Rural, educación e confinamento

Eva Rodríguez Argiz

A crise do coronavirus está a provocar un cambio de mentalidade, actos, formas de vida… Esta mudanza tamén se estende á educación, de maneira que os centros de ensino están desenvolvendo novos xeitos de continuar co ensino dende a casa.

De novo, o rural está xogando un papel diferenciado en canto á educación telemática. Por unha banda, a conexión a Internet en certas zonas non permite aos estudantes conectarse ás clases nin acceder a moitos contidos en liña. Aínda que se oferten axudas, esta situación non pode solucionarse. 

Ademais disto, hai que engadir a importancia do factor humano desta situación que afecta a todos os estudantes no rural. O confinamento leva unhas consecuencias psicolóxicas inevitables que non permiten manter o mesmo ritmo de traballo ou de estudo. Ademais, a situación en cada fogar pode variar moito, dende ter familiares enfermos ata as familias que xa empezan a sufrir as consecuencias económicas da vindeira crise.

Porén, ese papel diferenciador do rural tamén se estende a un punto de vista máis negativo. As actividades do campo poden continuar na súa precisa marcha, e as características da vivenda rural, con grandes terreos, poden facer que o confinamento sexa máis levadío.

Tende a considerarse que no rural hai menos perigo de contaxiarse, e por iso moitos volven a esas segundas residencias en zonas menos poboadas, procurando evitar o contaxio. Tamén en situación de confinamento vemos como a nosa concepción sobre o rural está a mudar.

Temos a sorte, ademáis, de estar a tecer unha rede de solidaridade que, sen dúbida, é a mellor manifestación do que son o conxunto dos obxectivos que defendemos dende este observatorio: comunicación interpersoal e comunitaria.

É importante destacar o dobre esforzo que se está a facer. Por unha banda, o profesorado adaptándose á situación, procurando os medios para continuar coa ensinanza do xeito máis adecuado. Pola súa parte o alumnado procura seguir cumprindo co ritmo de traballo mesmo por enriba das súas posibilidades.

Unha boa parte do estudantado xa demanda solucións. As asociacións e sindicatos consideran que non nos atopamos nun momento cómodo e por iso temos que coidar o noso estado emocional e comprender quenon é momento de procurar que a educación continue como se nada

Para rematar, citamos aquí varias iniciativas no eido da educación, para continuar coa aprendizaxe do alumnado:

  • Aulas Galegas
  • Familyon.es. Orange ofrece unha plataforma de xogos educativos orientados ao público infantil.
  • Squid e Paper. Para Android e iOS respectivamente. Son dúas aplicacións móbiles adicadas á toma de apuntamentos.

2 comentarios en “Rural, educación e confinamento

  1. Moi bo comentario chicas!
    Estou completamente de acordo en que a situación é a que é e que o ritmo de traballo e incluso a calidade deste pode diminuír moitísimo.
    A solución por excelencia foi seguir co ensino dunha maneira telemática, o que fai que, como vós dicides, moitos alumnos que residen no rural non poidan acceder aos contidos debido a unha mala conexión a rede. Por outra banda, desde logo, está a situación persoal de cada alumno e como esté a levar esta situación, o que tampouco se ten moito en conta.
    Creo que ata aquí estamos de acordo, pero a min o complexo paréceme atopar outra solución común ante esta situación. Concordamos en que a vía telemática deu moitos problemas, sobre todo por falta de conexión ou mesmo porque as plataformas habilitadas para o alumnado non son as adecuadas. Mais entón creedes que se podería atopar outra solución? Porque está claro que por exemplo en primaria e secundaria non pasaría nada por perder uns meses, xa que os contidos repítense ao longo dos anos e os alumnos non perderían contidos, pero que ocorre cos alumnos de bacharelato que necesitan boas notas para acceder a un grado ou a unha titulación universitaria? Cal sería a solución para estes alumnos? Ou mesmo para alumnos titulados nun ciclo medio/superior ou nun grado universitario. Alumnos que perden case unha asignatura enteira ou gran parte dela. Non se pode permitir perder tantos contidos, e recuperalos todos no seguinte curso suporía unha carga excesiva de contidos e temario.
    Está claro que os contidos non van a ser entendidos nin asimilados da mesma maneira, pero o modelo educativo por desgraza é así e non podes cambiar todo o sistema educativo dun país nuns meses. Fronte a esta situación non pensades que se optou pola opción menos mala?
    Un saúdo!

    Gústame

    1. Ola, Andrea! Grazas polas túas preguntas.

      O goberno fixo o que puido para manter o curso funcionando, cos métodos dos que dispoñían. E se buscou seguir impartindo contidos. Pero o nivel excepcional das circunstancias era algo para o que os medios educativos non estaban preparados. A implantación das clases online é unha boa idea na teoría, pero, na realidade, remata por ignorar que hai moitas persoas con escaseza de recursos, ou en zonas rurais, ás que a conexión apenas chega. A situación sería ideal se supoñemos que todo o mundo está en igualdade de condicións; pero, por desgracia, non é o caso.
      https://www.lagacetadesalamanca.es/salamanca/universitarios-desconectados-de-la-ensenanza-online-en-tiempos-del-coronavirus-FN2861315

      Como dis, para cursos de primaria ou secundaria este curso non afectará tanto ao conxunto da educación, pero si a aqueles que estean en ensinos superiores. Ten que admitirse a falta de previsión e a ausencia de outros plans para complementar a educación. Nas condicións nas que nos atopamos, efectivamente, está facéndose o que se pode – manter o ensino para que o tempo non estea malgastado. Pero quizais, en vista do enorme peso que ten a educación, debería invertirse máis tempo en completala, en axudar ás persoas que teñan carencias, e facela accesible para todos. Sobre todo no aspecto público: unha ensinanza que dependa do Estado debería estar sustentada por el, e buscar a equidade do conxunto. Non amosar as diferenzas en momentos tan cruciais coma este.
      Este artigo explora unha maneira de ensinar coas clases en liña. https://www.lavanguardia.com/participacion/cartas/20200404/48283729781/debate-modelo-educativo-presencial-a-distancia-virtual-pandemia-covid-19.html

      De todos modos, as secuelas que quedarán despois da pandemia tardarán en solucionarse, e todos os sectores se verán afectados. O mundo vai ser diferente – e, como sociedade, debemos corrixir aquilo que xa vemos que non funciona e adaptarnos á nova existencia.

      Moitas grazas e un saúdo.

      S1C Educación

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.