Dereitos laborais na pandemia de Covid-19

S1E

Durante as últimas dúas semanas España e Galicia non se ven só afectadas pola crise sanitaria do coronavirus. O decreto do estado de alarma trouxo consecuencias económicas para os traballadores: os ERTE, ERE ou despidos. Ante unha situación de crise coma esta queremos facilitarlle aos traballadores a información necesaria para entender os procesos que se están levando a cabo e os dereitos dos que dispoñen para poder defenderse.

Malena Fernández Morete

 Que é un ERTE? Un ERTE, ou Expediente de Regulación Temporal do Emprego, é un procedemento administrativo mediante o cal un empresario pode suspender ou reducir o contrato de traballo dos seus traballadores de xeito temporal. Debe ser solicitado polo empresario no caso de forza maior, como podería ser a paralización das empresas por mor da crise do coronavirus. Segundo as medidas tomadas polo goberno os traballadores teñen dereito ao subsidio por desemprego sen que este afecte ao paro e sen que afecte a súa cotización.

Que é un ERE? Un ERE, ou Expediente de Regulación de Emprego, é un procedemento administrativo no que a empresa, en mala situación económica, busca obter unha autorización para suspender ou despedir traballadores. Ten que solicitalo o empresario e é fundamental que alegue razóns económicas. Os traballadores despedidos teñen dereito a unha indemnización e a unha prestación por desemprego. 

Nesta crise os traballadores non sofren só ERE e ERTE, hai persoas con baixas infectadas por coronavirus, as xornadas estanse modificando e hai tamén quen ten a mesma xornada laboral pero traballa dende casa. 

Que é unha xornada irregular? É un procedemento mediante o cal a empresa pode distribuír o 10% na xornada ao longo do ano. Esta posibilidade debe estar contemplada no convenio colectivo ou ser negociada entre a empresa e os traballadores. A empresa debe avisar ao traballador cun mínimo de cinco días de antelación. O empregado segue traballando pero debe as que non traballou. Deberá devolver estas horas ao longo do ano.

Que é un despido individual? É o procedemento polo que se despide únicamente a un traballador por falta de asistencia, ineptitud, razóns económicas, técincas ou organizativas. É unha decisión que depende do empresario, que lla terá que comunicar ao traballador por escrito e constatando a causa legal que o provoca. Nesta situación, o traballador ten dereito a unha indemnización. 

Que é o teletraballo? O telebrallo permite ao empregado realizar o seu traballo nun lugar distinto ao das oficinas. Debe vir dun acordo mutuo entre a empresa e o traballador. O soldo é o mesmo, non se altera polo teletraballo. Seguen a manterse o horario laboral, os descansos, o control de horas… a situación é a mesma, pero o traballador realiza o seu labor dende casa. É unha das medidas máis populares durante a crise do coronavirus. 

Que pasa se un traballador se infecta por coronavirus? O traballador ten que dar positivo nas probas de COVID – 19. É unha obriga sanitaria, unha baixa, cobrará o 75% da prestación máis o complemento do convenio, que varía en función do posto de traballo. Dáse a mesma situación cando un traballador infectado por coronavirus teña que estar illado. 

Por último, recomendamos este artigo do Salto Galiza no que se recollen algunhas das dúbidas máis frecuentes: Dudas y respuestas laborales en época de coronavirus

9 comentarios en “Dereitos laborais na pandemia de Covid-19

  1. Boas compañeiras! Que artigo tan interesante e, sobre todo, necesario. A crise sanitaria afectou (e afectará) notablemente á economía, e polo tanto, aos traballadores. Dende o meu punto de vista é esencial coñecer os dereitos destes para que as empresas non poidan abusar deles nunha situación tan delicada, polo que me parece unha publicación moi acertada. Ademais, a información está ben explicada e documentada, ao meu parecer, facendo a lectura sinxela e dinámica.

    Os dereitos laborais que explicades están dando moito que falar, especialmente o ERTE. Dende que comezou o Estado de Alarma, múltiples tendas, comercios e empresas realizaron ERTEs aos seus traballadores polas medidas de seguridade. Non obstante, un gran número destes traballadores aínda non puideron cobrar a prestación, a pesar de estar algúns suspendidos dende marzo. Os datos sobre cantas persoas viven esta situación son difusos (xa que dependen das comunidades e non se dá moita información sobre o tema) pero os últimos cálculos estiman que ao redor de 700.000 persoas non cobrarán o ERTE ata xuño.

    Esta situación é gravísima, sobre todo agora que a pandemia detivo o mundo, o traballo e ás empresas, pero non os gastos. Para moitas familias, facer fronte aos seus gastos sen ingresos e sen ter acceso á prestación é moi complicado, poñendo a moitos fogares en risco de pobreza extrema. O mesmo acontece con traballadores noutras situacións (EREs, despidos, redución de xornada…), pero os ERTEs son os protagonistas dende o comezo da crise sanitaria. Ademais, estes teñen a fama de ser unha medida xusta e moi favorecedora, cando non funcionan de tal maneira. Para reflexionar sobre as verdadeiras vantaxes (ou desvantaxes) dos deixo este artigo que cuestiona o seu funcionamento e plantexamento: https://www.elsaltodiario.com/alkimia/adopta-un-erte
    Vós que opinades ao respecto? Son realmente os ERTEs medidas tan boas como pretenden transmitir, ou acaban sendo un abuso máis contra os traballadores?

    Gústame

    1. Ola, Catalina! Moitas grazas polo teu comentario, fíxonos moita ilusión saber que che gustou a entrada! Pareceunos moi interesante o artigo do Salto que nos enlazaches, explica e resume moi ben a situación. Ademais, compartimos moitas das ideas que se expresan nel. Non consideramos que os ERTE sexan unha medida xusta; en todas as crises (económicas ou sanitarias) os máis prexudicados sempre son os mesmos. Os ERTE afectan negativamente aos traballadores mentres que a empresa (tendo en conta as circunstancias nas que estamos) sae máis ou menos ben parada.

      Como mencionas no teu comentario “o mundo parou pero non pararon os gastos”. Os traballadores seguen enfrontándose a alugueres, hipotecas, facturas… todo iso sen cobrar un salario a principio de mes. Houbo xente que tivo a sorte de cobrar o seu ERTE, pero non son maioría. Consideramos que podería chegar a ser unha medida xusta se todos os traballadores afectados por ERTE cobraran a tempo; ou se esta crise fora algo temporal que non durara máis dun par de meses. Con todo, esta crise vaise alongando cada vez máis e a volta a esa “nova normalidade” vaise pospoñendo, e con ela a esperanza dos traballadores. Moitas empresas pecharán e gran cantidade de xente quedará sen traballo.

      Isto non só afecta á xente en ERTE, ERE, despidos… senón tamén a quen xa non tiña traballo, xa que atopar un emprego vai resultar cada vez máis complicado, subirán os niveis de pobreza… Deixámosvos aquí un artigo sobre como aumentou o número de persoas que teñen que acudir a albergues e comedores dende que se decretou o estado de alarma https://www.lamarea.com/2020/05/08/las-colas-del-hambre-de-la-covid-19/ Vós que opinades sobre os ERTE? Credes que esta situación tamén repercutirá sobre a xente que se atopa baixo o limiar da pobreza?

      Gústame

      1. Estamos de acordo, a crise vai afectar aos máis desfavorecidos (como dicides, os prexudicados son sempre os mesmos) e aumentar a pobreza e desigualdades. O artigo sobre as colas da fame é moi interesante e moi ilustrativo da situación, e do que virá a continuación, polo que é primordial tomar medidas para protexer a todas as persoas que cruzarán, ou xa cruzaron, o limiar da pobreza. Os ERTEs pretenden ser unha medida paliativa, pero ao fin e ao cabo non son máis que unha pequena tirita nunha ferida moi ampla, que afecta a moitas máis persoas das que tiveron a sorte de cobrar os ERTEs.
        O parón laboral provocado pola crise sanitaria creou un gran debate sobre os dereitos dos traballadores, discutindo sobre as medidas de seguridade, a explotación, os despidos temporais e as medidas que mencionades no post. Pero dende o noso punto de vista, a gran revolución a nivel laboral foi o teletraballo, ao que tiveron que adecuarse moitos traballadores que non estaban preparados ou non contaban cos medios necesarios.

        O teletraballo serviu como escapatoria para moitas empresas que tiveron que pechar presencialmente, e para moitos traballadores que mantiveron os seus postos, pero se consolidou como unha vía na que é máis fácil caer na explotación laboral. Moitas veces, co teletraballo non se respectan os horarios, hai que estar dispoñible en calquera momento e convértese o fogar nunha continua oficina. Este artigo analiza como os límites se dilúen cando se traballa dende casa https://www.lavanguardia.com/economia/20200518/481231999248/teletrabajo-empresas-recomendaciones-expertos-inconvenientes.html?utm_source=twitter&utm_medium=social&utm_content=economia

        Fálase de que a partir da crise o teletraballo se instalará de maneira permanente en moitos sectores. Isto pode ser unha vantaxe para a empresa, pero tamén unha forma de obrigar aos traballadores a estar dispoñibles en calquera momento. Credes que deben instaurarse medidas de regulación do teletraballo? Será esta unha nova forma de traballar cando pase o coronavirus? Afectará de maneira negativa ou positiva?

        Liked by 1 person

        1. Concordamos con vós. Nun panorama coma este botar man do teletraballo foi necesario dadas as circunstancias, non había outra solución. Hai negocios que non poden cesar a súa actividade nin deixar de ofrecer os seus servizos, nestes casos o teletraballo foi unha ferramenta moi útil. É unha medida que houbo que tomar e entendemos a súa necesidade nesta situación.

          No artigo de La Vanguardia explícao moi ben. Resulta complicado definir os horarios laborais, as horas de descanso e incluso nas tarefas que deben realizar os traballadores cada día cando a súa oficina está na casa. Xa non só que o propio traballador se xestione, hai que ter en conta a presión dos xefes, que poden chegar a aproveitar a situación de que o empregado está na casa para aumentar a carga de traballo, o que derivaría nunha xornada laboral máis longa, estrés… todo isto reflectiría na saúde mental. Que os traballadores estean na casa non significa que teñan que dedicar todo o seu tempo ao traballo. Desta situación tamén se queixaron os estudantes fai unhas semanas, denunciando que os profesores mandaban máis tarefas aproveitando o confinamento. Considerades que eles tamén se ven afectados por esa “teledocendia”?

          Isto hai que sumalo a que nos atopamos nunha corentena e non se pode saír da casa, complicando aínda máis ese momento de desconexión que merecen, ou mellor dito, que deben ter todos os traballadores. Non todos teñen un espazo tranquilo na casa no que poder realizar as súas funcións, ou non contan co material necesario, non teñen conexión a internet… Ademais, os nenos xa non acuden á escola e é difícil coidar dos cativos cando tes que traballar na casa cando antes eles estaban no colexio mentres ti estabas na oficina.

          No eido da saúde mental a situación é máis alarmante. A pandemia está deixando pegadas psicolóxicas na xente, aquí tes un par de artigos nos que falan de este tema https://elpais.com/espana/madrid/2020-05-06/uno-de-cada-cinco-espanoles-sufre-sintomas-de-depresion-y-ansiedad-por-el-coronavirus.html https://www.lavanguardia.com/vida/20200506/481004475609/pandemia-coronavirus-depresion-espanoles.html Vós que opinades sobre isto?

          A imposibilidade de ter espazos de lecer e de traballo separados, as repercusións na saúde mental… Todo inflúe. Esperamos que na maioría dos casos o teletraballo sexa unha solución temporal a esta problemática. Pode chegar a beneficiar aos empresarios ou reducir os costes, pero creemos que para a maioría dos traballadores ten máis aspectos negativos que positivos. Tamén hai que ter en conta que sería máis doado levar a cabo o teletraballo sen unha pandemia mundial.

          Gústame

  2. A saúde mental da cidadanía, como expoñen os artigos que amosades, empeorou moito durante o confinamento. Vivir encerrado é unha situación complicada, e máis se mentres tanto o ritmo do traballo ou dos estudos ten que manterse como se non pasara nada. Os estudantes, como calquera traballador obrigado a teletraballar, sufriron as consecuencias da docencia telemática. Obrigados a continuar o curso (en moitas ocasións con situacións delicadas nas súas casas), a súa saúde mental veuse afectada: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/05/21/ansiedad-depresion-pandemia-mella-universitarios/00031590089777880403989.htm?utm_source=twitter&utm_medium=referral&utm_campaign=twgen.
    Non obstante, non só os alumnos sufriron esta situación; foi algo que tamén afectou a docentes, que tamén tiveron, como o resto de traballadores, complicacións para adecuarse ao teletraballo. O seguinte artigo mostra como lles afectou dar clase nesta situación de incerteza: https://www.efe.com/efe/espana/sociedad/nueve-de-cada-diez-profesores-sufre-estres-por-el-confinamiento/10004-4252827#

    A pandemia visibilizou a situación en centros educativos e universidades, explicando en que condicións se daba a teledocencia, e demostrou o empeoramento da saúde mental, un tema moi preocupante. Ademais, mostrou o importante de moitos oficios que se infravaloraban, como o sector da limpeza, o coidado de maiores e os supermercados. Nesta pandemia, foron esenciais traballadores que moitas veces se viron ignorados, e que continuaron séndoo incluso durante a crise sanitaria. Nestes artigos móstrase as condicións precarias e as faltas de medidas de seguridade nalgúns destes oficios: https://www.lavanguardia.com/local/galicia/20200423/48689650253/la-cig-denuncia-condiciones-de-riesgo-extremas-para-los-empleados-de-la-residencia-de-banos-de-molgas.html e https://www.elsaltodiario.com/coronavirus/limpiadoras-portales-comunidades-vecinos-desprotegidas-decreto-covid-esencial

    Credes que, tras as protestas (que recibiron máis atención nestas circunstancias) destes sectores, cambiarán as súas condicións? Haberá menos prexuízos contra estes oficios e será máis valorado o seu traballo? Servirá esta pandemia, polo menos, para recoñecer a importancia de todos os oficios? Grazas por resolvernos as dúbidas!

    Gústame

    1. No tocante á saúde mental dos profesores, evidentemente é igual de importante que a dos alumnos. Eles tamén están tendo problemas para poder ofrecer unha docencia de calidade. Ademais, en moitos casos nin eles nin as materias que imparten están adaptadas para explicalas de xeito telemático. A súa saúde mental, como a de todos, é igual de importante e tamén está en perigo durante esta pandemia, como se amosa no artigo da ligazón.

      Plantexas unha cuestión moi interesante! O labor das operarias de limpeza, persoal de supermercado, coidado de maiores… sempre foi esencial, pero agora parece que son máis importantes que antes. No eido sanitario moitos profesionais “mellor valorados” como médicos e enfermeiras denunciaron a situación das súas compañeiras: si, estábanse reforzando persoal estritamente sanitarios (como poden ser os médicos) pero non se reforzaba a plantilla de limpadoras, celadores, administrativos, mantenimiento… O funcionamento dun hospital ou dun centro de saúde é como un dominó, se cae algunha das pezas caen todos. Nos supermercados e residencias pasou o mesmo, evidenciouse por fin a importancia deses traballadores. A comida non chega ós estantes ela soa, detrás hai unha cadea de xente. Esperamos que agora se valore estas profesións como se merecen, pero por desgraza creemos que fai falla algo máis cunha pandemia para acabar con ese clasismo.

      Moitas grazas polos teus comentarios, Catalina! Foi un pracer manter esta conversa, unha aperta e moito ánimo!!

      Gústame

  3. En primeiro lugar, gustaríame dicir que me parece un artigo moi interesante, á vez que necesario é coñecer os nosos dereitos, os dos traballadores, nunha situación que nos é nova a todos e en todos os eidos da nosa vida cotiá.
    Así mesmo, creo que é momento para que traballadores e traballadoras, xunto cos seus entes representantes (sindicatos e outras organizacións) vaian formulando as propostas necesarias para que esta reconversión do xeito de traballo provocada pola crise do coronavirus e que, en moitos casos, leva a implantar (sen apenas experiencia, e moito menos tendo unha regulación clara) o teletraballo.

    Se xa antes desta crise se incidía na necesidade de regular o tempo de descanso dos traballadores en canto ó contacto da empresa que podía ter con eles durante o que se supón que é o seu tempo de ocio (con correos da empresa, traballo dende a casa, as horas extra non remuneradas)… Agora isto faise, se cabe, moito máis necesario. A isto, sumámoslle tamén o tema da conciliación laboral (unha problemática moito máis acusada nas mulleres), que traballando dende a casa fan un dobre esforzo por ser nai e traballadoras a un tempo. Porén, a nosa sociedade aínda non parece querer admitir que isto sexa así. Refírome, a que son moitas as nais que cada vez que reciben unha chamada do seu xefe/a procuran por todos os medios que non se saiba que teñen aos seus fillos con elas, que son nais, ao fin e ao cabo. Algo que, confinados e teletraballando, é unha tarefa prácticamente imposíbel, ademais de (creo) innecesaria e que pon de manifesto esa desigualdade que se mantén (e mesmo medra) no xa difícil de por si confinamento que estamos a vivir.

    O tema da conciliación no teletraballo creo que é algo a tratar dende xa por sindicatos e organizacións en prol dos dereitos dos traballadores e traballadoras, xa que o teletraballo pode que chegara co virus para quedarse incluso cando consigamos superalo.
    Así mesmo, é necesario que se regule o tempo de traballo. Do mesmo xeito que moitas empresas estaban a obrigar a “fichar” ós seus traballadores; ante esta nova modalidade de traballo semella necesario que, dalgunha maneira, as empresas teñan que “fichar” cantas horas estan levando as súas esixencias ós fogares dos seus traballadores e traballadoras. Non só polo que ao seu empregado/a lle implica, senón porque debemos ter en conta que se se traballa dende a casa, todo o núcleo do fogar vese en maior ou menor medida “salpicado” polo estrés, esixencias, tensión… que supón a normal realización de calquera actividade laboral.

    O cambio, en definitiva, pode ser positivo. Pode que estemos ante unha nova posibilidade, que abra os horizontes dos empresarios máis conservadores ó traballo de “metas e obxectivos” e non tanto de horarios laborais estritos, por exemplo. Pero ó tempo que esta reconversión do sistema laboral tivo que facerse case de xeito inmediato, é necesario que a súa regulación (ó meu parecer) se faga coa mesma dilixencia.

    Gran traballo informando, compañeirxs!

    Liked by 1 person

    1. Boas, Eva! Moitas grazas polo teu comentario, alegrámonos de que che gustara a nosa publicación. Concordamos contigo ao 100%, é moi importante que os sindicatos e organizacións comecen a elaborar propostas para ver como solucionar os problemas aos que se están enfrontando os traballadores. Tamén é urxente que estes sindicatos dialoguen co goberno para chegar a acordos sobre, por exemplo, o Ingreso Mínimo Vital que se está plantexando.

      O teletraballo é unha cuestión moi delicada, xa que pode traer moitas vantaxes ou moitos inconvenientes. Resulta complicado descansar ben e separar a vida familiar da laboral, máis cando a túa casa convértese nunha oficina. Non todos os traballadores estaban preparados para afrontar un cambio tan brusco dun día para outro. A isto hai que sumar a conciliación familiar, agora os nenos xa non van a escola e alguén ten que ter conta deles, como ben apuntas, isto resulta máis complicado para as mulleres.

      Entendemos que nunha situación coma esta o teletraballo foi inevitable para que moitos negocios non tiveran que pechar e poideran seguir ofrecendo os seus servizos. Tamén cremos que nun panorama normal o teletraballo instauraríase paulatinamente, preparando aos traballadores e con máis garantías. Hai que ter en conta que esta foi unha solución que houbo que tomar de xeito inmediato, sen planificación e tempo para preparala. Probablemente en condicións normais, sen unha crise sanitaria mundial e sen unha vindeira crise económica de gran calibre, sen confinamento… todo funcionaría mellor. De todas formas consideramos que o teletraballo é un recurso perigoso, neste artigo de La Vanguardia https://www.lavanguardia.com/economia/20200518/481231999248/teletrabajo-empresas-recomendaciones-expertos-inconvenientes.html?utm_source=twitter&utm_medium=social&utm_content=economia falan de como esta funcionando este traballo dixital durante a corentena, por se queres saber un pouco máis.

      Moitas grazas por comentar! Unha aperta!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.