O positivo e o negativo da educación no rural

Os protagonistas da educación no rural poden desenvolver tres papeis fundamentais: alumnos, docentes ou pais e nais de alumnos. Cada un deles ve a experiencia de estudar no rural dende as súas circunstancias e a súa perspectiva, cos seus pros e cos seus contras.

No seguinte vídeo presentamos a opinión de catro colaboradores, que representarán estes papeis: Sandra Pérez (ex alumna) David González e Conchi Casas (profesores), Ana Feijoo (nai de alumnos). Cada un deles resúmenos os aspectos máis positivos e negativos que destacan da educación no rural.

Os profesores resaltan distintos aspectos: o baixo ratio de alumnado, o mellor comportamento respecto do urbano ou a mala conexión a Internet. Pero para ambos o balance é positivo: as clases non se masifican e a calidade de ensino é maior.

Sandra Pérez, antiga alumna, exalta o transversal e personalizado do ensino no rural e menciona o prexuízo que se ten sobre estes colexios, véndoos como abandonados ou faltos de recursos. Ningunha destas desvantaxes supera ás virtudes deste tipo de educación, que todas as testemuñas comparten como moi positiva.

Por último, como nai, Ana Feijóo fala de ensinanzas de gran calidade “en todos os ámbitos da vida” e da sensación de familia que nace nestas aulas. O único obstáculo que atopa é a necesidade de desprazarse en coche para actividades extraescolares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.