Na búsqueda da concienciación das persoas en canto as cuestións de xénero, traemos tres conceptos necesarios para entender o punto no que nos encontramos como sociedade. Falamos de “igualdade“, “equidade” e “teito de cristal“.
Os dous primeiros, igualdade e equidade, poden dar lugar a dúbidas xa que moita xente ou ben os confunde ou non ten claro o seu significado. Por estas razóns vemos conveniente falar destas duas ideas, xa que consideramos indispensable o seu coñecemento e diferenciación, para empregalas correctamente en calquera aspecto da nosa vida, tanto privada, coma pública.
Por unha banda, igualdade é a “condición ou circunstancia de ter unha mesma natureza, cantidade, calidade, valor ou forma, ou de compartir algunha calidade ou característica”. Mentres que pola contra, fálase de equidade como a “calidade que consiste en dar a cada un o que merece en funcións dos seus méritos ou condicións”.
Imaxe subida as redes de elaboración propia Imaxe subida as redes de elaboración propia
O concepto restante, teito de cristal, aparece no noso glosario como “obstáculos, as veces invisibles, aos que se enfrontan as mulleres cando buscan ascender nas súas carreiras profesionais, obstruíndo as súas aspiracións e oportunidades”, acuñado por Marilyn Loden. Sen embargo, nesta ocasión quixemos buscar un punto de vista diferente, e por iso traemos a seguinte definición de Linda Carli e Alice Eagly, que resume o teito de cristal como “unha barreira imposta polo prexuizo e a discriminación, que se manifesta nunha desproporción entre homes e mulleres nos postos de liderazgo”.

As imaxes expostas anteriormente tamén se poden visionar nas redes do blog (Instagram, Twitter), xa que foron subidas durante esta semana.
Sería interesante que ademais de definir os conceptos, incluísedes en cada un deles un testimonio real para poder exemplificalos, xa que nos parece moi importante evidenciar todas estas situacións de desigualdade que aínda se están a producir hoxe en día, e non limitarnos só á teoría. Tamén sería interesante a introdución de datos que amosaran como influen eses conceptos no nosos país, e dar unha visión tamén máis específica do sector da educación. Ademais desos tres conceptos, poderiades ampliar a lista introducinndo algún que aínda que é bastante coñecido, ten moita importancia nos nosos días como pode ser a brecha salarial e quizáis introducir algunhas referencias aos micromachismos, xa que aínda que non son conceptos puramente teóricos, sí que son expresións que están implantadas na nosa linguaxe e no noso día a día e que debemos erradicar, cómo poden ser: dicirlle a un home “quedaches de niñera”, empregar apelativos cómo “guapa” a mulleres descoñecidas, etc. E pensamos que o papel da educación é fundamental para eliminar este tipo de expresións.
Así mesmo, gustaríanos facervos as seguintes preguntas:
Que criterios seguistes para elixir os termos que definides?
Coñecedes algunha experiencia real relacionada cos conceptos elixidos?
Credes que se poderían introducir algúns conceptos menos coñecidos e polo tanto, menos extendidos entre a poboación?
GústameLiked by 1 person
Ola Ainara!
En primeiro lugar, agradecerche a túa inversión de tempo en revisar o noso traballo e axudarnos a mellorar.
Como ben dis, poderíamos clarificar moitos máis conceptos ou quizais algúns considerados “menos coñecidos”. É unha realidade, xa que o tema é moi amplo e podería encamiñarse cara moitas cuestións. No noso caso, escollemos estes termos debido a que consideramos que teñen unha estreita relación coa desigualdade no ámbito educativo. Ademais, moitos de nós, facendo autocrítica, démonos conta de que no pasado non tiñamos moi claro o seu significado e provocáronnos bastante confusión. Entón, decidimos ofrecer a nosa axuda ás persoas que poden estar vivindo una situación similar a que nos sucedeu a nós, é dicir, un problema de desinformación. Debido a que moitas veces a formación en cuestións de xénero ou feminismo é autodidacta, quixemos ser un punto de apoio nesta.
Con respecto á segunda pregunta, cremos que, en maior ou menor medida, todos temos algún exemplo preto que nos permita entender que a situación de desigualdade é unha realidade. Tanto na educación como noutros ámbitos, vese claramente que moitas veces non se valora ás persoas polos seus méritos ou capacidades, senón que se fan distincións de xénero. Un exercicio sinxelo de reflexión sobre o teito de cristal sería pensar nos centros educativos nos que estudamos ou seguimos estudando e facer unha análise de quen ocupa con maior frecuencia os postos de liderazgo.
Sí, confiamos en que se poderían introducir moitos máis conceptos. É unha labor de visibilización que debe continuar e que cada un de nós deberíamos levar ao terreo persoal. Hai moitos conceptos dos que nos gustaría falar e facer fincapé, pero parécenos que o que escolleríamos para destacar despois do traballo realizado sería: coeducación. Termo que foi de gran relevancia no noso Círculo e que consideramos moi importante, xa que é vital a ensinanza ausente de prexuízos e erradicar a discriminación por razón de sexo.
Grazas.
GústameGústame