Dende fai dous anos o sector que vive do mar está a sufrir recortes que lles impiden avanzar na súa labor para confrontar a situación actual.
Investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) xa iniciaron unha campaña de protesta. Foi en febreiro cando o Ministerio de Ciencia anunciou que, durante o proceso de trámites, non se poderán sufragar gastos en combustible, víveres e tripulación. Polo tanto, algúns buques quedaron amarrados no porto de Vigo e, os que se atopaban navegando, tiveron que regresar.

A situación non só afecta á paralización dos barcos, senón que tamén ao traballo diario nos laboratorios. O científico do IEO Francisco Rodríguez, afirmaba nunha entrevista para GCiencia:
“Hai series temporais de datos, un dos grandes tesouros que ten o IEO, que se poderían ver interrumpidas, e isto redunda nunha falta de confianza cara a institución que nos prexudica. Levamos moito tempo sendo o principal organismo de asesoramento en investigación mariña para todo o sector pesqueiro en España, e isto está comprometido”.
Actualmente resulta difícil executar medidas efectivas que poidan revertir a situación de xeito inmediato ou total, e tampouco se dispoñen medios para conseguilo. No ano 2018 informouse de que en Galicia existían 74 especies mariñas en perigo de extinción, das cales só se estipulou un programa de recuperación para dúas delas. Neste sentido, o científico Victoriano Ugorri menciona o exemplo do traballo levado a cabo co cóndor en California.
“Fíxose un traballo tremendo con ovos que se criaban en laboratorio. Os investigadores ata lle daban de comer as crías cun brazo que simulaba a cabeza do cóndor. Pero estes son casos contados. Resulta moi complexo tomar medidas. Se houbese especies que estiveran en perigo de extinción pola caza, a solución sería moi sinxela: prohibirlles cazar; pero normalmente todos os procesos de extinción que se están dando son por motivos contaminantes”.
Esta iniciativa que Ugorri nos comenta, solventa os efectos negativos no ecosistema terrestre e mariño, que teñen como principal culpable a contaminación; dende o que apreciamos a simple vista (lixo ciscado nas rúas, nas praias, nos ríos…), pasando polas emisións de gases contaminantes, ata os vertidos de residuos ao mar.
Nos últimos anos a comunidade científica está tratando de atopar solucións aos altos niveis de contaminacións, pero Urgorri Carrasco non o ve tan sinxelo. Para que existise unha solución a esta problemática tería que darse unha concienciación a nivel global, e tendo en conta o desequilibro económico entre os distintos países do mundo, é pouco probable que aconteza.
India, por exemplo, é un país superpoboado e cheo de residuos, xa que é utilizado polos propios países avanzados como un “vertedoiro”. Isto é algo que non debe acontecer.
Outra problemática de difícil control é a superpoboación humana e o consecuente esgotamento de recursos. Actualmente, habitamos a terra máis de sete millóns de persoas e a propia idiosincrasia humana leva a que cada vez exista máis poboación. Victoriano comenta o seguinte ao respecto:
“Se se fai unha análise biolóxica, o homo sapiens na Terra é unha plaga. Se se producira o mesmo cunha especie, estariamos fumigando. Coas persoas dase o efecto contrario: evítase a morte e cada vez o ser humano é máis lonxevo.”
O planeta acabará por adaptarse ao que veña, pero o ser humano non é consciente de que todas as accións que está a levar a cabo xogan na súa contra. Como xa mencionamos, a falta dunha concienciación xeral é un factor determinante para abordar o coidado do medio natural. De pouco serven a tecnoloxías e demais avances se non coidamos o que nos mantén vivos. Probablemente, a especie que resulte máis afectada é o ser humano.
Agradecervos a publicación e difusion dunha realidade que rara vez é mencionada. Trátase dun sector capital para a nosa comunidade e para o mercado en xeral e estanse vendo sometidos a unha situación moi desfavorable. Isto ademáis de provocar un descenso nos medios dos que dispoñen e na calidade do producto e dos servizos, lastra enormemente a un sector que xera moita riqueza e emprego. A pesares disto, xa no 2017, a central sindical CCOO, puxo de manifesto esta problemática alegando a perda dun 30% do poder adquisitivo dende o ano 2010, así como a eliminación das partidas da produtividade. Por outa banda gustaríame que me respostarades a isto, como influíron as medidas tomadas dende Bruselas o pasado ano con respecto ao sector do mar? Xa que estas foron calificadas dende o interior da industria como inxustificables e inaceptables. Esta claro se nin nós mesmos lle damos a importancia que merece, moito menos o farán as altas esferas. Parabéns.
GústameGústame
En primeiro lugar, agradecer o traballo recoñecido por parte do grupo S3C ante a información exposta na publicación. A situación que están a vivir os investigadores é deplorable, recibindo apenas apoio das institucións e atopando cada vez máis trabas á hora de desenvolver o seu traballo, ben sexa por falta de medios ou por erros burocráticos.
No relativo á pregunta plantexada, o sector pesqueiro español criticou as medidas, lamentando entre outras cousas o exceso de controis, tanto á hora de desembarcar como no relativo aos niveis de captura.
No caso galego, a Consellería de Mar asegurou que ditas medidas provocarían a desaparición dunha parte importante da flota pesqueira. En informes de impacto enviados a Bruselas, cífrase en 86 millóns de euros as perdas que tería Galicia soamente aplicando os recortes previstos para a merluza (-20%) e o xurel (-42%), e que sufrirían directamente sobre 3.700 tripulantes.
Neste sentido, o Consello Galego de Pesca expoñía no 2018 un balance de como se estaban a aplicar as normas da PPC e de como proporcinar unha base para fixar os totais admisibles (TAC) e as cuotas para 2019 (https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/contribution-xunta-de-galicia-consultation-on-fishing-opportunities-2019_es.pdf).
Aínda así, a día de hoxe resulta complexo realizar unha análise máis profunda de cómo influíron estas medidas. A crise do coronavirus impactou de xeito incríble no sector, polo que os esforzos agora céntranse en solicitar medidas urxentes e extraordinarias a Bruselas para poder facer fronte á reducción de demanda de pescado, á caída de prezos e ao cese de actividades pesqueiras nalgunhas zonas.
GústameGústame
Unha publicación tan necesaria como interesante. Particularmente gustaríame reparar na idea de que só foi iniciado un programa de recuperación para dúas especies animais mariñas, cando hai máis de 70 en perigo de extinción.
É sorprendente –no sentido máis negativo da palabra- que tendo recursos que destinamos, por exemplo, a manter piscifactorías, non sexamos capaces de poñer en marcha algún plan de preservación destas especies. É difícil de entender, pero o certo é que ten ren unha explicación moi sinxela: en manter intacto un ecosistema non hai negocio.
Ás veces non somos conscientes do que supón a extinción dunha especie animal. É moito máis grave do que pode parecer a simple vista. A desaparición dunha especie ten consecuencias directas; pode provocar a desaparición doutros animais (depredadores naturais) ou a superpoboación doutros (presas naturais). Isto, en poucas palabras, significa un desequilibrio xigantesco no seu ecosistema e, o máis preocupante, é practicamente irreversible.
Na entrada tamén –a través dunha declaración de Victoriano Ugorri- fálase das causas da extinción dalgunhas especies. Porén, eu non separaría as extincións en “causadas polo home” e “non causadas polo home”, senón en causadas “directamente polo home” (a través da caza, por exemplo) ou “indirectamente polo home” (a través da contaminación, destrución de hábitats naturais ou incluso enfermidades derivadas da actuación humana). Calquera cousa que non sexa asumir toda a responsabilidade neste ámbito, baixo o meu punto de vista é un erro. Os mandrís están en perigo de extinción a tala e a agricultura están acabando co seu hábitat e, sen árbores, son presas sumamente fáciles. Os osos polares están a piques porque o efecto invernadoiro –causado por nós, os humanos- está derretendo os polos. Por último, moitos dos peixes que hoxe están en perigo de extinción deben a súa situación á contaminación (unha vez máis, causada por nós).
Baixo o meu punto de vista, aínda non acadamos un punto de “non retorno”. De feito, penso que hai bastante marxe de manobra para encauzar a situación. Pero para iso é necesario concienciar á burocracia e, sobre todo, a nós mesmos.
Moi bo traballo, penso que era necesaria unha publicación deste tipo.
NOTA: Creo que hai un erro no décimo parágrafo (o terceiro polo final). Na Terra -con “T” maiúscula- vivimos algo máis de sete mil millóns de persoas, non sete millóns.
GústameGústame
Primeiramente, agradecer a reflexión achegada sobre a extinción de especies, realmente é un asunto dunha gravidade urxente que, a vista de moitos pasa desapercibido. O dato de que soamente existan plans de recuperación para dúas especies habendo 74 en perigo resulta bastante significativo á hora de valorar a pouca atención que recibe este tema.
Por outra banda, mencionar que actualmente resulta obvio que o ser humano se atopa tras esta problemática, ben sexa a través dun medio ou outro, e que nos últimos 30-40 anos estre poceso se está acelerando dun xeito incríble. Segundo os expertos, trátase da peor extinción masiva de especies en comparación ás xa vividas.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/biodiversa/2019/05/07/datos-revelan-sexta-extincion-masiva-especies-comenzado/0003_201905G7P24991.htm
Neste sentido, na entrevista que realizamos ao biólogo Urgorri Carrasco, afirmaba que baixo o seu punto de vista non existía solución posible ante esta situación. Como ben mencionas, sería necesaria unha concienciación global e non soamente da poboación, se non tamén dos gobernos e dirixentes, e a nivel económico non interesa que isto se leve a cabo.
Aínda así, dende o noso grupo de traballo apelamos e esperamos que algún día poida reverterse a situación e que se leven a cabo plans e accións que contribúan á conservación do medio submariño, posto que é un tema que nos afecta a todos.
GústameGústame