Especialmente durante o período de corentena é imprescindible descansar da carga de traballo da universidade para adicar o noso tempo libre ás nosas afeccións: ver series, ler, escoitar música (e tamén tocala) ou incluso participar en debates. Estas son varias das actividades coas que moitas das nosas compañeiras de clase se entreteñen nas súas casas. E, aínda confinadas, algunhas manteñen unha actitude optimista e esperanzadora, polo que aproveitan para mandar unha mensaxe de ánimo.
Este vídeo (dispoñible non só en Instagram, senón tamén en Twitter e Facebook) é parte dun traballo comunitario que pretende poñer luz e visibilizar cal é situación do estudantado durante a corentena. A partir das testemuñas que moitas das nosas compañeiras de aulas nos enviaron, naceu un vídeo (pronto dispoñible na nosa canle de YouTube) que, ademais de como aproveitan o seu tempo libre, amosa a sensación de incertidume presente nelas e as distintas circunstancias ás que deu lugar o confinamento.
Grazas pola sia aparición neste vídeo a Aldara Diéguez, Marco Pereira, Paula Arrojo, Nagore Acuña, María Abril, Lucía Ortigueira, Xavier Collazo, Silvia Caeiro, Pablo Marín, Samuel Pérez, Diego Losada, Sara Fernández, Paula Currás e Nicolás Pose.