Dereitos laborais na pandemia de Covid-19

S1E

Durante as últimas dúas semanas España e Galicia non se ven só afectadas pola crise sanitaria do coronavirus. O decreto do estado de alarma trouxo consecuencias económicas para os traballadores: os ERTE, ERE ou despidos. Ante unha situación de crise coma esta queremos facilitarlle aos traballadores a información necesaria para entender os procesos que se están levando a cabo e os dereitos dos que dispoñen para poder defenderse.

Malena Fernández Morete

 Que é un ERTE? Un ERTE, ou Expediente de Regulación Temporal do Emprego, é un procedemento administrativo mediante o cal un empresario pode suspender ou reducir o contrato de traballo dos seus traballadores de xeito temporal. Debe ser solicitado polo empresario no caso de forza maior, como podería ser a paralización das empresas por mor da crise do coronavirus. Segundo as medidas tomadas polo goberno os traballadores teñen dereito ao subsidio por desemprego sen que este afecte ao paro e sen que afecte a súa cotización.

Que é un ERE? Un ERE, ou Expediente de Regulación de Emprego, é un procedemento administrativo no que a empresa, en mala situación económica, busca obter unha autorización para suspender ou despedir traballadores. Ten que solicitalo o empresario e é fundamental que alegue razóns económicas. Os traballadores despedidos teñen dereito a unha indemnización e a unha prestación por desemprego. 

Nesta crise os traballadores non sofren só ERE e ERTE, hai persoas con baixas infectadas por coronavirus, as xornadas estanse modificando e hai tamén quen ten a mesma xornada laboral pero traballa dende casa. 

Que é unha xornada irregular? É un procedemento mediante o cal a empresa pode distribuír o 10% na xornada ao longo do ano. Esta posibilidade debe estar contemplada no convenio colectivo ou ser negociada entre a empresa e os traballadores. A empresa debe avisar ao traballador cun mínimo de cinco días de antelación. O empregado segue traballando pero debe as que non traballou. Deberá devolver estas horas ao longo do ano.

Que é un despido individual? É o procedemento polo que se despide únicamente a un traballador por falta de asistencia, ineptitud, razóns económicas, técincas ou organizativas. É unha decisión que depende do empresario, que lla terá que comunicar ao traballador por escrito e constatando a causa legal que o provoca. Nesta situación, o traballador ten dereito a unha indemnización. 

Que é o teletraballo? O telebrallo permite ao empregado realizar o seu traballo nun lugar distinto ao das oficinas. Debe vir dun acordo mutuo entre a empresa e o traballador. O soldo é o mesmo, non se altera polo teletraballo. Seguen a manterse o horario laboral, os descansos, o control de horas… a situación é a mesma, pero o traballador realiza o seu labor dende casa. É unha das medidas máis populares durante a crise do coronavirus. 

Que pasa se un traballador se infecta por coronavirus? O traballador ten que dar positivo nas probas de COVID – 19. É unha obriga sanitaria, unha baixa, cobrará o 75% da prestación máis o complemento do convenio, que varía en función do posto de traballo. Dáse a mesma situación cando un traballador infectado por coronavirus teña que estar illado. 

Por último, recomendamos este artigo do Salto Galiza no que se recollen algunhas das dúbidas máis frecuentes: Dudas y respuestas laborales en época de coronavirus

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.