O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES

S3C

Finalizamos o relativo ó círculo (e a nosa participación no Observatorio Cidadán de Comunicación) coa terceira parte da nosa xuntanza coas fontes, na que decidimos aproveitar a súa presenza e os seus coñecementos para aprender máis. Nun ambiente discendido no que a prioridade era falar sobre o tema que nos reunira a todos e todas alí, puidemos saber que opinaban os nosos e as nosas profesionais sobre diversas problemáticas asociadas ás persoas maiores.  Seguir lendo “O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES”

As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

S3C Continuamos co ciclo coa sua segunda parte, conducida por Christopher Rodríguez, e que consistiu nunha rolda de preguntas aos nosos colaboradores e colaboradoras que xirou en torno a temas relacionados coa comunicación e o funcionamento das comunidades coas que eles e elas traballan e conviven. Itínera naceu coa esperanza de ser algo máis que un centro de axuda para persoas con problemas mentais crónicos … Seguir lendo As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

Para finalizar a investigación sobre o ODS: Igualdade de Xénero, dende o S2A cremos necesario achegarnos un pouco máis a experiencias persoais, afastándonos da teoría e os datos que tratamos en posts anteriores.  Día a día miles de mulleres que traballan no mundo da comunicación vense afectadas directamente polo sistema patriarcal no que vivimos. Está nas nosas mans revertir esta situación, que fai patente a … Seguir lendo Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

Fame cero nos medios de comunicación (II)

Dende o noso grupo no que traballamos en prol do ODS Fame Cero levamos a cabo un traballo de investigación nos medios da nosa contorna para saber como é o tratamento desta información a nivel autonómico e a visibilización que danlle os medios a fame en Galicia, no periodo 2019-2020. Para iso, analizamos diferentes medios de comunicación: Radio, televisión, publicidade, prensa e prensa nativo dixital. … Seguir lendo Fame cero nos medios de comunicación (II)

“Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación”

S3C

Rematamos o noso traballo neste Observatorio Cidadán de Comunicación, e facémolo cun coloquio por Skype con tres das persoas que nos axudaron nestes meses de traballo. E é que xunto ós membros do grupo Laura Ríos (que ten o rol de Documentación nel), Christopher Rodríguez (Actividades) e Zoel Otero (Coordinador) temos a sorte de contar coa presenza de Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación Itínera e quen nos prestou axuda na primera das nosas tres publicacións deste ODS de saúde na terceira idade.

Seguir lendo ““Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación””

Fame cero nos medios de comunicación (I)

Fai uns anos a axencia Reuters converteu a Saida Ahmad Baghili, unha rapaza desnutrida yemení, no emblema da desnutrición nese país. Xavier Aldekoa, corresponsal do diario español “La Vanguardia” empregou a súa conta de Twitter para dicir o seguinte: Probablemente si que buscan cambiar as cousas, pero, poden realmente facelo hoxe en día? A fame no mundo é un fenómeno empregado polos medios de comunicación … Seguir lendo Fame cero nos medios de comunicación (I)

Cese da actividade normal do OCC

GRUPO DO BLOG Debido ás circunstancias actuais do Estado de alarma, dende o venres pasado, como xa saben todos os grupos de traballo, non é necesario seguir publicando no Observatorio Cidadán de Comunicación. Todos os que queiran incluír na Memoria algúns dos posts que lles restaban por publicar poderán facelo sin ningún problema. Ademais, non será tampouco necesario facer os 6 comentarios; basta con que … Seguir lendo Cese da actividade normal do OCC

A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

En pleno século XXI, existen millóns de persoas que pasan fame a diario a pesar da riqueza que se xera constantemente e do potencial agrícola do que dispoñemos, a fame afecta a máis de 820 millóns de persoas no mundo. Os países pobres necesitan os instrumentos de desenvolvemento, económicos e de política precisos para impulsar a súa produción e produtividade agrícolas. Débese aumentar a inversión … Seguir lendo A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

Historias da nosa terceira idade “A través dunha vida”

Moitas historias poden contarse sobre xente da terceira idade, tanto na súa xuventude coma na súa vellez. Pero, cantas delas poden ser contadas dentro do noso entorno? Esa foi a pregunta que nos fixemos no S3C á hora de decidir cal sería a nosa actividade para o Observatorio, polo que varios de nós decidimos recoller historias acerca do coidado de persoas da terceira idade nas nosas familias. A actividade, titulada “A través dunha vida” e que xa está dispoñible na plataforma Prezi, céntrase en concreto en tres casos: Seguir lendo “Historias da nosa terceira idade “A través dunha vida””