Os anos da fame en Galicia

O pasado século, a Galicia das filloas, as castañas, o pan de cea, o bacallau, as sardiñas, os cachelos e a empanada pasou por tempadas de duras fames. O bo comer dos galegos dependía das estacións, os temporais e, sobre todo, da condición social da que gozasen.

Os campesiños máis pobres, os bodegueiros, empregaban as terras comunais para alimentar os seus rebaños, e eran tamén os que máis sufrían coas malas colleitas, sempre dependentes as condicións climatolóxicas. Xeadas, granizadas, sequías ou grandes chuvias podían botar ao traste o traballo de todo un ano e deixar a porta aberta a un senfín de enfermidades. Dicíase que en Galicia a fame entraba nadando.

As consecuencias da Guerra Civil Española fixeron que estas mermas na produción de alimentos que sufría a sociedade galega foran a peor. Os que máis as sufriron foron as persoas pobres que vivían no rural que aínda que empregaban os seus propios recursos para autoabastecerse, había certos produtos de necesidade primaria como pode ser o combustible, os produtos de hixiene persoal,… etc. aos que tiñan un difícil acceso e que fixo que o contrabando ou o mercado negro tomaran forza xa que o racionamente que creouse como solución, non fixo máis que empeorar o problema da escasez. 

Este período que abrangue parte dos anos 40, estivo moi marcado pola imposición da autarquía que acompañou e acrecentou o período de fame en Galicia.

A continuación, deixámoslles un pequeno vídeo de creación propia con testemuñas destes anos duros para a poboación galega.

O seguinte vídeo amosa moi ben a realidade desos tempos cunha visión do país firmada polo cineasta Carlos Velo. Este pequeno vídeo-documental serve para comprender o porqué de aquel éxodo que dividiu a patria en dous, rompendo á metade corazóns errantes. É un testimonio fiel dos anos da fame, aqueles que convertiron a moitos galegos en migrantes…

6 comentarios en “Os anos da fame en Galicia

  1. O artigo está moi ben. Como ben decides, na época da autarquía a situación de fame era moi dura. Tanto foi asi que, en en Galicia houbo alguns motíns e revoltas coñecidas comunmente como “revoltas da fame” a raíz disto xórdenme as seguintes preguntas, que consecuencias pensades que puido ter? Como reaccionou o poder? Esperamos a vosa resposta, un saúdo.

    Gústame

    1. Efectivamente nos primeiros anos do franquismo houbo un desafío colectivo directo ás autoridades por parte de sectores do rural galego, máis concretamente en O Saviñao, en Lugo, no 1946. Os anos de posguerra foron moi duros para esta poboación do rural. O modelo intervencionista e autárquico do franquismo non traía avances no acceso á alimentación.
      Neste contexto tivo lugar, na primavera de 1946, unha protesta, cuxas características permiten encadrala no repertorio denominado «revolta de fame» típica de condicións políticas e sociais do Antigo Réxime. Doutra banda, o ocorrido no Saviñao pon de manifesto a existencia de accións colectivas de protesta por parte de certos sectores do campesiñado. A pesar dos esforzos do réxime por ocultar esta infomación, as testemuñas directas sairon á luz. O Arquivo Histórico Provincial de Lugo amplía enormemente esta información.

      As fontes dinos que a protesta só triunfou temporalmente mentres o alcalde declinou impoñer a súa autoridade; en canto este tivo coñecemento do envío de forzas represivas, optou por desaparecer e a protesta non progresou. Destacar que as sublevadas na súa maioría era mulleres e ían desarmadas.

      No tocante as consecuencias, sabemos que o Gobernador Civil ordeou finalmente suspender ao alcalde por falta de colaboración. A pesares do fracaso desta revolta, creemos que foi unha evidencia máis, entre outras, do descontento da poboación na época e especialmente da poboación do rural galego.

      Gústame

  2. Esta entrada é moi educativa, e toda a información é moi comprensible. Os dous primeiros parágrafos son moi atractivos en termos de escritura e forma textual, xa que adquire un estilo literario moi agradable. É unha publicación que non se centra en buscar informes e datos sobre a pobreza daquel tempo, aínda que se recomenda introducir algúns datos. Debe engadirse unha cifra aproximada para enriquecer a información e facela máis realista.

    O artigo quédase curto de contido escrito. Isto facilita a lectura, pero tamén complica a contextualización do tempo co fin de comprender mellor os vídeos que veñen despois e as circunstancias da época. Ás veces é difícil interpretar de que período se fala. Hai algún artigo temporal como “ou pasado secular”, pero é conveniente que haxa unha referencia temporal ao longo da entrada para non perder o fío, porque en Galicia se avanzou moito dunha época para outra.

    Unha publicación cronolóxica facilitaría moito a comprensión e contextualización, facéndoo durante décadas, por exemplo, buscando os acontecementos ou problemas máis impactantes de cada período. Da parte da Guerra Civil española en diante hai moitos máis datos, a pesar de ser unha parte moi curta. Isto fai que o lector comprenda as dificultades que se experimentaron naquel momento. É o tipo de contido que falta no resto do artigo para empatizar coas situacións anteriores.

    En canto aos vídeos, é moi boa idea contar a través da xente e dos seus testemuños como viviron naqueles anos da posguerra, falando de alimentos e os postos de traballo que existían nese momento. A entrevista con Daniel Lanero, especialista na historia daquel tempo, tamén é unha gran contribución. Pero moitos dos datos indicados no vídeo coinciden co texto anterior, e pode parecer unha dobre lectura, sen novos datos nin novas informacións que enriquecen aínda máis a visión dos entrevistados. Para completalo, recoméndase empregar ligazóns externas como novas, libros, informes ou documentos daquel momento, ou como anexos, ou incluílos no propio texto.

    Finalmente, ter incluído o documental Carlos Velo é un grande éxito. Esta peza audiovisual é moi completa en termos de información, e conseguilo foi clave para a publicación. Dálle moito máis valor á túa información e complétana dun xeito moi fermoso.

    En conclusión, este artigo está moi ben traballado, incluíndo fontes externas e de época, con anécdotas propias. Pero en canto á cantidade de información, queda un pouco curto, a pesar de ter o vídeo final de Lanero. Recomendaría ampliar un pouco o texto principal, facelo cronolóxico e inserir pezas audiovisuais (fotos) para facelo máis visual e agradable e acompañalo á escrita tan correctamente empregada. Que pensas sobre a recomendación de facela cronolóxica introducindo novos datos? Agardamos a túa resposta. ODS Acción polo clima.

    Gústame

    1. Moitas grazas pola vosa análise do noso artigo!
      Valoramos moito todas as suxerencias que nos fixestes respecto á publicación,e sen dúbida algunha as temos moi en conta para poder corrixir nas próximas. No referido aos datos e informes sobre aquela época, non atopamos moitos, supoñemos que a difícil situación facía difícil sacar cifras en claro. Respecto ao tema da repetición de datos no vídeo, que é a parte principal da entrada trala introducción que puxemos en texto, o que buscabamos representar era precisamente como existiron coincidencias nos testimonios que tivemos xunto ca entrevista co especialista, neste caso Daniel Lanero, para representar as principais dificultades de aquela época. De novo, moitas grazas polo voso comentario, que sen dúbida foi moi constructivo para nós. Un saúdo, compañeiros!

      Liked by 1 person

  3. O artigo pareceume moi interesante xa que expón de maneira moi rápida e clara unha situación que a día de hoxe, especialmente a xente da nosa xeración pasa por alto e é a fame que se viviu tras a guerra civil. Gustoume especialmente como está escrito de tal maneira que podamos vivir a historia o mais próxima posible e tratar de empatizar. Creo que o feito de que estea escrita cun estilo algo mais literario axuda moito ao texto.

    Gustoume moito o vídeo de creación propia, xa que sen dúbida dános unha perspectiva moi realista, de xente da rúa, que poida compartir as súas historias. Paréceme moi importante lembrar esta xente foi a que sentou as bases da poboación galega actual e o seu testemuño e a súa voz é vital e debería ser escoitada, xa que foi unha sociedade que pasou necesidade de moitas cousa. Paréceme moi boa a idea de remarcar as diferenzas en canto a necesidades na contorna urbana e rural e a explicación dada polo profesor de historia dá USC Daniel Lanero, onde do mesmo xeito que explicades no artigo, marca a autarquía como un punto crave para explicar a carencia que se viviu durante o franquismo.

    A inclusión do vídeo de Carlos Velo paréceme especialmente acertada, xa é sen dúbida unha viva imaxe da sociedade da época, esa que tivo que migrar en busca de mellores oportunidades e que saíu adiante como mellor puido. Encaixa á perfección co artigo que escribistes.

    En resumo, pareceume una unha entrada moi atractiva, tanto na súa lectura sinxela como no material audiovisual achegado. Felicidades. Como pequeno apuntamento, quizais lle falten algunhas imaxes por que nesta tema creo que poden enriquecer e ilustrar un pouco.

    Con este artigo veume á menta unha cuestión. Imaxinádevos por un momento unha situación autárquica na Galicia actual. Na vosa opinión, creedes que Galicia podería saír adiante cos seus propios recursos e sobrevivir a unha situación adversa? Un saúdo e esperamos a vosa resposta.

    Gústame

  4. Moi boas! Agradécense moito este típo de críticas cara o traballo dos compañeiros e compañeiras. Comenzando pola súa pregunta. Considero que o modelo da autarquía é un modelo totalmente desfasado. Nun mundo globalizado onde se demandan todo tipo de bens é moi díficil que unha rexión consiga cumplir con todas estas demandas. Considero a división mundial do traballo unha realidade. Cerrar o mercado ós países estranxeiros suporía non poder ter acceso a moitos dos bens de capital sen os cales non poderíamos multiplicar a produción.

    En canto ó vídeo de autoría propia, tamén considero que remarca o que se ven a expoñer no artigo. Que as diferenzas entre o rural e a cidade eran claras, e que ambas sufrían unha escaseza de certos bens de primeira necesidade.

    No tocante ás imaxes, terémolo en conta. Dicir que se está interesado nas imaxes do documental de Carlos Velo, Margarita Ledo, catedrática de comunicación audiovisual na facultade de Ciencias da Comuniciación en Santiago de Compostela, realizou unha serie de 3 estudios sobre ‘Galicia’ (o documental de Carlos Velo), con motivo da aparición, en decembro de 2010, de novo material que se consideraba perdido. A partir destes estudos Pablo Cayuela e Ramiro Ledo realizaron un magnífico documental. Deixolle aquí o enlace por se está interesado: https://vimeo.com/53407268

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.