Concurso de carteis: Fame cero

O noso equipo adicado ao obxectivo Fame Cero, está traballando nunha serie de proxectos e actividades relacionadas con este tema, un dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Para concienciar tamén aos máis xoves, decidimos levar a cabo un concurso de carteis no nivel de 1º da ESO do instituto Val Miñor de Nigrán (Pontevedra).

En primeiro lugar, gravamos un vídeo presentado por dous membros do equipo: Paula Fernández e Pablo Díaz, introducindo o tema dende o estudio de radio da nosa Facultade de Comunicación. 

Na gravación, explicaron o tema do concurso, os premios dos gañadores, o prazo de entrega e os requisitos a seguir no contido: crecemento normal de todos os nenos e nenas do mundo; cultivo sostible e 100% de aproveitamento das terras;  apoio e progreso dos pequenos agricultores; que os alimentos dos supermercados e pequenos comercios sexan tamén 100% sostibles; e, por último, o cero malgasto de comida. 

Pedimos que estes temas estivesen reflectidos nos carteis dos nenos que, ademais, tiñan que ser individuais e estar escritos en galego.

Os tres mellores obterían cadanseu premio: o primeiro, unha merenda completa; o segundo, media merenda e un pequeno agasallo para o terceiro. Ademais, os carteis gañadores serían publicados no blog desta materia.

O período de entrega dos traballos foi do 9 ao 20 de marzo. Tivemos ata o 23 para elixir os gañadores, coa idea de, os días posteriores, entregarmos os premios. 

Unha membro do equipo, Antía Cuadrado, acudiu o 9 de marzo ao centro educativo para presentar o vídeo a cada un dos grupos de 1º ESO, e terminar de animar ao alumnado á súa participación.

O concurso seguíu en marcha os días posteriores e, ademais, contamos coa axuda da profesora de Galego, Beatriz Fernández e co profesor de Xeografía e historia, Xose Ramón Sueiro que, amablemente, permitiron ocupar as súas horas de clase para a elaboración do material.

O 13 de marzo tivemos que facer algúns cambios a causa do Covid-19 que provocou o confinamento do país e o peche dos centros educativos. Malia a difícil adaptación ás circunstancias, os nenos seguiron traballando ata o día 20 e os carteis foron dilixentemente entregados vía online.

A participación foi sorprendente e o traballo moi orixinal, e conseguimos parte do noso obxectivo: concienciar aos adolescentes da necesidade de paliar a fame no mundo e de contribuír ao desenvolvemento sostible do planeta. 

Os días posteriores, ata o día 23, estivemos elixindo os carteis máis salientables dos entregados. Ao final, decantámonos por tres gañadores:

En primeiro lugar escollemos o de Daniela Iglesias Cabral cun debuxo moi creativo e o eslogan: “Como pode ser que o que mata a milleiros de persoas cada día non sexa o que comen, senón o que non comen”

Debuxo feito por Daniela Iglesias Cabral

En segundo lugar temos a Paula Pérez Rodríguez, cun diseño moi ben traballado sobre cada un dos obxetivos do tema a tratar.

Debuxo feito por Paula Pérez Rodriguez

Como terceiro gañador, pero non por iso peor, Andrés Carneiro Martínez, cunha mensaxe concisa, acertada e un debuxo cheo de empatía.

Debuxo feito por Andrés Carneiro Martínez

Foi moi satisfactorio levar a cabo esta actividade xa que, para a nosa grata sorpresa, foi emocionante a colaboración do alumnado e o altruísmo dos profesores. Malia as dificultades, o proxecto desenvolveuse adecuadamente e os rapaces puideron pór o seu gran de area.

Cando o confinamento termine poderemos entregar os premios apropiadamente e felicitar o traballo realizado como se merecen.. Mentres tanto, seguimos traballando na casa porque, como aprendemos con esta serie de iniciativas sobre Fame Cero, o importante é a saúde de todos nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.