“O modelo ideal das enerxías renovables é o autoconsumo”

Galicia sempre fora pioneira en enerxía eólica. Mais, dende 2009 ata 2018, non se instalaron máis parques eólicos na nosa comunidade. Unha década na que Galicia perdeu importancia a nivel estatal e que gañaron outras comunidades como, por exemplo, Aragón. Esta situación da enerxía eólica en Galicia non se transmitiu nos medios convencionais. As mensaxes que chegaban a poboación eran boas

Parque eólico da provincia de Lugo

La Voz de Galicia titulaba o pasado decembro: Los nuevos parques eólicos gallegos, listos para iluminar 450.000 hogares. Esta é parte da realidade. Nos últimos anos comezáronse a construir de novo parques eólicos grazas a un cambio de lexislación que permitiu convocar subastas de renovables. No último ano levantáronse 18 parques, o que significa un aumento de 416 MW de potencia na rede galega. O presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA) comenta nunha entrevista a La Expansión que o obxectivo sería estabilizar unha subida anual de 400 MW durante a seguinte década.

Seguindo o informe Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: contexto, cambios e oportunidades do ano 2019 do Observatorio Eólico de Galicia, a comunidade ten operativos 160 parques eólicos. Estas instalacións están repartidos en 106 concellos que, na súa maioría, se atopan no rural. Entón preguntámonos: o negocio eólico está a favorecer ao desenvolvemento do rural?

“No rural hai rendas moi baixas, non se corresponden para nada cos beneficios que xenera”, coméntanos José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso. E o problema reside nos contratos que estipula o Proxecto Supra Eólico de Galicia, contratos de dereitos de superficie cos que a finca enteira se leva ao público, en vez da parte concreta da instalación. “O problema é que se non aceptas ningún tipo de contrato, vanche expropiar. E quen che expropia? A Xunta de Galicia”, afirma Diéguez, que ve mais beneficioso para o propietario de grandes superficies a expropiación a firmar un contrato de dereito de superficie.

“No rural hai rendas moi baixas, non corresponden cos beneficios que xenera”

Pon a Dinamarca e a Alemaña como exemplo a seguir, co negocio eólico en mans de cooperativas dos parques productores, fronte a privatización do medelo galego. O negocio eólico do rural soamente é rentable para as empresas eléctricas. “O modelo ideal das enerxías renovables é o autoconsumo”, manifesta. Os propietarios protestan conta o cánon eólico, co que estamos pagando para exportar a Madrid, para que outros consuman e non produzan. “É unha cousa que fixo a xunta para autofinanciarse, os propietarios soamente se levan un tercio do beneficio”, afirman dende o colectivo.

“Os propietarios soamente levan un terzo do beneficio do canon eólico”

Durante unha das conferencias impartidas polo grupo Ventonoso

Pero sen dúbida o feito que está marcando este 2020, é o a pandemia do Covid-19. Un feito que por desgraza non só repercute na saúde pública, senón tamén na economía.  O decreto de Estado de Alarma ocasionou que importantes sectores e industrias víranse na obrigar de botar o peche. A enerxía, pola súa contra, ao estar catalogada como esencial, é un dos poucos sectores que debe seguir en funcionamento. Por elo, os máis de 1.200 parques eólicos que se estenden por toda España, e os 200 que se rexistran en Galicia, seguen producindo o ben que move ao mundo actual, a enerxía.

Con todo, e aínda que como titulaban na Voz de Galicia; “Los parque eólicos torean al coronavirus”, o certo é que dende a EGA afírmase que só se están levando a cabo as tarefas de mantemento máis urxentes, pero que polo de agora os parques seguen funcionando con normalidade. Algo que corroboran os datos da enerxía eólica producida nos primeiros 20 días de Marzo, 4.261 GWh, un 25% máis que no mesmo período de 2019.

Pero malia que semelle que a pandemia non parou moito ao sector, tamén é bo recordar o forte parón que sufriron nestes días os proxectos que estaban en marcha para a construción de novos parques eólicos. Nestes momentos, como a propia Asociación Empresarial Eólica expuxo no seu editorial do pasado 31 de Marzo, temos nas nosas mans, resistir e buscar solucións conxuntamente para que o 2020 non sexa un ano perdido, no que ao avance das enerxías renovables se refire.

4 comentarios en ““O modelo ideal das enerxías renovables é o autoconsumo”

  1. Moi bo traballo acerca do impacto destas enerxías no ámbito do rural, mais resultaría oportuno ir máis aló. Quero dicir, reflexionar por exemplo, sobre canta enerxía da producida en Galicia nesas aldeas e vilas pequenas é utilizada na nosa comunidade e cantos beneficios se xeran dela. Moitos? Poucos? Outras comunidades aproveitan máis esta oportunidade para nutrir o seu territorio de enerxía limpia, á vez que á súa economía?
    Segundo un artigo publicado no ano 2018 en La Voz de Galicia, a nosa comunidade autónoma case podría autoabastecerse, xa que xera grazas aos seus recursos hidráulicos e eólicos máis enerxía da que consume Madrid. Ademáis sendo a diferencia entre o que producimos e o que consumimos ‘’regalado’’ ao resto do país. Segundo datos da Rede Eléctrica de España, no ano 2016, Galicia xerou 17.100 xigavatios, cando a demanda interna estivo cerca dos 20.000. Cal é o feedback que reciben os habitantes do rural de semexantes cifras? Por que a exportación da mesma roza o 33% en lugar de desfrutala na súa totalidade?

    Gústame

  2. Boas, Christopher!

    Nesta publicación fixemos fincapé na enerxía eólica, e nas posible consecuencias da actual crise sanitaria sobre este sector. Seguramente por iso non afondaramos en suxestións dese tipo.

    Pero collendo o relevo das túas cuestións. No referente ao primeiro que nos trasladas, as enerxías renovables xeran diferentes beneficios, vía impostos recadados polas distintas administracións. Dende a Xunta de Galicia, recádase un canon tanto eólico coma hidráulico, que grava ás principais empresas enerxéticas que operan no país. Segundo datos da Consellería de Facenda, no ano 2016 o canon eólico recadou 23 millóns de euros, mentres que o segundo, rondou a cifra dos 14 millóns. A estes ingresos, teríamos que engadirlle os diferentes impostos (IBI, IAE…) que pagan as empresas enerxéticas nos arredor de 100 municipios galegos onde se atopan instaladas as súas infraestruturas (muíños, encoros…)

    Por outra banda, no relativo á enerxía que exportamos como comunidade, e que non consumimos aquí. Dous importantes factores teñen a súa parte de protagonismo nisto. En primeiro lugar, a maioría de grandres empresas enerxéticas que operan en Galicia, non pertencen ao capital galego, nin español, senón a fondos de inversión estranxeiros ou directivas estranxeiras. E o segundo, e quizais máis importante, no actual Estado Español, rexe o principio de solidariedade territorial entre as diferentes comunidades autónomas, no que respecta á produción e distribución da enerxía eólica. De aí que Madrid, sen apenas producción algunha ,sobreviva enerxeticamente grazas ás diferentes plantas instaladas en toda a xeografía española.

    E por último, trasládasnos unha cuestión sobre o “feedback do rural”. No que abrangue aos municipios onde están instaladas todas estas plantas e infraestruturas, o certo é que gozan dunha maior retribución e beneficios polo feito de albergar a produción destas enerxías. Déixoche por aquí un artigo de La Voz de Galicia, onde se relata isto dunha mellor forma. Dende o punto de vista dun concello como Muras e do seu alcalde, que afirma que grazas ao muíños, o presuposto do concello (1,8 millóns) medrou arredor dun millón de euros máis, chegando a poder subvencionar as facturas de luz de 450 veciños.(https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2018/04/15/luz-barata-gracias-381-molinos-viento/0003_201804SM15P3991.htm)

    Unha aperta!

    S3A

    Gústame

  3. É unha lectura moi interesante. O enfoque que destes ao artigo apórtanos unha postura que non adoitamos ver habitualmente nos medios, sobre todo co testemuño de primeira man da conferencia de Ventonoso. É unha visión moi enriquecedora, e que nos revela a gran importancia de Galicia para o sector da enerxía eólica.
    Un punto de vista que tocades, de maneira crítica e ben asentada, é que a produción galega de enerxía exprópiase a toda España (en concreto mencionades Madrid), por un concepto centralista. As empresas eléctricas son estranxeiras, e os territorios xestiónanse por contratos.
    Porén, hai un aspecto que non remata de quedar clarificado ao falar destes contratos. En que sentido a un propietario de grandes terras benefícialle máis que sexa a Xunta quen lles expropie as terras, e non que quede suxeito aos contratos de dereitos de superficie, se en ambos casos perden o dereito sobre os seus dominios?
    Non podemos olvidar que Galicia é unha comunidade fundamentalmente rural. Como repercute nos núcleos rurais a creación dos parques eólicos? É un gran factor para o traballo e a demografía?

    Acerca do gran beneficio que obteñen outras comunidades da produción en Galicia, sen produciren estas os mesmos niveis de enerxía eólica. O caso é, por exemplo, cómo Madrid, que require moita máis enerxía que Galicia, emprega unha parte moi notable desta enerxía eólica, pero non a produce ou exporta de igual modo. Emprendéronse mobilizacións ou accións legais para protestar contra esta situación? Qué efecto a nivel estatal tería se, de toda a enerxía producida en Galicia, se usase a maioría en Galicia e o resto de España se beneficiase menos desta fonte?

    Un saúdo por parte do noso grupo.

    S1C Educación

    Gústame

    1. Boas, Marta!

      Primeiro, moitísimas grazas pola túa resposta. Respecto a túa primeira pregunta, segundo o presidente de Ventonoso, é máis conveniente en certos casos que che expropien que firmar o contrato de dereito de superficie. Por que? O dereito de superficie, isto significa que empresa eléctrica paga o metro cadrado ocupado, mais o propietario da finca non pode utilizar o resto do terreo. O propietario non pode sacar proveito ao 100% do seu terreo. Polo tanto, en ocasións o prezo que recibe o propietario tras a expropiación, a pesar de ser menor do valor real da finca, é máis beneficioso economicamente que cun contrato de superficie.

      O rural é onde se sitúan a meirande parte dos parques eólicos. Seguindo o informe da OEGA (http://economiaecoloxica.webs.uvigo.gal/docs/publicacions/informe_oega_2019.pdf), o 72’26% dos aeroxeradores instalados en Galicia atópanse en poboacións de menos de 6000 habitantes. A enerxía eólica ten un impacto, mais non é un impacto completamente positivo. Os propietarios dos terreos só percibiron algo máis do 2‘4% do total do negocio eólico no 2018. En estados como Dinamarca, reciben o 10% do negocio total. O tipo de negocio ten que evolucionar para que haxa un desenvolvemento pleno do rural grazas ás enerxías renovables. En canto a traballo, non atopamos datos dos traballos que produce a produción eólica no rural galego, mais si podemos dicir que no ano 2018 creou un 6% máis en España. Nese ano, 24 000 persoas traballaron na eólica, un 25% deles traballan no mantementos dos parques.

      No que respecta ao segundo que nos comentas. Nas mobilizacións contra estas diferenzas á hora da produción e distribución da enerxía ás demais zonas do Estado. Poderíamos destacar as propostas dos sectores máis nacionalistas da sociedade galega, nomeadamente o BNG leva anos pedindo unha tarifa eléctrica galega, coa que segundo eles: “acabaríamos con esta estafa enerxética”. Unha proposta que se fundamenta na auto xestión dos nosos recursos por parte da Xunta. (https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/bng-reclama-tarifa-electrica-gallega/201904091352181369904.html)
      Pola outra banda, non podemos saber cal sería o efecto futuro de deixar sen enerxía procedente de Galicia, ás outras partes do estado, pero é de supoñer que a factura de luz subiría neses lugares, mentres aquí vería un considerable descenso. Aínda con todo, Galicia seguiría exportando enerxía, pois producimos máis do que necesitamos.

      Saúdos!

      S3A

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.