Non sabemos coidar o planeta

 

Non resulta novo para todas nós escoitar que as persoas están a coidar mal o planeta. Porén, só un pequeno sector da poboación amosa interese en saber o motivo desta situación e por que se trata con tanta frecuencia e alarmismo. 

O científico Victoriano Urgorri Carrasco explicounos o motivo polo que na sexta extinción masiva de especies o ecosistema acuático está sendo o máis afectado. 

 

O grado de afección sempre vai ser maior no medio mariño porque é o que alberga o maior número de especies. Hai que ter en conta que os mares ocupan o 70% da superficie do planeta, entonces hai moitísimas máis especies. Ademais, no medio terrestre vivimos, por decilo dalgunha forma, sobre o chan, mentres que no ecosistema mariño non; hai unha gran cantidade de vida sustentada nas augas.


O principal detonante do mal coidado do medio natural é a acción humana; e, obviamente, Galicia non queda excluida destas consecuencias negativas. Hai unhas semanas, o Faro de Vigo publicaba unha noticia na que se anunciaba o peche de bateas na ría de Arousa debido á importante presenza de toxinas lipofílicas nas augas.

Segundo Covadonga Salgado, a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, é moi pouco probable atopar estas células no mes de febreiro, xa que habitualmente chegan ás augas das rías no meses de marzo-abril.

Outra das accións que está a perxudicar o ecosistema submariño é a acidificación do mar. O océano actúa como unha gran esponxa que absorbe aproximadamente o 31% do dióxido de carbono emitido á atmosfera. Co aumento de emisións destes gases, os cambios provocados nos hábitats mariños son máis bruscos e moitas especies non son quen de adaptarse a eles. Urgorri comentábanos o seguinte sobre esta problemática:

Isto afecta sobre todo a aqueles organismos que teñen estruturas calcáreas. O ácido come todo o seu calcio. Trátase máis ben dunha incidencia a nivel de especie e non tanto a nivel xeral”.

Esta acidificación afecta ao fitoplacton mariño (base da cadea alimenticia dos océanos), que pode facer descender os seus niveis, incidir na supervivencia das especies e provocar unha reacción en cadea.

Por outra banda, o quecemento global está afectando ao tamaño do corpo das especies acuáticas. Segundo un estudo elaborado pola escola Queen Mary de Ciencias Biolóxicas e Químicas e a Universidade de Liverpool, coa subida dun grado centígrado da temperatura do mar os seres vivos mariños reducen a súa masa corporal nun 5%. Isto non ocorre do mesmo modo nas especies terrestes, pois estas só diminúen un 0,5% das súas dimensións. 

A principal causa deste sueceso está relacionado coa dificultade que os seres do mar atopan para captar o osíxeno en augas cada vez máis quentes. Por iso, ao precisar de máis osíxeno, estes seres reducen o tamaño do seu corpo para equilibrar o suministro que son capaces de proporcionarse a si mesmos. 

Ademais, o  desenvolvemento do efecto invernadoiro deriva na migración das especies. Estes animais vense obrigados a mudar para adaptarse ás novas temperaturas da auga. Deste modo, o ecólogo James Morley elaborou un estudo no Intituto de Ciencias Mariñas na  Universidade de Carolina del Norte, onde afirmaba o seguinte: 

“Los datos históricos muestran que muchas especies ha compensado el incremento de la temperatura oceánica yéndose a aguas más profundas”

O caso máis coñecido e salientable dase nos polos. O desxeo tamén trae consigo a redución do albedo (porcentaxe de radiación solar que a superficie terreste devolve á atmosfera), subida do nivel do mar e a liberación de grandes columnas de metano. 

Vista de unas montañas con nieve

Descripción generada automáticamente

 

O seguinte video documental-explicativo axuda a entender mellor o que é o quecemento global e as súas repercusións:  enlace: https://youtu.be/d-nI8MByIL8

6 comentarios en “Non sabemos coidar o planeta

  1. Moi completo análise sobre as causas da contaminación marítima. Menciónanse varios factores de risco e amenazas para as augas galegas e de todo o mundo. Boto de menos a explicación dun dos fenómenos máis perigosos que experimentan os nosos océanos: o vertido de plásticos. Cada ano vértense vinte e cinco millóns de toneladas de este material aos mares dos que tan só se recicla un 25%, segundo datos da Unión Europea. Isto ademáis dunha evidente perda económica, xera un dano incalculable ao medio. En 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar de seguir a este ritmo, segundo un estudo da ONU. Galicia non se libra disto, xa que a principal perxudicada por este fenómeno é a pesca galega, que representa o 2,1% do PIB da nosa comunidade. Estáse a levar a cabo algunha iniciativa para frenar esta problemática e á súa vez paliar os seus efectos na nosa terra? De novo, parabéns pola publicación e pola información recollida nela.

    Gústame

    1. A contaminación mariña estase a producir como consecuencia de diversos fenómenos, entre os que destacan os mencionados na entrada e o sinalado no comentarios: o vertido de plásticos. Neste sentido, analizabamos con máis detemento esta problemática na primeira das publicacións ao blog, na que a infografía realizada pola Fundación Aquae (https://www.fundacionaquae.org/mar-de-plastico-el-80-de-la-basura-en-el-mar-es-plastico/) mostraba de xeito eficaz as cifras resultantes desta problemática. 

      En canto a Galicia, na sede do Instituto Español de Oceanografía na en Vigo compróbase a diario os efectos da plastificación do océano. Dende a cidade coordínanse distintas iniciativas, como Oceans of Plastic (http://oceansofplastics.campusdomar.gal/), un programa de divulgación que naceu co obxectivo de divulgar á sociedade os resultados da investigación no relativo aos plásticos e o seu impacto no mar. 

      Outra delas é Clean Atlantic, que desenvolve ferramentas de modelado para predecir a orde, a circulación e o destino da basura marina e a elaboración de mapas rexionais con puntos de calor nos que se acomulan estes residuos. 

      Por último, tamén nos gustaría sinalar un dos proxectos pioneiros na transformación de residuos: Upcycling the Oceans (https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/sobre-nosotros/proyectos-destacados/upcycling-the-oceans). O seu obxectivo é recuperar a basura para transformala en fío de calidade para producir texidos e confeccionar prendas e complementos. Durante o seu primeiro ano recuperaron no Mediterráneo máis de 180 toneladas. Actualmente contan coa colaboración de 2.539 pescadores, 546 barcos pesqueiros de arrastre en 37 portos pesqueiros de distinas comunidades, entre as que se atopa Galicia. 

      Neste sentido, sí que existen distintas iniciativas que intentar buscar solucións para rematar cos vertidos de plásticos aos océanos e coa súa recollida, pero debería dárselle máis difusión para que a poboación se concienciara do alarmante que é o proceso de contaminación que se está a dar no mar. 

      Gústame

  2. Noraboa pola publicación, moi claro todo o explicado no texto sobre a realidade da vida submariña e os problemas actuais aos que se enfrenta. Non se fai para nada pesada a lectura e consigue darche unha idea xeral moi útil. O apoio que se fai no experto Victoriano Urgorri está xenial porque axuda a contextualizar as causas das que se fala. Simplemente teño dous apuntes.

    Intúo que ao falar de contaminación, aínda que non se di, tamén vai explícita a cuestión dos plásticos. Pero non estaría de máis facerlle unha mención se ten tanta importancia como a veces se menciona.

    A parte capital do tema creo que é o quecemento global, que provoca a migración de especies. Nas aves xa se ven falando dende fai moito tempo e é algo máis sinxelo de apreciar, pero algúns estudos afirman que as que máis afectadas se ven son as especies mariñas. Quizáis sería interesante completar con algún exemplo concreto que busque emigrar ao norte cara augas máis frías. Eu o que atopei é o rocote canario que chega desprazarse máis de 1.300 km. Cales son as especies que incluiríades?

    Gústame

    1. Como ben indicades as especies mariñas vense moi afectadas polo quecemento global e centenares destas especies están na búsqueda de augas máis frías para adaptarse ao ecosistema que máis lles favorece e manterse no mesmo sistema térmico, chegando a desprazarse máis de 1.000 km e incluso cambiando de latitude, como o exemplo que mencionades, o rocote canario. Outras especies que incluiríamos serían o tiburón tollo, que a medida que “gañan” augas no norte as perden -por demasiado cálidas- no sur; e outras moi importantes para a industria pesqueira como a caballa, o bacalao atlántico e o xurel, o que podería xerar un forte impacto neste sector.
      Pero non so se desprazan cara augas máis ao norte xa que como indica un estudo do ecólogo James Morley, os datos históricos mostran que moitas especies compensaron o aumento da temperatura do océano desprazándose a aguas más profundas, por exemplo no Golfo de México, debido a que nesa zona a temperatura non aumentou tan rápido.

      Gústame

  3. Boas compañeiras!

    O cambio climático e a contaminación mariña son dúas das realidades máis preocupantes, e cada vez máis presentes, na actualidade global. Como ben comentastes noutro post, a poboación está adquirindo cada vez maior concienciación e compromiso con estes sucesos, comezando a ser abarcados tamén nos medios de comunicación, ocupando portadas e grandes titulares. Porén, aínda non é suficiente.

    Este post recolle dunha forma moi comprensible e sinxela de seguir, os procesos e fenómenos que están a destruír os mares e todo ápice de vida neles. Resulta unha publicación ben elaborada, mais si é verdade que boto en falta que afondedes un pouquiño máis en cada unha das causas. Imaxino que será para que a publicación non quede longa nin se faga pesada, pero por exemplo, no caso da acción humana (a actividade máis prexudicial), poñedes un moi bo exemplo co peche das bateas na ría de Arousa, pero con iso só, a información queda bastante solta. Cal é a actividade humana? non explicades de que se trata nin expoñedes ningún dos efectos desta: as augas residuais por exemplo, que proceden principalmente dos fogares, comercios e a industria, e aínda que antes de ser vertidas ao mar son tratadas para eliminar os contaminantes máis daniños, non soe ser suficiente para depuralas por completo. Ou as sustancias químicas tóxicas. Estas si son a principal causa da contaminación dos océanos. Proveñen maioritariamente das actividades industrias, e afectan directamente a saúde dos seres mariños e terrestres.

    Ademais disto, está a importantísima presenza de enormes cantidades de plástico nos mares. Todo isto porque ata fai pouco, pensabamos que verter o lixo ao mar era unha maneira de desfacerse del sen consecuencias demasiado negativas. Así, agora temos a denominada ‘Zona Morta’ do tamaño do estado de Nova Jersey, no delta do río Mississippi ou a extensión de 1.600 km de plástico en descomposición no Pacífico Norte.

    Os mares e océanos seguramente son o exemplo máis claro das consecuencias da contaminación. Certo é que, afortunadamente, cada vez reciclamos máis. Segundo datos de Ecoembes, en España durante 2017, reciclouse o 77,1% dos envases de plástico, latas, briks e cartón. Polo que aínda hai oco para o progreso. Parece un dato importante.

    Gústame

    1. En primeiro lugar, grazas pola vosa reflexión! O peche das bateas na Ría de Arousa pola presenza de toxinas lipofílicas é debido ás ‘mareas vermellas’ ou ‘purgas de mar’, que son especialmente comúns en Galicia. Aínda que se trata dun fenómeno natural que leva tendo lugar dende hai miles de anos, diversos estudos demostraron que houbo un incremento de ‘mareas’ a nivel mundial nas últimas décadas porque as algas responsables deste fenónemo aumentan a súa toxicidade cando no seu medio elévase a concentración de nitróxeno, un elemento que chega en exceso ao mar procedente dos fertilizantes agrícolas e dos vertidos urbanos.
      En canto á presenza de grandes cantidades de plástico en mares e océanos, é, sen dúbida, un gran problema. Según as estadísticas de ONU Medio Ambiente, o mundo produce aproximadamente 300 millóns de toneladas (40 kilos por persoa) de residuos plásticos ao ano. Estímase que 8 millóns de toneladas de desechos plásticos chegan aos océanos cada ano, polo que senón deixamos de arroxar residuos, en 2050 o océano tendrá máis plástico que peces. No mundo recíclase menos dunha quinta parte do plástico, en países como Estado Unidos menos do 10%, todavía queda moito por facer, xa que a recliclaxe é insuficiente. Ademáis, moitos expertos pensan que a solución non está, como creen moitos, en disminuir o uso dos plásticos e centrarnos en reciclar; unha das claves está na eliminación paulatina da industria dol plástico non biodegradables.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.