2050. ¿Creedes que se está facendo suficiente para parar este proceso de fame causado polo cambio climático nos países menos deselvolvidos?

    Agardamos a vosa opinión!

    Gústame

    1. Bos días, Antía. En primeiro lugar, grazas polo teu interese polo tema e polas túas propostas. Pareceunos un comentario máis interesante. Estamos de acordo en que o maior risco para o cambio climático son fenómenos naturais como incendios, sequías..

      Os datos dados pola AEMET e o artigo do Environmental Research Letters parecen moi precisos para este tema. En realidade, no que respecta á subida do mar, é algo incalculable. Pode servir de alerta para actuar agora, intentando evitar que este desastre se produza. Pero é imposible saber cando e como podería suceder este fenómeno con certeza. En canto ás precipitacións, os datos que compartiches connosco son moi precisos, pero para considerar o país en seca precisan máis probas. É un proceso que precisa dunha análise máis profunda e con máis espazo-tempo.

      Tamén compartimos a súa preocupación pola desertización do solo español. É un gran factor que traballa contra a saúde dos cidadáns e do propio planeta, e podería representar un gran retroceso na nosa loita. No caso de que se produza un aumento no mar ou que a desertización funcione contra a saúde e a nutrición da nosa raza, posiblemente póseo remediar canto antes. Aínda é pronto para falar disto, pero buscaranse as mellores condicións para que non suceda.

      En caso de aumento da pobreza e da desnutrición, tamén habería un aumento da precariedade laboral e do desemprego, polo que a renda vital mínima aprobada recentemente non sería suficiente para afrontar esta crise na que estaríamos inmersos. Isto fala do noso país e comunidade autónoma, porque variará en cada país e área. Como dis, cada un ten os seus recursos para frear cada complicación ou crise. Sería un gran conflito que tería que rematar canto antes, sen dúbida.

      Estou plenamente de acordo cando se fala da necesidade de reforma no sistema alimentario e agrario mundial. Cremos que non está actuando o necesario nos países desenvolvidos. É certo que cada vez tenta consumir menos plástico e que hai unha maior conciencia do cambio climático e das diferentes dietas alimentarias que existen hoxe en día. Pero creo que se poderían tomar medidas moito mellores para tentar producir o menos industrial posible, reducir os gases contaminantes e, ao mesmo tempo, dar mellores produtos ao público. Tamén dicir que entre os países desenvolvidos notáronse os cambios desde que se asinou o Acordo de París, pero debería haber máis axudas para que os non desenvolvidos poidan afrontar a pobreza e a fame na que viven cada día.

      Moitas grazas polas túas dúbidas e achegas. Pareceunos moi curioso e gústanos que estea interesado en salvar vidas tamén coidando o planeta. Grazas. Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.