Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez

A nosa segunda protagonista das expertas en dietas e alimentacións vexetarianas e veganas que traemos ó Observatorio é Miriam Martínez Biarge.

Miriam é unha médico pediatra madrileña que ademais de trabllar como neonatóloga, se adica á divulgación de información relativa ás alimentacións veganas e vexetarianas entre os máis pequenos. Forma parte do Comité Asesor do Grupo de Profesionais Veganos de Reino Unido, unha organización de profesionais sanitarios, que se adican a estudar os beneficios das dietas vexetais na saúde. 

Destaca tamén polas súas publicacións no seu blog, Mi pediatra vegetariano.

Páxina web Mi pediatra vegetariano

A finalidade principal de Miriam Martínez é concedernos información verídica sobre as dietas vexetarianas e veganas. Como o propio nome do blog indica, fai énfase nos máis pequenos. A través desta entrevista, temos a oportunidade de coñecer mellor os obxectivos que busca cumprir Miriam con mipediatravegetariano. “El propósito de este blog es proporcionar información nutricional rigurosa, científicamente contrastada, sobre la alimentación vegetariana y vegana, con un foco especial en la infancia. La idea era proporcionar apoyo y facilitar información a familias a las que su pediatra o médico de cabecera no podía, por falta de información en este tema, aconsejar adecuadamente. El principal receptor son las familias vegetarianas y veganas, pero también interesa a personas adultas y a muchos profesionales sanitarios”, cóntanos. 

Miriam é unha vegana convencida. Comezou a practicar este tipo de alimentación por motivos éticos. Todos os artigos que escribe no blog son da súa autoría, non acepta colaboracións con ningunha empresa, pois o obxectivo é garantir unha información independente. Esta información está sempre contrastada, e segundo comentou, “cada vez más organismos internacionales y asociaciones científicas recomiendan que nuestra alimentación sea predominantemente vegetal. Que al menos entre el 75% y el 80% de nuestra alimentación sea vegetal.El plato saludable promovido por la universidad de Harvard recomienda que al menos la mitad de nuestra alimentación sean verduras y frutas, lo fundamental de nuestra dieta.”

Para ela as dietas veganas e vexetarianas deben estar ben planificadas e equilibradas e asegura que isto só se pode conseguir “comiendo todos los días una gran abundancia de frutas, hortalizas, verduras, cereales integrales y una pequeña cantidad de alimentos ricos en proteínas, principalmente legumbres, frutos secos y semillas.” Ademais resalta a importancia de contar cunha fonte de vitamina B12, que de non ser así deberá ser substituída por suplementos.

A médica pediatra compara as dietas veganas e vexetarianas cos tipos de alimentacións que inclúen carne: “Las legumbres son como la carne en las dietas vegana y vegetariana, son la mayor fuente de proteínas”. Miriam aconsella ás persoas que incorporan no seu réxime alimenticio carnes, seguir unha alimetación moi similar a das dietas veganas e vexetarianas no resto de comidas. 

Tamén resaltou que este tipo de dietas son apropiadas para todos os tramos de idade, “las dietas vegetarianas y veganas bien planificadas son adecuadas en todas las etapas de la vida, incluyendo bebés y niños pequeños, así como durante el embarazo y la lactancia.” 

Ademais confésanos a súa opinión acerca do tratamento destes réximes alimenticios nos medios e asegura que: “a los medios les interesan, aunque con excepciones, el amarillismo, las noticias sobre anécdotas, cuanto más peculiares mejor. Que sean fáciles y rápidas de leer y llamen mucho la atención o que generen controversia. Es difícil encontrar un trato objetivo y riguroso hacia este tema, que no esté contaminado por los prejuicios o ideología del que escribe”. Aínda que o proxecto naceu no ano 2014, Miriam cóntanos que: las redes sociales han facilitado mucho el proceso de divulgación. El problema principal ahora es el “exceso” de información y la dificultad para distinguir a veces información fiable de la que no lo es.”


Ata aquí a serie de publicacións na que nos introducimos un pouco máis neste mundo falando, neste caso, coas expertas na dieta.

7 comentarios en “Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez

  1. O artigo está moi ben! É moi interesante o que di a pediatra Miriam Martinez, especialmente porque di que as dietas veganas / vexetarianas son válidas tanto para nenos como para adultos. Sobre isto houbo debate recentemente porque intentaron implantar menús vexetarianos nas escolas. Non obstante, a XUNTA descartouno porque dixo que non poden poñer diferentes menús entre nenos ou entre colexios porque rompería a igualdade que buscan nos comedores escolares. (Máis información) Quería preguntarvos que pensades: serían mellores os menús vexetarianos? tradicionais? ou poder escoller?
    En calquera caso, todos os expertos coinciden en que estas dietas deben estar moi ben planificadas, porque se non, poden poñer en risco a saúde. Aquí tedes outro artigo que fala sobre a viabilidade do vexetarismo en nenos e adolescentes.
    Agardo a vosa resposta e ata a próxima vez!

    Gústame

    1. Boas Lydia!
      O primeiro moitas grazas por leer o noso arquivo. Alégramonos de que che resulte interesante.
      Respondendo a túa pregunta e en base ás informacións que nos aportaron diversos profesionais expertos na materia, cremos que os centros educativos deberían ofrecer a opción dun menú vegano/vexetariano nos comedores escolares. Como xa aclaramos na nosa publicación, na actualidade tan só se ofrece esta alternativa en comedores escolares do País Vasco, mentres que no resto de España a regulación non contempla esta opción. Dependerá de cada centro específico se decide incluír a opción vegana/vexetariana entre a súa oferta.
      Espero que resolvésemos as túas dúbidas. Calquera outra dúbida que teñas podes cosultárnola! 🙂
      Un saúdo!

      Gústame

      1. Ola, grazas por contestar. Sobre o que me dixeches antes e o artigo teño algunha dúbida máis.
        Segundo a pediatra, cada vez máis organismos internacionais apoian que debamos ter unha alimentación máis baseada no vexetal (entre o 75 e 80%). Nós tratamos o tema de Produción e Consumo Responsable, centrado na alimentación. Credes que, á parte de ser mellor para a saúde, será tamén mellor para o medioambiente cambiar a unha alimentación vexetal? Ademais, considerades que é necesario que a nosa alimentación, ademais de ser vexetal sexa tamén ecolóxica?

        Grazas 🙂

        Gústame

        1. Bo día Lydia!
          Estamos encantados de resolver as túas dúbidas.
          Respecto ás túas preguntas, a nosa última actividade -xa dispoñible no blog- trata estes aspectos, centrámonos nos efectos que teñen as dietas veganas e vexetarianas no medioambiente, na saúde e na economía. Estas dietas son moi beneficiosas para o medioambiente, se todo o mundo decidira levar a cabo unha dieta vexetariana, as emisións de gases efecto invernadoiro e o proceso de producción de comida diminuiría ata un 63%, unha porcentaxe moi alta!! Ademáis, se todos se fixeran veganos reduciríase o consumo mundial de auga nun 20%. Máis datos coma estes podes atopalos na derradeira publicación, onde podes comprobar cantos coñecementos adquiriches a través da realización dun test que atoparás na misma publicación.
          Calqueira outra dúbida que teñas nós tentarémola resolver.
          Un saúdo! 🙂

          Gústame

          1. Ademáis, si que pensamos que a nosa alimentación ten que ser ecolóxica xa que diminuiriamos de forma considerable os efectos adversos para o medio ambiente. É moi sinxelo realizar una alimentación ecolóxica cando estamos seguindo un réxime vegano ou vexetariano porque xa nos estamos privando de grandes productos contaminantes. Se somos capaces de coidar a nosa saúde tamén seremos capaces de coidar o noso entorno, só hai que poñer un pouco da nosa parte. O medioambiente nolo agradecerá!

            Gústame

  2. Aínda que a entrevista si que os ofrece moita información sobre a labor de Miriam e sobre o estilo de vida vegano, sí que sería interesante introducir algún testimonio real acerca de por que elixen ese modo de vida e por que cren que é beneficioso para a saúde. Ademais, tamén se podería contar con algunha opinión doutro profesional na materia que confronte o que a pediatra está a afirmar para contrastar o seu punto de vista. Ao mesmo tempo, tamén sería interesante a inclusión da comparación cos adultos, xa que pode ter diferenzas contrastables con respecto ás dietas en menores e o impacto deste estilo de vida neles.

    Con respecto a isto, xurdíronnos unha serie de dúbidas que nos gustaría comentarvos:

    Coñecedes algunha experiencia dalgún pai que faga que os seus fillos sigan este tipo de dieta e relacionada co que vos contou Miriam?

    Afirmades que a dieta vegana é boa. É a opinión da profesional, ou está contrastado? E que puntos negativos ten a dieta vegana?

    Segundo varios medios, en países como Italia ou España existía unha certa desinformación sobre o tema, sabedes se por parte do sistema sanitario español existen campañas suficientes sobre este estilo de vida que informen aos proxenitores pero tamén aos sanitarios?

    Ademais do testimonio da pediatra Miriam Martínez, contades con datos doutros estudos elaborados por profesionais da alimentación e a saúde?

    Moitas grazas polo voso tempo, e un saúdo!

    Gústame

    1. Boas Diego! O mundo vegano/vexetariano posúe moitas vertentes e como ves, tamén moitos puntos de vista. Vendo as dúbidas que vos xurdiron ó respecto, tentaremos ir respondendo cada pregunta para que non se nos esqueza ningunha.

      As experiencias persoais tamén formaron parte das nosas publicacións. Despois deste post, podedes atopar outro titulado: “O día a día dunha familia vegana”. Rocío e Pablo son os pais de dúas nenas: Antía e Navia. Na conversa mantida con elas, relatáronnos a súa experiencia coma familia veggie. Xa antes de ter as súas fillas, decidiran que as pequenas, tamén ían ser veganas. Loitan activamente por unha educación antiespecista e que oferte menús veganos nos comedores escolares. Incluso esta familia está relacionada con Miriam, pois todas se consideran lectoras do seu blog: Mi pediatra vegetariano. Se queredes coñecer máis información sobre esta familia e o seu estilo de vida, invitámosvos a leer a publicación!

      Nestas publicacións, nós expoñemos os coñecementos das nosas expertas e as súas opinións, as afirmacións que recollemos son delas. De feito, na anterior publicación (Entrevista á nutricionista Susana Rodríguez) a nosa protagonista di que non é mellor unha dieta que outra, a base é que estea planificada con cautela. Nesta entrada a propia Miriam di que se teñen que ter en conta suplementos como a vitamina B12 para que sexa completa. Pois certamente, afírmase que no caso deste tipo de dietas son necesarios uns suplementos que cubran certos elementos que só están presentes en productos de orixe animal. Por iso se insiste en que o parámetro para tildar unha dieta de boa ou mala é a súa planificación e equilibrio, non se é omnívora ou vegana/vexetariana.

      Por parte do sistema sanitario español non temos constancia de que existan campañas de información como tal. O caso de Miriam é o caso dunha sanitaria que difunde información ó respecto, mais faino a título persoal. Polas conversas que tivemos con diferentes seguidoras destas dietas a maior parte da información adquírena polas súas propias buscas a través da rede e consultando a profesionais particulares. De feito, na enquisa inicial que realizamos cando comezamos a traballar neste tema, destacaban a falta de información existente sobre estas tendencias.

      A nivel sanitario fanse estudos con certa frecuencia sobre temas relacionados co veganismo e é certo que algúns póñeno en entredito. Sobre todo de tratarse de unha opción para os máis pequenos. No seguinte enderezo, mostramos un exemplo de publicación sobre este tema. Neste caso, trátase dun informe publicado pola Academia de mediciña de Bélxica, que alerta dos perigos deste tipo de dietas entre os rapaces e rapazas que aínda se atopan en fase de crecemento: https://elpais.com/sociedad/2019/05/17/actualidad/1558108542_524063.html
      En contraposición temos a opinión de Miriam. O seu punto de vista é o dunha profesional do Grupo de profesionais sanitarios veganos de Reino Unido, quenes contan á súa vez co apoio da Asociación de Nutricionistas de Estados Unidos. En ambos casos coinciden nos beneficios que unha dieta vexetal pode aportar ós seres humanos.
      Como vedes, hai moitos estudos sobre o tema e entre toda a información que se consegue, cada un resalta o dato que considera máis salientable. Como xa referimos anteriormente, nos plasmamos a opinión das nosas colaboradoras. Eso sí, sempre cunha base e sabendo que existen puntos de vista diversos. Todo ten pros e contras e dependerá de cada quen decidir a que lle outorga máis valor ou importancia.

      Agardamos que a resposta vos axudase a resolver as vosas dúbidas. Encantadas de lervos. Saúdos!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.