Vivenda digna? Estudantes en pisos de alugueiro en Santiago cóntannos os seus casos

Benvidos de novo! Esta é a segunda parte da nosa nova publicación, onde damos resposta á pregunta de como viven os estudantes na nosa cidade e outras preguntas que fixemos a varios estudantes sobre o estado dos pisos nos que residen durante o curso escolar: Caseiros problemáticos? Prezos abusivos? Vivenda digna? Os estudantes falaron e as respostas son variadas.

ADVERTENCIA: máis abaixo inclúense imaxes que poden resultar incómodas ou ferir sensibilidades. Visionaas baixo a túa responsabilidade.

Testemuño de A.B.B.
Testemuño de Antía.

Segundo un informe sobre impacto turístico dunha consultoría de Barcelona encargado polo grupo municipal Compostela Aberta, a principal causa da suba dos prezos é o cambio de orientación dos alugueres de estudantes cara alugueres turísticos. Para pornos en perspectiva, Santiago de Compostela (despois de Menorca) é a cidade que máis turistas alberga por noite en proporción aos habitantes que viven nela. Segundo os cálculos da Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN), “máis da metade” do parque de pisos dispoñibles na capital “emigrou cara o aluguer turístico” e, dentro deste último grupo, existe “unha parte moi maioritaria en situación irregular”.

Testemuño de Alberto.

O motivo da suba do alugueiro, explican as inmobiliarias, é que hai demasiada demanda e a carteira de vivendas en aluguer para os estudantes viuse minguada: «Normalmente a campaña de procura de pisos entre os estudantes ía dende maio ata finais de agosto. En 2019, a día 5 de xullo, xa non quedaba nin un só dispoñible dos 200 que tiñamos en carteira», apuntan os traballadores da Inmobiliaria Fonseca. En declaracións a ABC, Xosé Sánchez Bugallo, actual alcalde da cidade de Santiago, apostaba polo control da situación da vivenda: «Hai unha ameaza directa. A zona vella non pode quedar convertida nunha residencia turística ampliada. Hai que protexer aos seus residentes. Ten que haber hoteis e pisos turísticos, o que debe estar é limitado. O uso principal da cidade é que vivan os seus cidadáns nela».

Testemuño de C.C.C.

Outra cuestión a ter en conta é a cantidade de edificios baleiros na cidade de Compostela. A cantidade de vivendas baleiras é de 9.512, que en comparación coa cantidade de vivenda que ten 56.176, é dicir, un 16.93% da vivenda, é unha cantidade moi importante. Baixo o informe da asociación AGALIN, a maioría destes inmobles pertencen a bancos e fondos voitres que están a espera da revalorización do solo.

Unha nube de palabras cos termos máis usados polas nosas testemuñas. Moitas problemáticas en común… Fonte: Elaboración propia.

Non te olvides de seguirnos nas redes sociais do Observatorio, e de deixar as túas opinións ao respecto, ou incluso a tua historia. Se queres coñecer máis historias similares a estas, entra na páxina de Instagram de Querido Caseiro. Tratáse dun perfil no que se colectivizan as malas experiencias dos estudantes nos seus anos universitarios, tanto en Santiago de Compostela como noutras cidades universitarias galegas. Esperamos as vosas interaccións!

5 comentarios en “Vivenda digna? Estudantes en pisos de alugueiro en Santiago cóntannos os seus casos

  1. Neste artigo vense perfectamente reflexadas moitas das situacións nas que, mais veces das que se pensa, vense envoltos os estudantes santiagueses. Téndese a catalogar aos xóvenes de sucios ou descoidados no manteñemento dos seus fogares polo que as aportacións das testemuñas e as achegas gráficas como comprobante destas condicións son vitais para dar credibilidade a unha realidade silenciada. Situacións extremas coma a das ratas adoitan ser tildadas de surrealistas ou esaxeradas cando a realidade reflicte que non responden a episodios illados xa que o realmente exepcional é atopar estudantes conformes cas súas vivendas.
    Outra das condicións habituais que tende a normalizarse é a de cobrar en negro ou a inexistencia dunha dixitalización na recopilación dos pagos por parte dos caseiros e as inmobiliariais, o que deixa nunha situación de desprotección aos inquilinos: Facturas que se perden, contas feitas a man de dudosa precisión, recibos que carecen de utilidade…Toda unha serie de transaccións que desembocan na típica frase de “ É a miña palabra contra a túa “ algo que non tende a rematar moi ben para o estudante.
    Dende o #SE1TraballoDecente esforzámonos por sacar á luz as condicións laboráis denigrantes que teñen que acatar moitos dos estudantes para poder continuar facendo frente a un aluguer abusivo. Atopámonos nun círculo vicioso no que canto máis suben os prezos de pisos inhabitables, en condicións máis escravas e precarias se traballa.
    Pagar máis, aguantar máis, calar máis… Ata canto vai durar isto?

    – Moi bo traballo!

    Gústame

  2. En primeiro lugar, moitas grazas Cristina!

    En segundo lugar e na liña do que ti comentas, a realización deste traballo de recolleita de testemuñas, persoalmente, deume para ver como a problemática é común a todos e todas e de ningún xeito son casos illados. Todos os estudantes aos que preguntamos coincidían nun punto: sempre hai un pero. Estes casos tan só son algúns dos que temos coñecemento, mais xa hai contas como Querido Caseiro que recollen experiencias que, en moitas ocasións, semellan surrealistas, pero que non deixan de ser certas. Unha realidade bastante preocupante e ampla que daría para facer máis de dous posts…
    Ademais, non é só que non se conte con vivendas dignas senón que son os caseiros os que moitas veces tachan aos propios estudantes de descoidados cando a eles corresponden as enmendas que haxa que realizar no piso e que na maior parte das veces, non son provocadas polos estudantes.

    Con respecto a cuestión de cobrar en negro, é outras das prácticas máis comúns. Cómpre pórlle fin porque pode dar lugar a abusos ou chantaxes por parte dos caseiros, pois xa non é o primeiro caso. Ao final, quen sae perdendo sempre é o inquilino, e cada testemuña que se recolle reafírmao. Cabe destacar tamén que o 80% dos pisos turísticos (aqueles que están a aumentar o prezo do alugueiro para as estudantes) na capital de Galicia son ilegais, co cal é un mercado o suficientemente masivo para que exista a necesidade de intervir e regulalo.

    Parabéns tamén polo voso traballo, consideramos dende #S2DReduciónDasDesigualdades que a precariedade laboral á que teñen que facer fronte moitas estudantes para seguir habitando pisos nestas condicións merece ser denunciada socialmente.

    Gústame

  3. Boas de novo, estamos totalmente de acordo coas vosas respostas, e sorpréndenos negativamente coñecer ese índice do 80% de pisos ilegais que apuntades. É unha vergoña.
    Ca nova actualidade, xórdenos moitas dúbidas sobre a posición na que quedarán os estudantes respecto aos seus alugueres. Sabemos que case o 80% voltaron aos seus fogares coa intención de regresar a Santiago en dúas semanas deixando atrás apuntes, roupa e o máis perigoso: comida. Tres meses despois os pisos están sucios e moitos alimentos podres así que lles toca limpar. O preocupante é que xa se coñecen casos nos que os caseiros aproveitan esta ausencia excepcional e o seu consecuente mantemento para retirarlles as fianzas.
    Diferentes medios falan da “comprensión” dos caseiros que permiten que os estudantes rescindan os contratos canto volten a recoller as súas cousas, pero sería interesante coñecer cantos deles foron inflexibles co pago duns meses nos que os únicos inquilinos eran os obxectos persoais dos estudantes. Por outro lado, desde as residencias santiaguesas tamén emanan as críticas polos desaloxos das habitacións e o almacenamento das súas cousas en caixas.
    Con todo, hoxe en día, a maior preocupación para os mozos e mozas é o pago das facturas destes últimos meses na espera de que se decrete o brote do Covid-19 como “acto de forza maior” referido aos pagos de alugueres. Mentras tanto, o acordó co arrendador parece a “única saida” para evitar emprender accións legais contra os propietarios.
    Dende o #SE1Traballodecente gustaríanos coñecer a vosa opinión ao respecto e animarvos a seguir investigando sobre temas tan salientables no contexto actual.

    Gústame

  4. Boas de novo, Cristina!
    Grazas por abrir este “melón” tan necesario e importante sobre o que debater. Este tema non foi tratado por nós nun post íntegro, mais é certo que podería telo sido por ser unha cuestión preocupante nestes momentos. Con todo, para as nosas últimas publicacións si que foi unha cuestión que preguntamos as testemuñas. Hai opinións de diversa índole pero, en xeral, a tendencia é a cobrar estes meses, “perdoando” o mes de marzo, comezo do Estado de Alarma. Dentro desta amalgama de posibles casos, sempre os hai bos, claro. Mais deixa moito que desexar que siga habendo unha meirande parte de caseiros/residencias que consideren apropiado cobrar o aluguer. Non só porque as estudantes non esten actualmente habitando esas vivendas, senón por simple solidariedade.
    De feito, houbo unha reacción social contra o pago do aluguer a persoas afectadas pola crise económica xerada pola pandemia: a folga de alugueres convocada por Plan de Choque Social o 1 de abril. Ademais, tamén existen organizacións estudantís que se mobilizaron contra isto. ANEGA lanzou unha campaña co lema “Se non estudamos, non pagamos!” na que recompilan dereitos de inquilinos e ofrecen mediación nos conflitos con caseiros ou inmobiliarias. Todo isto demostra que a problemática é real e que existe unha presión social para que as cousas se fagan de forma xusta, o cal é un bo comezo na consecución de medidas xustas.

    Dende #S2DReduciónDasDesigualdades condenámonos calquera tipo de pagamento que vaia en detrimento dos dereitos das estudantes como inquilinas e, malia que non se publique propiamente no blog, seguiremos informándonos, formándonos e investigando a nivel persoal.

    Gústame

  5. Dende o #SE1TraballoDecente queremos felicitarvos polo voso compromiso durante as interaccións e darvos a noraboa polo excelente tratamento da información nesta temática chea de controversias, sempre baixo a aportación de fontes de calidade que reafirman o traballo que hai detrás e difunden dende a denuncia tantas voces silenciadas. ´
    Tamén queremos agradecer a rapidez e comprensión á hora de resolver as nosas dúbidas e amosarnos o traballo de organizacións estudiantís como ANEGA. Dentro de todo este caos, é tranquilizador saber que estades a facer un seguimento tan fiel e actualizado do tema en cuestión.
    Respecto aos pagos, ben sabemos que nunha crise sen precedentes como a actual o futuro da xurisprudencia é incerto e agardamos que ca vindeira entrada na fase 3 se esclarezan as doutrinas legais que permitan aos estudantes chegar a acordos dignos.
    Deixamos por aquí un par de artigos interesantes como a iniciativa dun mozo coruñés na creación dunha páxina web para buscar piso cun aluguer xusto.
    https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/un-joven-crea-una-pagina-web-para-buscar-piso-en-a-coruna-con-un-alquiler-justo
    Por outro lado, achegamos as útimas novidades da letra pequena do novo ingreso mínimo vital publicado polo Boletín Oficial do Estado o primeiro de Xuño.
    https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2020/06/01/funcionara-ingreso-minimo-vital-claves-ayuda-boe/00031590994809879421508.htm

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.