Da horta á neveira e á despensa

A agricultura de subsistencia é un modo de agricultura na cal unha parte da terra produce só unha vez ao ano o suficiente como para almacenar alimentos para os agricultores que traballan nela a través da súa actividade diaria normal. En función do tipo de terreo, cultivo, desenvolvemento da plantación, técnicas agrícolas, etc., estimouse que a superficie requerida por persoa está entre os 1.000 e os 40.000 metros cadrados. Desta forma, destínanse máis de dous terzos do solo e do traballo a produtos para o autoconsumo.

O peso da superficie adicada en Galicia a pequenas plantacións de leitugas, pementos, tomates o calabacíns, na súa maioría para autoconsumo  aínda que nalgúns casos parte do excedente é para poñer á venta, alcanza o 21% da cultivada en toda España. Unha de cada cinco hortas familiares que trabállanse en España están na comunidade galega.

Tras o estalido da crise do 2008, a explotación do cultivo de subsistencia creceu en Galicia un 23%, ao pasar das pouco máis de 19.500 hectáreas ás cerca de 24.000 da actualidade, case tantas como a superficie adicada na comunidade a vides -máis de 25.800-. No caso de España o crecemento dende o ano 2009 foi do 10,6%, con 10.800 hectáreas máis de hortas familiares, o que supón que Galicia con 4.500 hectáreas máis en case unha década gañou máis do 40% das novas leiras de todo o país.

A situación económica foi un dos factores determinantes no auxe deste tipo de plantacións xa que provocou a volta é terra como fonte de ingresos ante a falta de oportunidades no mercado laboral, como garantía de autoconsumo para compensar a merma do presuposto familiar. Pero tamén son moitos os que “por entretemento” e ese “apego á terra” que se ten en Galicia adícanse a plantar verduras e hortalizas para autoconsumo. E o excedente, ou ben o reparten con familiares e veciños ou o poñen á venta nas prazas.

Como é o caso de José Antonio Núñez Boquete, veciño de Santiago de Compostela, que abríunos as portas da súa casa para explicarnos como traballa a súa horta particular:

Xunto as hortas privadas atopamos outro modelo de hortas:

Dende hai uns anos, algo tan simple coma unha horta convertíuse nun movemento urbano imparable.

Unha pizca de tendencia polo ecolóxico, compromiso ambiental e uns hábitos de consumo máis saudables. Son as motivacións destas hortas urbanas.

En España son, ao menos, 216 as cidades que contan con hortas urbanas, unha cifra que multiplicouse desde 2006. Trátase de hortas de ocio, familiares ou sociais, escolares, para persoas xubiladas, comunitarios, etcétera.

Santiago de Compostela é unha das cidades de España con máis hortas urbanas por habitante, un proceso no que foi pioneira en Galicia no ano 2008, e que dende entón non para de crecer debido ao éxito desta iniciativa.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 05f2be5d-79c9-4606-82c2-698f5730c5ca
Hortas urbanas de Santa Marta (imaxe propia)

Actualmente, a capital galega conta cunhas 300 hortas individuais repartidas en diferentes áreas por toda a cidade: Belvís de Arriba y Belvís de Abaixo, en Santa Marta, A Caramoniña, A Almáciga, Cotaredo y Brañas de Sar,…

Calquera cidadán empadroado en Santiago de Compostela pode solicitar unha horta, con preferencia para os residentes nun radio de 300 metros e para as persoas xubiladas. O concello cédelle ao usuario durante dous anos-prorrogables un máximo de 2 máis- unha parcela de entre 30 e 50 metros cadrados, dependendo da zona, con dotación de auga para regar, abono orgánico procedente do compostaxe dos restos de podas e de herba dos parques municipais, e unha caseta con chave para gardar os utensilios de labranza.

A partir de ahí a pericia e as ganas de traballar e de aprender de cada un determinarán o éxito das colleitas.

Queremos destacar tamén a exitencia de programas como é “Hortalíza-Te” en Santiago de Compostela no que se forma a quince mozos e mozas no coidado de hortas urbanas e o autoconsumo de produtos de tempada.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es abf708ec-a848-4a78-ae7a-41d11cc01320
Plano das hortas urbanas de Santa Marta (imaxe propia)

María José Fernández, vicepresidenta da asociación de veciños de Santa Marta falounos un pouco sobre a concesión das hortas e o funcionamiento das mesmas:

Quen é o responsable das hortas urbanas de Santiago?

É un proxecto do Concello. Están en Belvís, en Fontiñas, en Sar, na rúa das hortas,… en distintos sitios. Aquí as pedíu a asociación de veciños e nolas concederon. Foron a sorteo porque hai moita xente que as quere, e entón así as adxudican.

A xente está implicada neste proxecto?

Ata agora, xeralmente a xente está bastante concienciada e ademais teñen as hortas bastante coidadas aínda que tamén é certo que choveu moito e non se poden ter como se quere pero a xente está moi implicada. De feito estes días que comeza a estar bo tempo a xente xa está comezando a plantar.

A produción das hortas urbanas é para autoconsumo?

Os cultivos que se poñen son para consumo propio, para comer todos os días. Eu por exemplo, plantei cebolas, allos, leitugas, espinacas, repolo,… un pouquiño de todo.

Que é o que máis destacaría da labor que se fai nestas hortas?

A satisfacción de pasar aquí o rato, xa que era un terreo que estaba vacío e cheo de maleza. Grazas a este proxecto puidemos recuperar un espazo para o desfrute dos veciños do barrio.

Que tipo de usuarios frecuentan as hortas?

Hai xente maior, familias con nenos,…

Que lle parece a vostede este proxecto?

Persoalmente, eu estou encantada, xa que sempre tiven unha casa con horta e logo a vendimos para comprar un piso; e aínda que teño un patio, non é o mesmo. A terra sempre tira. Se buscas compensar o que gastas co que recolles ao final… é máis a satisfacción de recoller os froitos do traballo e poder comer o que ti mesma plantaches e que sabes que é natural.

Bibliografía:

FARO DE VIGO[en liña]. Galicia lidera la huerta de autoconsumo con el 20% de la producción de toda España. Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/02/11/galicia-lidera-huerta-autoconsumo-20/2049456.html

CAMPO GALEGO[en liña]. Santiago de Compostela, referente en España en la apuesta por las huertas urbanas. Dispoñible en: https://campogalego.com/es/santiago-de-compostela-referente-en-espana-en-la-apuesta-por-las-huertas-urbanas/

AGROPTIMA BLOG[en liña]. Todo sobre la agricultura de subsistencia. Dispoñible en: https://www.agroptima.com/es/blog/agricultura-subsistencia/

8 comentarios en “Da horta á neveira e á despensa

  1. Sería moi interesante reflexionar sobre o fenómeno da agricultura de subsistencia nesta época que nos tocou vivir. Como ben apuntastes, no 2008 este modelo medrou expoñencialmente debido á crise. Semella que na actualidade, ante unha eminente crise provocada pola pandemia do coronavirus, un fenómeno semellante podería acontecer de novo.
    De media, os fogares galegos destinan 293 euros ao mes aos gastos de alimentación. Ante posibles despidos ou baixadas de salarios, unha opción aparentemente sinxela para aforrar sería producirmos na medida do posible os nosos propios alimentos. Nunha horta poderiamos cubrir a parcela das froitas e verduras reducindo bastante o investimento. A compra de sementes acaba sendo máis barata xa que aportará beneficios durante un tempo máis longo que o feito de comprar o produto diretamente.
    Por outra banda, parte dos alimentos producidos nas hortas poderían destinarse á venda. Isto tamén sería positivo porque se trataría dun modelo de produción baseado no desenvolvemento rural, no que priman a agricultura ecolóxica e a rural. Sobre isto, podedes consultar os nosos artigos se vos interesa coñecer máis sobre modelos de consumo responsables!
    Dito isto, considerades unha posibilidade que a agricultura de subsistencia volva agromar e se consolide coma unha profesión de importancia nos próximos anos? Ou credes que seguirá o curso de ata agora e seguirá a ter a mesma consideración? Agardamos as vosas respostas 🙂

    Gústame

    1. Está claro que estamos a vivir un momento de continuos cambios e, como ocurreu en todas as crises ao longo da historia, temos que acomodar as nosas vidas a este novo fenómeno. O teletraballo convertiuse nunha das novidades mais destacadas neste confinamento. Moitos oficios tiveron que amoldarse e traballar dende casa. Nesta situación tan dificil, abrironse espedientes de regulación temporal (ERTEs) a moitos traballadores que lles era imposible seguir nos seus postos con normalidade ou non reunían as condicións sanitarias para continuar.
      Paulatinamente, moitas familias viven agora exentas dos ingresos que solían ter ata o comezo da pandemia, provocando nas súas casas situacións de supervivencia bastante complicadas. Moitos, para sobrevivir, marcharon ao rural onde dispoñen de medios e productos propios para autoabastecerse, como vos dixestedes, a través da agricultura de subsistencia .
      Neste caso, axuda a aqueles que non teñen unha situación económica sinxela pero tamén facilita a vida de calqueira persoa que non quere, ou non debe, exporse ao virus nos grandes almacenes ou supermercados.
      Este tipo de agricutura pertencía no pasado a unha serie de sistemas económicos, tamén coñecidos como sociedades de autoconsumo, que foron desaparecendo debido ao progreso industrial, en particular, dos últimos dous séculos. Sen embargo, aínda prevalecían en certos grupos humanos aislados, sobre todo, nos países menos desenvolvidos.
      Coa chegada dunha crise, hai un retroceso na forma de vida das persoas, que elixen volver ao rural utilizando sistemas e seguindo rutinas tradicionais, que, ademais de ser máis económico, infunden tranquilidade.

      Pese a que as hortas poden supor unha axuda a algunhas familias, outros particulares que posúen plantacións nas súas segundas residencias das zonas rurais, teñen problemas. Debido a esta situación do confinamento polo coronavirus, o Goberno decretou que non se permitiría a movilidade entre municipios para regar os cultivos ou recoller as colleitas. Esta situación derivou en grandes perdas económicas e produtivas e supuso un efecto negativo para estes casos. Coas hortas urbanas pasou algo similar, foron pechadas e prohibiuse a asistencia para evitar posibles contaxios do virus.

      En canto ao que dixeches de se hai unha posibilidade de que a agricultura de subsistencia volva a agromar proximamente, penso que é indudable un futuro repunte e a creación de novos postos de traballo no sector agrícola. A xente está aprendendo a importancia desta profesión para a supervivencia dos países en xeral e das familias en particular, isto pode levar a que máis dun se replantee o seu futuro laboral. Así mesmo, nesta decisión tamén pode influir a perda de postos de traballo en moitos oficios ou a crise económica causada pola pandemia.

      As cidades seguirán como ata agora cando o confinamento termine, máis sí se notará un crecemento do número de hortas urbanas, aproveitando así os beneficios da agricultura de subsistencia incluso nas grandes cidades.

      Para acabar, quero compartirvos unha noticia publicada pola Axencia EFE na que conta como neste confinamento, hai xente como “La Huertoteca” que lanzaron cursos online gratuítos para todo o que desexe probar a horticultura nas súas casas. Anímovos a que probedes a plantar algunha semente no voso balcón ou xardín!

      https://www.efe.com/efe/espana/destacada/balcones-solidarios-que-ven-florecer-huertos-urbanos/10011-4216373

      Grazas por comentar!

      Gústame

      1. Moitas grazas pola resposta, Antía!
        Súper interesante o artigo que nos achegas ao final. Nun momento escriben que “la huerta urbana se convierte (..) en el caso de los niños, en una magnífica oportunidad para enseñarles valores como la responsabilidad, el cuidado o la constancia”. Isto vai en sintonía cos obxectivos de desenvolvemento sostible, xa que unha das partes máis importantes para levar a cabo cambios fructíferos para o noso planeta ten que ver coa concienciación. Sen coñecemento, non hai actuación.
        Falas tamén das hortas urbanas. Quería apuntar que é unha iniciativa que se está levando a cabo en moitos países en vías de desenvolvemento. Ante o desprazamento da poboación do campo á cidade, as hortas permiten asegurar unha nutrición completa e unhas boas condicións de vida ás familias. Podedes consultar este artigo, se non o lestes, para coñecer máis sobre o tema: https://agronomossinfronteras.org/huertos-urbanos/. A verdade é que sería moi interesante potenciar este tipo de iniciativas porque sen dúbida son positivos en moitos ámbitos, xa non só a nivel social senón económico e ecolóxico! Mais teño unha cuestión: credes que a proliferación desta práctica perxudicará a eses campesiños que venden os seus cultivos nos mercados?

        Gústame

  2. Resposta de Antía Cuadrado:

    Boas Lucía! Grazas por comentar.
    Estou de acordo contigo. É moi certo que a forma máis efectiva de cambiar para ben o mundo en que vivimos é concienciar á cidadanía; e que mellor forma que empezar dende a infancia, para potenciar unha nova xeración máis implicada e activista nas causas sociais. Ao fin e ao cabo saímos todos beneficiados!
    Grazas por compartir o artigo sobre as hortas urbanas en Tanzania. Sorprende darse conta de que, en África, estase a vivir, en pleno século XXI, unha migración do campo á cidade similar á que vivimos nos países desenvolvidos hai xa unha década… Dá que pensar.

    En canto á cuestión que planteaches, a miña resposta é non. Ao igual que pasou coa industrialización e mecanización do campo, a nova era agrícola, marcada polo incremento de cultivos de subsistencia, non vai ter tanta forza como para anular o traballo dos agricultores, que como ben dixeches, viven da venda das súas colleitas nos mercados.
    Un estudo indica que, malia a desaceleración agropecuaria nos últimos anos, a autosuficiencia alimentaria abundou nos cultivos campesiños, máis que nos capitalistas. Neste caso ocorre o mesmo, a pesar do repunte de cultivos de subsistencia, existirán moitos casos nos que non se teña o suficiente terreo como para cultivar por si mesmos alimentos de autoabastecemento; tamén haberá persoas que non teñan tempo, ganas ou coñecemento suficiente para cultivar individualmente, co coidado que require e o traballo que supón este oficio. Actualmente, cerca da 40% da canastra alimentaria susténtase en produtos campesiños. Sempre van existir compradores que recorran á compra nos mercados.
    Porén, un dos maiores perigros actuais que afecta á economía agrícola é outro: no momento actual, asimilando as secuelas do confinamento sanitario polo COVID19, a urxencia maior é protexer e defender unhas condicións de traballo dignas para os pequenos agricultores, que están sufrindo o derrubamento do seu oficio. Os campesiños, piden que se invista en Agricultura Campesiña para manter vivos ós Mercados Campesiños e Feiras. O seguinte artigo do Movemento Campesiño Internacional reivindica Soberanía Alimentaria, reformas estruturais para paliar as consecuencias pola pandemia mundial neste sector. Déixovos o link para que lle botedes unha ollada: https://viacampesina.org/es/17abril2020-labrar-sembrar-y-cosechar-ideas-transformadoras-ahora-es-el-momento-de-exigir-soberania-alimentaria/

    A agricultura precisa protección, sen ela, non poderiamos alimentarnos e, por conseguinte, non estariamos neste mundo.
    Os Estados deberían garantir unha alimentación sa e equilibrada para toda a poboación, asi como impedir a escaseza de alimentos, para mellorar as condicións de vida cidadá. Isto só será posible establecendo políticas a favor dos Dereitos Humanos e Campesiños.
    Queda moito traballo por facer e moito por loitar!

    Gústame

    1. A nivel autonómico temos unha iniciativa que aposta pola soberanía alimentaria, a Fundación Galicia Verde. Convídovos a investigar sobre ela xa que levan a cabo proxectos moi interesantes, e mesmo colaboran con varios países.
      O certo é que en termos de soberanía alimentaria, os países latinoamericanos van moito máis por diante, o que tamén se relaciona co feito de que sexan os lugares que máis exportan. Este documento explica de xeito moi completo as súas lexislacións: http://www.fao.org/3/a-ax736s.pdf
      Porén, Europa tamén comeza a abrirse a modelos máis respetuosos cos dereitos dos traballadores, como pode ser o comercio xusto. Considero que apoiar este tipo de comercio será unha das chaves para asegurar a prosperidade das condicións de vida dos produtores máis vulnerables, sobre todo trala crise sanitaria. O mesmo que acontece co comercio local.
      Porén, está a eterna pregunta. Como facer que o consumidor cambie a súa maneira de consumir. Desde o equipo de Produción e Consumo Responsables gustaríanos coñecer as vosas ideas, así como se vedes posible un cambio nestas actitudes a curto prazo.

      Gústame

      1. O concepto de soberanía alimentaria é ao que deberían aspirar os agricultores, garantizando a non dependencia das importacións nin dos mercados financieiros de cada país. Pero a realidade aplasta este tipo de medidas e condicións ideais para a sociedade en xeral e, neste caso, para o ámbito do traballo agrícola. Esta soberanía que se reivindica como medio necesario para asegurar a alimentación, urxe máis que os monopolios, o latifundio, o agronegocio e o macro mercado global. É unha estratexia que defende ao campesiñado local como garantía para preservar a capacidade produtiva propia e, paulatinamente, garante o acceso aos mercados locais. Desde o equipo de Fame Cero, aproveito para mencionar que os beneficios que aporta a soberanía alimentaria axudarían notablemente á erradicación da fame e a potenciación de cultivos sostibles, pero sobre todo, ao progreso dos pequenos agricultores.
        No caso de España, a propiedade da terra pasa a ser o eixo da rentabilidade, participando os propietarios de forma moi desigual no beneficio das subvencións da Política Agraria Común (PAC) sistema que controla a agricultura do noso país e que nunca estivo moi pola labor de apoiar a soberanía alimentaria.
        As escasas axudas que ofrece a PAC no noso país está desfavorecendo aos pequenos e medianos agricultores que derivan, incluso, en casos de pobreza para os produtores agrícolas que non chegan a cubrir os seus costos e necesidades.
        Dada a situación de precariedade no sector agrícola, dende os sindicatos de campesiños estase a loitar porla protección da producción, polo igual acceso aos alimentos para toda a sociedade, sustentabilidade ambiental e ampliación das axudas recibidas. Todos estos puntos son tamén tratados polo Obxetivo de Desenvolvemento Sostible ‘Fame Cero’, co que estamos traballando. É unha revolución da economía e un desafío aos poderes gubernamentales, por ello, soberanía alimentaria deberá ser un concepto importante que debe soar no noso século.

        Gústame

Deixa unha resposta a Lucía Ortigueira Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.