Na busca dun modelo de consumo responsable

S1D – Produción sostible e consumo responsable

Cando falamos de consumo responsable referímonos a unha práctica que favorece a preservación do medio ambiente e a consecución da igualdade social. Nembargantes, non é unha modalidade que estea presente nos fogares de toda a poboación. Sen dúbida, a situación provocada pola crise do coronavirus tampouco axuda: o medo a que a situación empeore leva ás familias a comprar descontroladamente, en moitas ocasións artigos prescindibles.

Pero non todo é negro. A día de hoxe, existen iniciativas que velan por modelos de consumo alternativos e solidarios que garanten a protección do noso ecosistema e dos traballadores. Un exemplo é o comercio xusto.

O comercio xusto é un sistema comercial que xorde polos anos sesenta promovido por distintas ONGs, pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e por diversos movementos sociais coma o ecoloxismo. Entre os seus obxectivos está favorecer o acceso ao mercado dos pequenos produtores, asegurando os seus dereitos. Sobre todo nos países do Sur, os traballadores vense a sometidos a precarias condicións laborais e cobran un salario ínfimo pola súa labor. O comercio xusto loita pola mellora da súa situación á par que defende un modelo de produción que respeta ao medio ambiente.

En contra do que poida parecer, non é un sistema implementado en todo o mundo. Sen ir máis lonxe, no noso país as iniciativas de comercio xusto non chegaron ata o ano 1986, vinte anos despois da súa creación. En Santiago de Compostela, a localidade que nos ocupa, só existe unha tenda especializada nel: Panxea.

Entrevista a Esteban González, socio de traballador de Panxea
Vídeo: Pepe Campos

Panxea nace a medidados dos anos noventa como unha asociación sen ánimo de lucro para pouco despois evolucionar e constituírse como cooperativa. Na actualidade conta con sesenta membros que apostan por un modelo de consumo baseado nos principios de igualdade e equidade

Esteban González é traballador na tenda de Panxea, que se atopa na céntrica Praza de Galicia. Concienciado coa causa, critica o modelo socioeconómico que rexe a nosa sociedade, responsable da creación dun consumidor compulsivo. Asegura que «as persoas felices son as que menos consomen», xa que non están alienadas por esas institucións que lles intentan crear falsas necesidades.

A NOSA MAIOR ARMA POLÍTICA É A COMPRA

Cando lle preguntamos a Esteban como cre que se podería fomentar a alternativa do comercio xusto, fai fincapé na necesidade da propia autocrítica. Cita ao escritor estadounidense Jonathan Safran Foer para ilustrar a importancia de deixar de ollar as accións dos demais e comezar a mirarse a un mesmo: “a aqueles que dormen sempre se lles pode espertar, pero nin o rebumbio máis forte espertará a quen finxe durmir”.

É necesario plantexarnos que cremos e que defendemos e aplicalo a todas as actividades que levamos a cabo no noso día a día. No caso do comercio, declara  que «a nosa maior arma política é a compra». A elección dos produtos e das empresas nas que mercamos manifesta o modelo que apoiamos.

Esteban González, durante a entrevista
Fotografía: Pepe Campos

En Panxea apostan polos produtos ecolóxicos. Xa falamos no anterior artigo dos mitos e realidades que envolven a súa produción e venta. Volvemos a aproveitar a ocasión para preguntarlle a Esteban González sobre a pregunta que ronda as cabezas de moitos consumidores: os produtos ecolóxicos son máis caros que os convencionais?

A resposta varía dependendo do punto de vista. Se ben é certo que en ocasións si que poden ter un prezo máis elevado, hai que ter en conta outros factores como pode ser a calidade. Por exemplo, o café proveniente de comercio xusto é máis caro pero ten unha gama máis alta. E por outra banda, debemos pensar nos beneficios a nivel social. Esteban coméntanos que o 80% do prezo vai para o produtor, contribuíndo á mellora das súas condicións salariais.

Tampouco se debe esquecer que neste modelo de produción non prima a maximización de beneficios a curto prazo, o que contribúe a que os produtos rematen por saír máis económicos que os tradicionais.

Ao final, como tamén nos corroboraba Xosé Manuel Durán, dono da tenda de produtos ecolóxicos A Cesta da Saúde e impulsor do movemento “Non é o mesmo”, hai que ter en conta tres pezos: o social, o medioambiental e o da saúde

Por desgraza, ao consumidor, e en concreto ao consumidor español medio, só lle interesa o único prezo que non figura aí: o do consumo. De feito, España caracterízase por ser un dos países que máis barato compra os produtos estranxeiros, precisamente por escatimar na calidade destes. 

A situación podería ser diferente se a demanda maioritaria da nosa sociedade non fose a de baixo custe. «O diñeiro é a ferramenta máis poderosa da humanidade, dependendo de onde o invistas podes arruinar, ou non, á túa comunidade», contábanos Xosé Manuel durante a entrevista telefónica, asegurando que é a base para cambiar o modelo de consumo actual.

CADA VEZ AS SUBVENCIÓNS PARÉCENSE MÁIS A MORFINA PARA UN ENFERMO TERMINAL

A día de hoxe, a produción ecolóxica apenas conta con ningún tipo de subvencións como poden ser as da Política Agraria Común (PAC), o que sumado á despreocupación social que existe sobre a alimentación, contribúe a respaldar o “grande negocio verde” liderado por magnates aos que só lles preocupa como aumenta a súa inversión en bolsa. O único que lle queda ao pequeno comercio ecolóxico é estender a filosofía verde que defende e que lles permitiu a comerciantes locais de diversos ámbitos unirse tralo movemento “Non é o Mesmo”. Un movemento que o equipo que hai detrás desta redación viu practicamente como rexurdía con forza este 2020 para quedar e tentar chegar a un público máis amplo.

Polo tanto, se non queremos pagar esa diferenza que existe no prezo de consumo entre os produtos convencionais e os ecolóxicos agora, temos que ser conscientes de que o acabaremos facendo a longo prazo coa nosa saúde. Está na nosa man antepór a nosa propia saúde e priorizar para ilo ao pequeno comercio ecolóxico, e tamén ao local, ante os “grandes tiburóns financeiros”.

2 comentarios en “Na busca dun modelo de consumo responsable

  1. O comercio xusto, é unha alternativa para que os pequenos produtores sexan respetados e incluidos no modelo de consumo que prima no noso país, tal e como afirmáchedes no texto.

    O consumo de Comercio Xusto no noso país é dez veces menor que en Europa. ¿A que podería deberse?
    Non obstante, Alberto Abad membro da Xunta Directiva da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, afirmou que este tipo de comercio vai gañando presenza no noso país, un 53 % máis con respecto ao ano anterior. Un exemplo de isto é Panxea, sabedes se existen máis asociacións de este tipo en Galicia ?

    O sistema económico necesita cidadáns adictos ao consumo. Por iso, é fundamental como tamén o manifesta Esteban González, facer fincapé na autocrítica. Non é que os produtos ecolóxicos sexan caros, senón que os convencionais son excesivamente baratos.

    Debemos dirixirnos cara un consumo responsable e apoiar aos pequenos produtores. Desconocía a existencia de este local en Santiago de Compostela e a miña intención é visitalo e contribuir coas miñas compras a impulsar o comercio xusto.
    Unha publicación moi interesante e esclarecedora, un saúdo compañeiros.

    Gústame

    1. Moitas grazas polas túas aportacións e preguntas, Paula! Como ben, o comercio xusto é unha ferramenta de apoio para que os pequenos produtores podan ter unha oportunidade no comercio español actual. Referente ao tema de porqué o consumo de Comercio Xusto no noso país é 10 veces menor que en Europa, é debido a que este tipo de comercio chegou con máis de 20 anos de retraso respecto a outros países europeos. Ademais, o feito de que os medios de comunicación, as administracións públicas e as empresas privadas non se involucren en fomentar este tipo de comercio é unha causa máis que xustificada.
      (https://www.lavanguardia.com/vida/20150925/54436838192/espana-cola-europa-consumo-comercio-justo.html). Sí que é verdade que nestes últimos anos estase a producir un gran incremento no noso país: agora mesmo, o consumo anual por habitante en España é de 1,67 euros ao lado dos 15 euros de media que se gastan nos países europeos. A diferenza segue sendo notable, pero no 2017 era 15 veces menor; o que nos indica o rápido crecemento deste comercio no noso país. Tedes máis información nesta ligazón: http://comerciojusto.org/wp-content/uploads/2019/09/Informe-Comercio-Justo-2018-def-pdf.pdf

      Por último, referente a se existen máis asociacións como Panxea en Galicia, a resposta é afirmativa. A Cova da Terra, Amarante, Axuda en Acción son exemplos de entidades como Panxea. Aquí tedes máis información: http://comerciojusto.org/wp-content/uploads/2014/01/a5-comercio-xusto-07.pdf Cabe destacar que en Santiago só existe unha entidade de Comercio Xusto, Panxea.

      Esperamos máis colaboracións!!! Saúdos.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.