Os medios de comunicación e o cambio climático: condeados a entenderse

Día tras día, os medios de comunicación sacan á luz noticias relacionadas co cambio climático e os seus efectos nos diferentes aspectos da vida. O xornalismo ambiental é o responsable disto. Aínda que cada experto achega os seus propios matices, a modo xeral, pode definirse como un tipo de xornalismo especializado que se encarga da actualidade relacionada coa natureza e o medio ambiente, especialmente dos impactos da actividade humana sobre a súa contorna, tratando de espertar unha conciencia ecolóxica entre a poboación.

Un exemplo da importancia do xornalismo ambiental escenifícao o feito de que o cambio climático converteuse na maior preocupación dos europeos, superando o terrorismo ou a crise económica, segundo o  Eurobarómetro realizado polo Parlamento Europeo a finais de 2019. Un cambio de prioridades inclúe dende o desenvolvemento de políticas ata propostas para impulsar ás empresas a ter en conta o impacto ambiental das súas accións se non queren que a súa reputación véxase mermada.

Fonte Eurobarómetro 2019

Un dos aspectos fundamentais para mitigar os efectos negativos do cambio climático é informar sobre o impacto ao publico en xeral, co fin de modificar a opinión publica e o comportamento nocivo da poboación. Os medios de comunicación son un  axente clave. Tanto a nivel nacional como a nivel internacional, vense  moitas deficiencias no tratamento: “A clave dunha información de calidade é o rigor e o contraste de fontes e iso o dominan o xornalistas especializados que teñen coñecementos e unha axenda” declara María García de la Fuente, presidenta da Asociación de Periodistas de Información Ambiental.

A pesares disto, tamén cabe destacar que os medios  contribuíron decisivamente en abrir o debate na opinión pública, e que se detectou nos últimos anos un aumento significativo do espazo dedicado polos medios aos problemas ambientais. Moitos dos principais xornais decidiron deixar de publicar anuncios de empresas contaminantes para colaborar na loita contra os gases do efecto invernadero. Varios deles tamén publicaron nos últimos meses maior contido achega do cambio climático co fin de facelo máis divulgativo entre os lectores, como veremos máis adiante.

A evolución das referencias ao termo cambio climático en por exemplo El País é notable. pasando de 15 mencións entre 1976 e 1986 a 819 en 2007 (Depósito de Investigación de la Universidad de Sevilla, 2014). Isto é un claro indicio de que a importancia social do cambio climático tivo un aumento considerable co paso dos anos, impulsado polas Conferencias e Cumes internacionais.

Tamén é importante que teñamos en conta que co paso dos anos o enfoque sobre o cambio climático cambiou. Xa non se trata de convencer á sociedade da realidade do cambio climático, senón de que hai que tomar medidas para loitar contra el.

O oficio do bo xornalista é saber traducir a linguaxe científica e técnica para calquera lector, ouvinte ou espectador o entenda” María García de la Fuente, directora de APAI

Outro aspecto que ten gran importancia é o acceso a un lugar privilexiado nos medios para os negacionistas do cambio climático, que resulta perigoso debido aos intereses económicos que hai detrás.

ALGÚNS EXEMPLOS PARA ENTENDER A SITUACIÓN DO XORNALISMO AMBIENTAL EN ESPAÑA E GALICIA

No ámbito estatal todos tratan nalgún momento novas relacionadas co cambio climático. Iso sí, algúns con máis reservas que outros. Un primeiro exemplo é El País ten unha sección denominada Planeta Futuro (https://elpais.com/elpais/planeta_futuro.html), patrocinada pola fundación de Bill e Melinda Gates. Nela publican artigos de expertos sobre cidades sostibles, o desenvolvemento do continente africano e incluso sobre o coronavirus e como afecta aos páises máis subdesenvolvidos.

Así mesmo podemos destacar La Vanguardia coa súa sección Natural (https://www.lavanguardia.com/natural) onde van a parar todas as noticias sobre o cambio climático, o mundo animal e o sostemento dos ecosistemas. Tamén Eldiario.es ten unha sección moi particular: Ballena blanca (https://www.eldiario.es/ballenablanca/), onde combina a información sobre o cambio climático con datos económicos. É unha visión moi innovadora, tendo en conta que son dous dos temas máis candentes no panorama internacional (e, por certo, moi relacionados entre si). Debemos destacar a sección que dedican ao coronavirus: analizan os efectos desta crise sanitaria para a natureza. 

Algunhas noticias de Ballena Blanca de ElDiario.es

Ao igual que o tratamento sobre información do cambio climático a nivel estatal, en Galicia os xornais non adoitan adicar grandes espazos a noticias relacionadas co cambio climático. Podemos destacar dous: Galicia Confidencial e Gciencia.

No caso de Galicia Confiencial (https://www.galiciaconfidencial.com/seccion/medioambiente), a maoiria das noticias son de ámbito local e están adicadas a incendios forestais que poidan interesar a cidadacía galega. Por outra banda, GCiencia (https://www.gciencia.com/) manexa dúas seccións adicadas a natureza chamadas “Natura” e “Mar”. Malia que a información céntrese na fauna municipal é certo que se profundiza nas consecuencias que ten o cambio climático nestes seres vivos e nos seus ecosistemas, sempre baixo vocabulario sinxelo e intelixible, aportando datos gráficos e respaldados por fontes fiables como o xornal Nature Climate Change.

Como fixemos na entrada anterior, deixamos o link a un cuestionario para ver que tal vai a compresión de contido: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe3RYrjIWfyKK_BbjOmTb31aGCOvxwPdQLdNeUGPQospFdL0g/viewform

Animádevos a facelo!!!

FONTES


Ballena Blanca. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de El Diario: https://www.eldiario.es/ballenablanca/

Comunicación para la sostenibilidad: el cambio climático en los medios. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de Fundación Alternativas: https://www.fundacionalternativas.org/public/storage/sostenibilidad_documentos_archivos/55abfe7309c3646d09ba27cbf0f1dba4.pdf

El análisis del tratamiento informativo del cambio climático. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de IDUS: https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/36883/Pages%20from%20ActasJornadasMediosdeComunicacion-8.pdf;jsessionid

El periodismo ambiental: la mejor forma de concienciar sobre el cambio climático. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de Iberdrola: https://www.iberdrola.com/cultura/periodismo-ambiental

Martín, Laura. (5 de septiembre de 2014). Periodismo ambiental, un aliado para salvar el planeta. Recuperado el 2 de abril de 2020, de Compromiso Empresarial: https://www.compromisoempresarial.com/rsc/2014/09/periodismo-ambiental-un-aliado-para-salvar-el-planeta/

Medios de comunicación y cambio climático. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de DivulgaMeteo: http://www.divulgameteo.es/fotos/meteoroteca/Medios-comunicación-CC.pdf


Natural. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de La Vanguardia: https://www.lavanguardia.com/natural

Planeta futuro. (s.f). Recuperado el 2 de abril de 2020, de El País: https://elpais.com/elpais/planeta_futuro.html

Quinoces, Amaya. (11 de febrero del 2020). Periodismo contra el cambio climático. Recuperado el 2 de abril de 2020, de deia: https://www.deia.eus/vivir-on/cine-y-tv/2020/02/11/periodismo-cambio-climatico/1017336.html

Así mesmo, falamos con María García de la Fuente, directora da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA).

6 comentarios en “Os medios de comunicación e o cambio climático: condeados a entenderse

  1. Creo que non acostumamos moito a ler información sobre a verdadeira magnitude do problema, que supón e vai supor ás futuras xeracións, o “cambio climático”. Agradezo polo tanto que puxérades a nosa disposición os medios dixitais que si que teñen un apartado especial para tratar este tema.
    Quizais vos faltou falar de como é esta presenza noutros medios como son a radio e a tele. Nos medios xeralistas vemos moitos debates sobre política ou sobre calquera que poida ser o “tema do día”, pero a verdade é que nunca cheguei a ver/escoitar en ningún programa unha tertulia ou debate especificamente centrada este tema. Tampouco coñezo a expertos no tema, non me parece que estes se mostren moito nos medios en xeral. Coñecedes algún programa de radio ou tele no que se fale deste tema?
    A cruda realidade, e creo que todos a coñecemos, é que os medios están financiados por empresas, empresas que teñen uns intereses que moitas veces van en contra desta loita contra o cambio climático, por iso creo que non interesa que se coñezan moi a fondo os datos ou as causas e solucións para que iste problema non remate co noso planeta. Polo tanto, como podemos observar, son poucos os xornais que verdadeiramente fan un oco especializado neste problema.
    Sabedes dalgún caso mediático no que algún medio do mundo intentara expoñer ao público o problema que supón algunha empresa ou sector en particular e que o medio sufrise censura ou mesmo tivera que pechar por que perderon publicidade de empresas por mor deste contido? Sería interesante sabelo.
    Por outra banda, déixovos por aquí unha columna de opinión do xornal El País, na que o autor fala da desvirtuación da locución “cambio climático”, que xa non provoca perplexidade na nosa sociedade. El avoga pola introdución de novas fórmulas que estean á altura da magnitude do problema (como xa está a facer no diario británico The Guardian), por exemplo “crisis climática”, “impacto climático”, “emerxencia climática”…
    (https://elpais.com/elpais/2019/09/27/ideas/1569579802_911021.html)

    Gústame

    1. En primeiro lugar, grazas por ler o noso comentario e deixar unha opinión tan positiva sobre o traballo que realizamos.

      En segundo lugar, a túa proposta parece moi acertada. Compartimos o seu punto de vista de que nos faltaba falar deste tipo de contidos noutros medios tradicionais que son radio e televisión. A túa observación é certo que os medios pertencen a empresas que basicamente non apoian a loita polo cambio climático. Por este motivo, é moi difícil falar destes temas nalgúns medios de comunicación, porque “tapan” o que hai detrás da empresa para non danar a súa imaxe no caso de que alguén descubra o que hai detrás.

      En canto á túa pregunta sobre programas de televisión ou radio que conteñen problemas climáticos, cabe destacar que cada vez hai máis. Un exemplo a seguir é o programa Hazte Eco, que é un programa de noticias televisado en Neox, fundado en Compromiso Atresmedia, que tamén ten a súa propia páxina web, onde se suben as últimas noticias sobre ambientalismo. Comezou a ser televisado en 2014, pero nun principio apenas tivo seguimento. Aínda é difícil atopar un programa como o mencionado anteriormente nas canles de televisión, pero estanse a crear seccións web sobre o cambio climático.

      Na radio tamén podemos atopar este tipo de contidos, aínda que non son programas completos, senón pequenos espazos onde se comentan novas ou se entrevistan os convidados que permanecen unidos na nosa loita. Na SER hai un programa exclusivo chamado “Cambio Climático: La última oportunidad” que se emite en directo todos os domingos de 20:00 a 21:00 horas, con especialistas sobre o tema e falando sobre a última hora sobre a loita. contra o cambio climático a nivel nacional e internacional. Los40 tamén quixo unirse á loita, abrindo unha sección dentro do seu espazo web chamado “Los40 contra el cambio climático” con novas que comentan un programa ao longo do día. Como este último, en Ondacero incrementouse este tipo de contido ou achegando expertos ao programa e incluso facendo sesións especiais con escolares falando sobre o que saben sobre a contaminación.

      En canto a casos de medios relacionados con este problema, que supuxeron un problema coa aparición de información oculta ou o desmantelamento dunha empresa, agora non o sabemos. Este tipo de contido elimínase de inmediato de internet e dura na deep web, que, se non o sabes, é case imposible de acceder, sen dicir ilegal.

      Normalmente, cando se produce un acontecemento similar sobre unha violación das leis ambientais, trátase de solucionalo canto antes, e para iso evítanse todo tipo de mala publicidade. En calquera caso, hai empresas como Endesa, que foi a máis contaminante en termos de gases de efecto invernadoiro. Por este motivo, retrocedeu e impuxo novos estándares á empresa, tornándoa respectuosa co medio ambiente, logrando unha boa publicidade e imaxe para o público.

      O artigo recomendado publicado por El País sobre a introdución de novos termos no campo do cambio climático tamén é moi interesante. Cremos que é importante ter coñecemento de todos os cambios e novas propostas, tanto prácticas como léxico-semánticas, sobre o noso ODS.

      En conclusión, grazas polas preguntas que nos fixestes. Agardamos que coa nosa resposta se solucionasen. A maior parte do tema do cambio climático está cuberto na prensa, pero aos poucos nas publicacións nos medios tradicionais van aumentando. Estamos contentos de que vos gustase a nosa entrada. Moitas grazas pola túa atención, ODS Acción polo clima.

      Liked by 1 person

  2. É realmente sorprendente a pouca difusión que ten esta rama especializada do xornalismo en concreto. Eu, polo menos, apenas a coñecía, así que creo que fixestes un traballo moi bo para darlle crédito e poñela ‘no mapa’ por así dicilo.
    Valorando algo mais profundamente, sorprendeume bastante a evolución da preocupación da poboación sobre un tema tan importante coma é o cambio climático, e isto tamén un bo traballo que hai que atribuír a esos medios que mencionades no texto.
    Obviamente, o aumento da preocupación polo tema do cambio climático xunto á apertura do debate sobre esta situación son totalmente normais, xa que os datos que temos non son nin moito menos optimistas.
    Teño un par de preguntas, e para iso quería facer fincapé en primeiro lugar sobre o tema do mal tratamento dos datos nos medios de comunicación, acompañado desa frase tan acertada de María García de la Fuente: Qué outros problemas na difusión dos medios de noticias relacionadas co cambio climático (aparte da falta de adaptación ao lector e a falta de fontes contrastadas) diríades que son as máis importantes?
    En segundo lugar, quedei bastante sorprendido ao ver que se lles da difusión ás ideas das persoas que rexeitan a existencia do cambio climático en diversos medios, así que gustaríame ir máis alá: Podedes poñer algúns exemplos máis concretos?
    Iso é todo, o voso traballo está xenial, compañeiros. Un saúdo!

    Gústame

    1. En primeiro lugar, grazas por avaliar positivamente o traballo realizado para poñer este tipo de información “no mapa” como dixeches. Por suposto, os medios antes mencionados fixeron un bo traballo e podes ver que a poboación está cada vez máis consciente do cambio climático, con datos moi bos.

      En segundo lugar, falando dos problemas da difusión dos medios con novas relacionadas con este tema, cómpre comentar que depende moito de cada punto de comunicación. Se deixamos de lado a falta de adaptación ao lector, porque pode que non estea especializado no tema, e tamén a falta de contraste coas fontes utilizadas para escribir a noticia, quédanos outro factor importante: a falta de control ou sabedoría sobre o tema en cuestión.

      Noutras palabras, o cambio climático é un tema moi complexo cun vocabulario difícil que cambia regularmente. É por iso que as novas a miúdo poden ser copias doutras novas ou moi similares, e poden ter unha impresión inacabada ao lealas. Moitas veces céntranse en dar información, escribir e publicar os feitos, pero non o contextualizan correctamente. É tamén por iso que crea a desinformación que hai sobre algunhas publicacións.

      Tras a solicitude de especificar máis en termos de opinión dos que rexeitan o cambio climático, teña en conta que hai moitos exemplos deste tipo de opinión. Hai un artigo moi curioso en El Independiente baixo o título “¿Quién niega el cambio climático?” que fala sobre o Cumbre del Clima de Madrid, sobre COP 25. Nela apreciase a opinión de Donald Trump, o líder estadounidense, xa que é quen rompeu a unanimidade do Acordo de París en 2012, negando absolutamente emerxencia climática e argumentando que era unha “invención dos chineses” e engadiu que o carbón é un material “limpio e fermoso”.

      Curiosamente, tres anos antes La Vanguardia publicou un artigo tamén sobre COP 21, titulado “¿Quién niega aún el cambio climático?”. Amosa declaracións do líder ruso Vladimir Putin, afirmando a súa posición e dicindo que o medo ao cambio climático é unha fraude, porque sostén que pretende frear o desenvolvemento industrial de países como Rusia. Hai tamén unha sección no artigo que se chama Un tres por ciento de negacionistas, que resalta as contradicións nas opinións dos que rexeitan o cambio climático.

      O ex primeiro ministro José María Aznar tamén se posicionou hai uns meses negando publicamente o cambio climático. Foron recollidos e publicados nun artigo chamado “Aznar niega el cambio climático” do Diario 16 o pasado outubro. Neste artigo tamén se menciona a Global Climate Coalition, que inflúe na percepción pública do cambio climático e o quecemento global.

      Finalmente, tamén vos deixo una reportaxe de El País titulado “Apóstoles del negacionismo”, que reflicte moi ben, ademais do punto de vista de Donald Trump, as opinións dos negacionistas relixiosos. Hai opinións que están baseadas na importancia da Biblia e na creación do mundo, e defenden a emerxencia climática como algo que Deus debe solucionar, que esa é a súa obra, e non é completamente culpa da contaminación do ser humano. Parécenos un artigo moi curioso no que este último está moi especificado.

      Concluíndo, algunhas preguntas moi interesantes que nos fixestes. Espero que coas nosas respostas se resolvan. O cambio climático é un tema moi complicado sobre o que informar, pero hai que amosar opinións diferentes para dar un mínimo contraste e para que os lectores formulen unha opinión máis detallada e mellor construída. Moitas grazas polo teu interese! Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

  3. Bo día compañeirxs!

    O primeiro queríamos felicitarvos dende o grupo de S2B Saúde e Alimentación polo voso traballo. Parécenos que o análise do tratamento dos medios de comunicación sobre o cambio climático é un traballo necesario. Ben é certo que o noso traballo como xornalistas é o de informar, e somos un factor clave para concienciar ás persoas sobre o perigo do cambio climático. Os xornalistas podemos decidir que se fale de certo tema, provocando debates na sociedade a través da información que publiquemos nos medios, e gracias a estes medios é como comezou, o cambio climático, a ser un dos temas principais de tódolos días, pero a pregunta é: está sendo a información tratada correctamente? Ou conta coas fontes necesarias? Non sabemos que creedes vos despois de realizar toda a análise dos medios nacionais.

    Así mesmo, o gran paso que deron os medios ao deixar de publicitar empresas contaminantes e pasar a publicar novas para combater o cambio climático tivo que ser degradante para os medios. Informástesvos sobre algún exemplo en concreto? Gustaríanos saber como afectou tanto á empresa coma ao medio e tamén coñecer cal dos dous saíu máis prexudicado. O País é un deles? Porque como explicástedes o número de mencións sobre o cambio climático aumentou considerablemente nos últimos anos.

    Chama a atención que no caso de Galicia os medios non adoiten falar deste tema. Coñecendo os datos da contaminación na comunidade (grazas a vosa publicación O futuro do clima en Galicia) é preocupante que este tema non teña polo menos unha sección nos xornais máis demandados. Temos datos sobre o gran número de incendios, as fábricas que contaminan na comunidade, o desastre do prestige… hai razóns suficientes para darlle unha notable importancia ao cambio climático concretamente en Galicia. Por que creedes vos que os xornais da comunidade non lle prestan tanta importancia?

    Sería interesante que analizásedes tamén o tratamento deste tema por algún medio internacional. Así poderíamos tamén coñecer as similitudes e diferenzas respecto aos medios nacionais. Sabendo o caso de Donald Trump, é bastante perigoso para a sociedade que unha persoa con tanta relevancia na actualidade negue un aspecto como é o cambio climático. Por que se lle da espazo a este tipo de pensamentos? Búscase xerar debate ante un tema tan prexudicial para todos?

    Por último, como o nosa ODS é saúde e alimentación, queremos compartir con vos un arquivo de El País, onde se fala da gran contaminación da produción de alimentos de orixe animal. Os expertos sosteñen que só unha dieta de base vexetal podería combater os problemas de sustentabilidade do planeta. Esperamos a vosa opinión ao respecto! Link: https://elpais.com/elpais/2018/05/31/ciencia/1527756219_906375.html

    Gústame

    1. Boas tardes, grupo S2B Saúde e Alimentación. Moitas grazas por ler o noso blog e a nosa entrada. Estamos contentos de que fose do voso agrado e que o traballo que fixemos fíxose notar. Como xornalistas, quixemos ocupar este espazo falando dos medios de comunicación polo mesmo motivo, porque falta información sobre o cambio climático e as súas consecuencias.

      Despois de analizar a información e os debates que teñen lugar nos medios de comunicación, chegamos á conclusión de que hoxe en día non hai moito espazo dedicado a esta área. Non obstante, os programas especializados, como os que citamos na entrada, teñen especialistas na materia e son fontes que tratan moi ben a información. Os debates son cada vez máis precisos, nótase que os expertos estiveron ben documentados, non só porque o seu traballo ten que ver co tema, senón porque sempre están á altura.

      En canto aos medios de comunicación que tiveron que deixar de publicitar as empresas contaminantes e aproveitar as empresas favorables ao medio ambiente, dicir que é un tema moi delicado. Cando unha empresa se atopa neste tipo de situacións, ten dúas opcións: o cambiar a empresa mesma e o seu consumo de gases contaminantes; ou elimine a súa publicidade se un medio non o admite. Non obstante, estas cousas non saen á luz. Normalmente fano en segredo e normalmente falan diso entre os medios de comunicación e a empresa para non danar a súa imaxe e chegar a un acordo. Endesa, por exemplo, cambiou a súa forma de producir para ser respectuoso co medio ambiente. Pódese dicir que se adaptou á nova normativa. Deste xeito, evitou posibles polémicas e gañou aínda máis clientes que anos atrás pola súa nova iniciativa e boas campañas publicitarias.

      No caso de Galicia, non é moi habitual ver noticias sobre o clima. É unha comunidade autónoma cun bo clima, pero ao mesmo tempo produce moitos gases contaminantes, aínda que a cantidade reduciuse recentemente grazas ao confinamento e ao aumento do uso do transporte público. Ademais, como dis, hai moitos incendios na comunidade. Realmente non sabemos por que non hai máis presenza nos xornais, pero podería deberse a unha falta de expertos na materia ou xornalistas especializados en clima e contaminación. En calquera caso, hai medios que apostan por este tipo de novas, como El Salto Diario (https://www.elsaltodiario.com/contaminacion).

      A razón pola que non entramos na prensa internacional, ademais da proximidade, é o descoñecemento que temos da situación fóra do noso país. Aínda que hai 155 países que conforman o Acordo de París, non significa que todos leven a cabo as mesmas iniciativas contra o cambio climático e necesitamos moita documentación para facelo. A prensa internacional máis importante sobre esta cuestión é Donald Trump, pola súa posición fronte ao noso ODS, e pola súa opinión e comentarios sobre ela, como pode atopar na resposta que lle demos ao comentario anterior.

      Como noutras cuestións, isto tamén é importante para mostrar as dúas caras da moeda, e o pensamento do presidente americano deu moita revolta en todo isto. En certo xeito podería ser perigoso para a sociedade, pero a maioría dos países do mundo asinaron o Acordo de París, e incluso hai estadounidenses que non comparten as ideas do seu presidente, polo que non hai perigo polo momento. É probable buscar un debate e comparar as consecuencias positivas e negativas que poida haber neste sentido.

      Finalmente, grazas polas novas de El País que compartiches connosco sobre dietas veganas e cambio climático. Ultimamente é un dos temas máis comúns de debate na sociedade. Na nosa opinión, é certo que a produción de alimentos de orixe animal é unha gran porcentaxe dos gases contaminantes emitidos no mundo global. Pero tampouco cremos que a mellor opción sexa centrarse en dietas, como veganas ou vexetarianas. Pode que non estea tan contaminado como nun matadoiro, pero normalmente para plantar legumes, leguminosas ou moitos alimentos non animais, úsanse moitos produtos nocivos para o medio ambiente e para o alimento en si.

      Dito doutro xeito, non creo que tomar unha dieta ou outra sexa tan relevante na produción de gases contaminantes, pero si sei como se obteñen os produtos. Non é o mesmo que as verduras procedan dunha empresa especializada que as cultivou de xeito natural, xa que dunha que aproveita o efecto invernadoiro para obter o máximo, engadindo produtos para acelerar o seu crecemento. Pero de toda a produción de alimentos, a máis contaminante é a gandería industrial, como publicou Greenpeace o ano pasado (https://es.greenpeace.org/es/sala-de-prensa/comunicados/la-ganaderia-industrial-esta-destruyendo-el-planeta/).

      Moitas grazas polas preguntas que nos fixestes. Pareceunos moi curiosas. Agardamos que as resolveramos. Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.