As dietas vexetarianas e veganas conseguiron cativar a un gran número de persoas, que cambiaron os seus hábitos alimenticios polos alimentos apropiados de cada réxime. Moitas vexetarianas e veganas tiveron que pedir axuda a especialistas, para así conseguir as vitaminas adaptadas a cada unha delas. Non obstante, non todo o mundo pode permitirse pagar os servizos dalgún profesional, nin tampouco os médicos poden resolver todas ás dúbidas que lles poden xurdir a estas persoas coa súa nova alimentación.
Para combater estos grandes obstáculos, creáronse medios, asociacións e proxectos, entre os que atopamos a Madrid Vegano, Vegetarianismo.net ou ata a Veggieworld. Todos eles, a pesar de teren moitas diferenzas, teñen un obxectivo común que é axudar tanto ás persoas veganas como ás vexetarianas e resolver todo tipo de dúbidas. A través destas páxinas webs, poderán acceder en calquer momento e en calquera lugar, e consultar a información que sexa do seu interese. Todos os servizos informativos que nos garantizan son gratuitos. Poderán consultarse asuntos coma: restaurantes veganos, ferias de comida vexetariana e vegana, entrevistas a profesionais na materia, etc.
As persoas que se agochan ao outro lado da web, son persoas apaixonadas co que fan e sinten a necesidade de axudar aos veganos e vexetarianos a través da creación destas páxinas.
O grupo encargado de investigar e desenvolver o modelo das novas tendencias alimenticias e as súas consecuencias na saúde, tivemos o pracer de poder entrevistar a algúns dos membros destes medios para así podervos explicar, ós lectores, a función, as características e tódala información que poderedes atopar nestas páxinas webs.
MADRID VEGANO
Elisa Blanco é unha xornalista e escritora que no 2015, cando o veganismo eclosionaba na capital española, decidiu darlle forma ó seu compromiso vegano coa creación dun medio de comunicación adaptado e dirixido á comunidade vegano/vexetariana. Este proxecto é liderado por ela mesma, que conta tamén coa colaboración de Francisco García, un enxeñeiro de telecomunicacións que é o encargado do mantemento da páxina web. “Madrid Vegano surgió como una guía y un medio “vivo” de referencia para las personas veganas que viven en la ciudad; para las que la visitan y para las que desean saber qué es el veganismo”, afirma Blanco.
Trátase deste xeito do único, ou dos poucos, medios en España adicados a este tipo de contidos, seguindo aínda que de maneira adaptada, unha estructura semellante á da prensa xeralista. Así pois na súa páxina web contan con seccións adicadas a determinados xéneros xornalísticos como a entrevista ou as noticias, ademais dun gran número de contidos adicionais. No medio ofrécese ó público unha ampla gama de seccións adicadas á gastronomía, a ética, os dereitos dos animais, as rutas veganas, esética ou moda, ou unha axenda na que poñerse ó día en accións e eventos convocados por organizacións animalistas.
A presenza na prensa xeralista de contidos relativos a esta temática é moi pequena e é por iso que Elisa considera que teñen que contribuir a desbotar a idea de que “el veganismo es solo comer y una moda o tendencia… Es algo mucho más profundo, una decisión política y ética”.
Aínda que o seu proxecto botou a andar xa hai uns anos, Blanco asegura que “antes todo era más complicado”. Na actualidade as redes sociais facilitan a súa labor de difusión e son imprescindibles para que as súas mensaxes cheguen ós máis de 20 mil seguidores cos que contan en redes como Instagram.
Madrid Vegano caracterízase por dar visibilidade a infinidade de proxectos relacionados co mundo vegano. Afondaremos agora de algúns proxectos impulsados por membros da comunidade e que tiveron cabida nalgunha das seccións que conforman o medio. Unha das seccións coas que conta a súa web é “libros”. Nesta sección pretenden dar a coñecer algunhas das últimas publicacións relativas a esta tendencia.
Jenny Rodríguez é a autora de Vive vegano, unha guía sobre ética animal e alimentación vexetal. No seu libro non se limita a mostrar recetas veganas, senón que vai máis aló e profundiza en cuestións como a explotación animal e nos santuarios destinados a estes.
Outras das propostas que recollen na súa web é a de Veggierunners. Trátase dunha iniciativa deportiva do club deportivo Unión Deportiva Vegetariana, que ten como obxectivo principal visibilizar o veganismo e o vexetarianismo nas súas competicións deportivas e trasmitir a idea de que o que o deporte é compatible con estes réximes alimentarios. Así pois preténdese facer ver que seguir un tipo de alimentación vexetariana ou vegana, non implica cuestións relacionadas con malos hábitos de saúde. Oito anos despois do xurdimento da iniciativa, os seus membros seguen desprazándose a diferentes lugares de España para competir en distintas carreiras ou maratóns.
Paula González é a engargada de liderar unha axencia de comunicación que se inclúe entre os proxectos ós que Madrid Vegano busca dar visibilidade na súa páxina web. Neste blog autodefínense coma: “Agencia de comunicación especializada en marcas y personas veganas que están cambiando el mundo”. Paula González Comunicación é o nome deste blog que ven da man de Paula González Carracedo. A sua función é a de traballar con proxectos e persoas cunha filosofía vegana de fondo, que precisen de consellos para acadar unha maior proxección ou visibilidade.
Así pois, trátase dunha axencia de comunicación adaptada ó mundo vegano. Grazas ó seu traballo, numerosos emprendedores conseguiron aparecer en medios xeralistas de gran tirada e revistas de ámbito nacional. Ademáis ela mesma encárgase de difundir este estilo de vida, escribindo en xornais do nivel de El País ou El diario.es ou a través do seu propio podcast: Ingobernables, no que recolle entrevistas a mulleres que están cambiando o mundo a través do seu traballo.
OUTROS PROXECTOS INTERESANTES
Ademais das iniciativas coas que tivemos ocasión de colaborar para que nos deran a súa visión, tamén tivemos en conta outros proxectos que podemos catalogar dentro do colectivo vexetariano/vegano e que consideramos moi recomendables para seguir e para informarse.
Vegetarianismo.net
Portal web creado no 2004 que apareceu cando aínda non había información sobre estes temas en castelá en Internet. Os seus obxectivos principais son os de promover o vexetarianismo, e especialmente o veganismo, e de disipar dudas e eliminar todos os prexuízos que hai na sociedade sobre levar a cabo estes estilos de vida.
Esta web conta con diversas seccións sobre o tema para ampliar o noso coñecemento neste mundo. Un dos puntos principais e máis interesantes de todos é o das recetas. O portal achega unha gran cantidade de recetas fáciles e prácticas para todas aquelas persoas veganas ou que están en proceso de selo.
Ademais, a páxina conta con artículos, informes, e entrevistas a nutricionistas a través das cales trata de mostrar os beneficios que ten levar unha dieta vegana ou vexetariana para a nosa saúde. Aínda así, cabe destacar que tal e como se explica na propia páxina, os seus artículos son de carácter informativo, e que para casos específicos o recomendable é poñerse en contacto cos nutricionistas profesionais.
En liñas xerais, Vegetarianismo.net é un proxecto que ven motivado pola defensa dos dereitos animais, e que busca avanzar cara un novo mundo máis vegano e máis sano para todos.
Veggieworld
Feira de mostra de produtos e servicios veganos. Tal e coma anuncian na súa páxina web,é a máis grande e antiga de Europa. Por así dicilo, é unnha plataforma física e virtual que busca conectar a persoas do colectivo vegano co obxectivo de enriquecerse mutuamente.
Para Veggieworld non hai un único protagonista, todos forman parte da feira: expositores que queren dar a coñecer os seus produtos, conferenciantes que queiran poñer un tema de manifesto e visitantes dispostos a satisfacer as súas necesidades alimentarias.
¿Dónde a podemos atopar? En todos lados (prácticamente), pero sobre todo en Alemaña. As cidades que visitan van dende Barcelona ata Hong Kong. Pódese consultar o seu calendario aquí.
Dentro da súa oferta destacamos a comida vegana, onde inclúen unha sección sobre alimentos crus e outra de suplementos alimenticios; tamén parécenos reseñable o apartado de Fogar Vegano, no que se clasifican artículos de limpeza, cociña e fogar en xeral.
Tampouco se olvidan da cosmética e da moda. Pero para coñecer máis sobre esta categoría imos deixar unha breve lista de proxectos nacionais baseados na cosmética e na moda vegana:
Ola de novo! Unha vez máis, moi boa proposta. No grupo S3D non coñeciamos ningunha destas iniciativas, e parécenos fundamental que as persoas que se queiran iniciar no veganismo ou no vexetarianismo estén ben informadas dos pasos a seguir, dos nutrintes que teñen que suplir… e, en xeral, de todo o que abarque a súa saúde, xa que, como ben indicades, non todo o mundo pode permitirse acudir a un especialista. É unha boa nova que existan estes portais para consultalos e que lles dedes voz!
A información está moi ben condensada, a entrada é moi visual e permite coñecer os puntos fundamentais de cada web con tan só botar un vistazo. Non obstante, é unha mágoa que tan só se inclúa unha lista de páxinas de moda e cosmética, porque o mundo vegano está tan globalizado e hai tantas alternativas para a xente que decide seguir este estilo de vida que na actualidade xa non só se trata da comida: trátase de non consumir productos procedentes dos animais en absoluto! Incluso marcas recoñecidas internacionalmente están a sacar liñas de maquillaxe veganas para satisfacer as demandas do seu público. É o caso de NYX (https://www.nyxcosmetics.es/)
Aínda que é certo que vós vos centrastes case especificamente en alimentación, tería sido interesante que dedicarades algunha entrada a este tema.
Por último, queremos facervos unha pregunta relacionada tamén coas entradas de entrevistas a profesionais da alimentación que tamén tedes no blog: considerades que este tipo de iniciativas (o contido nas redes sociais, as páxinas web…) poden suplir o labor que fan os profesionais na súa totalidade? Ou é probable que haxa persoas que se deixen levar polo que din estas webs e ao final acaben danando a súa saúde?
Moitas gracias!
GústameGústame
Bos días, Lucía! Moitas grazas polo teu comentario, as túas achegas son moi interesantes. Como dis, o mundo vegano/vexetariano está acadando unhas dimensións hoxe en día que parecían impensables hai
uns anos. Todos os ámbitos se están vendo afectados en maior ou menor medida por esta tendencia. De feito, se che interesa coñecer profundamente todas as súas implicacións, podes ler a nosa última publicación: “O impacto global do mundo vegano”.
É certo o que comentabas de que quizáis esta publicación estea máis centrada no ámbito da alimentación que por exemplo na moda e na cosmética. Isto é así principalmente porque a nosa ODS céntrase en saúde e alimentación. Mais todos os proxectos que seleccionamos, como comentamos anteriormente, contan con unha gran variedade de seccións e temáticas. Especialmente Madrid Vegano, que serve de altavoz para distintos proxectos e iniciativas, que cumpran o requisito de seren veganas. Por tanto, se che interesa o mundo da cosmética e roupa vegana, probablemente tamén adiquen publicacións a falar deste tema. Por outra banda, indicamos unha serie de páxinas web hipervinculadas no fondo da publicación para que as nosas lectoras se poidan achegar tamén a este mundo. Dende logo, é un tema moi interesante e con moitos contidos, que daría para desenvolver outro tema a parte.
Con respecto á túa última pregunta, cremos que a labor dunha profesional non se poderá substituir nunca na súa totalidade por consultas en internet. É certo que as redes, as páxinas webs…están achegando profesionais a persoas que quizáis non o poderían facer de outra forma. É probable que unha persoa que non presenta ningún tipo de patoloxía e que simplemente queira mellorar a súa alimentación, poida seguir sen ningún tipo de problema os consellos ou menús que plantexe un blog dunha nutricionista. Na maior parte dos casos, as alimentacións presentadas están pensadas para unha persoa tipo, cuxo obxectivo sexa maioritariamente comer de forma máis saudable. É por iso que o risco se sitúa fundamentalmente naquelas persoas que teñen algún tipo de patoloxía -que en moitos casos pode non ser coñecida- e que provoca un peso que non se corresponde co que precisarían para estar sás. Nestes casos, a labor dunha profesional é indispensable. Ainda que cremos que en todos os casos sería o ideal seguir este procedemento: unha consulta previa e persoal cunha profesional -incluindo as probas necesarias que requira- e a posibilidade de seguir diferentes pautas en función das súas recomendacións, a través da rede. Como en todos os ámbitos, algo persoalizado e atendendo ás propias necesidades sempre vai a ser mellor. Sobre todo cando falamos do máis importante na vida, a saúde.
Neste sentido, cremos que profesionais e redes son complementarias, pero nunca substitutivas.
Agardamos que a nosa resposta che servise de axuda! Saúdos!
GústameGústame