Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible buscan terminar con todas as formas de fame e desnutrición. Esta tarefa implica promover prácticas agrícolas sostibles para a produción de alimentos. Sen embargo, se esta produción non chega a todas as mans necesarias, seguiríamos a falar de situacións de pobreza alimentaria. Non só é importante quen produce alimentos, tamén é indispensable quen os fai chegar a aqueles que o necesitan. Neste punto, o papel de institucións como os comedores sociais e outras asociacións caritativas é vital para mellor a situación que se está a vivir.

En Santiago de Compostela existe unha institución benéfica de carácter privado, a cocina económica de Santiago de Compostela. Creouse co obxecto de favorecer ou axudar a persoas con poucos recursos proporcionándolle alimentación nutritiva, sa e barata, a todos os que a necesiten, a mínimos prezos e dando educación e instrución a un sinnúmero de persoas que alí concorren.

Comedor da Cociña Económica de Santiago: Fotografía da Archidiócese de Santiago de Compostela

Dende o grupo de Fame Cero tivemos a oportunidade de falar con sor Alicia Lourido, directora do comedor. Ela comezou mencionando a historia da institución en Santiago de Compostela. Foi no ano 1891 cando se comezaron a servir comidas como resposta as grandes fames que houbo na época. Agora na actualidade, dinos Alicia que “a xente con poucos recursos no comedor atópase cunhas necesidades básicas cubertas. O que cambiou cos anos foi o perfil das persoas atendidas pola asociación. Mentres que nun principio eran maioritariamente errantes os que acudían, dende o estalido da crise acude á comer a cociña económica xente de toda índole”.

Os motivos polos que a xente se ve obrigada a ir a un comedor social responden ao paro e a desestructuración familiar. Segundo nos di, sobre unhas 140 persoas van de maneira regular durante todo o ano a polas comidas, mentres que a xente que vai de maneira máis intermitente soe variar en función da tempada. Nos últimos meses o número de persoas que acudiron ao comedor estivo entre as 160. Sen embargo, dende que comezou a cuarentena polo COVID-19 o número de persoas que asisten están entre os 210 e os 230. Tamén nos di Alicia que moitas destas persoas que agora recorren ao servizo “ son xente que viviu ben co seu propio negocio, que tiveron unha vida estable e que teñen unha cultura media-alta”. Mentres tanto, a media de idade ronda os 50 anos e son na súa maioría varóns.

A Cociña Económica conta cunha plantilla de 50 voluntarios e todos eles fan exercicio de solidariedade sen obter ningunha remuneración a cambio. Entregan comidas de luns a domingo, tamén os días festivos, pechando  unicamente durante o mes de agosto por descanso do persoal, facéndose cargo Cáritas do servizo durante ese mes. O resto do ano ofrécense as tres comidas, salvo os domingos e festivos que non se serven ceas. Todos os menús ofrecidos están visados por un  nutricionista.

Sen embargo, non só estamos falando dun comedor social que ofrece alimentos. Tamén contan cun centro de día que traballa na reinserción social. A experiencia aquí é moi positiva, tal e como nos di Alicia: “hai persoas que logran atopar traballo e que logo, sen necesidade, síntense agradecidas á cociña, e colaboran de maneira totalmente desinteresada connosco”.

Nos últimos días deuse un positivo por coronavirus confirmado nunha das relixiosas que forma parte do persoal da Cociña Económica. Saltaron as alarmas pola continuidade do servizo.

Alicia Lourido foi unha das afectadas polo COVID-19. Logo de detectarlle a ela e a outras dúas compañeiras máis o virus, pechouse o comedor ao público e comezaron as tarefas de desinfección. Con todo, o seu servizo continúa con outros traballadores e a comida que reparten aos centos de usuarios diarios elabórase, polo momento, nun cáterin.

3 comentarios en “Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

  1. Unha publicación moi interesante e necesaria para recoñecer a importante labor dos comedores sociais, noraboa!

    Concordo con vós no feito de que, nos últimos anos, o perfil das persoas que acoden diariamente a estos lugares mudou considerablemente. Atopámonos con que, agora, as dificultades económicas e mesmo a pobreza poden chamar á porta de calquera, incluso de quen pensou que nunca se vería nunha situación semellante. Por iso é importante apoiar o funcionamento das organizacións de axuda a estos colectivos. Neste punto, paréceme interesante coñecer as formas de financiamento da Cociña Económica: son fundamentalmente doazóns desinteresadas de individuos e colectivos ou, pola contra, colabora tamén o Concello de Santiago?

    Na actualidade, como consecuencia dos problemas económicos e sociais derivados da crise do Covid-19, as institucións desta índole cobran especial importancia. Por exemplo, foron numerosos os dispositivos habilitados en Galicia de xeito excepcional para posibilitar o confinamento seguro das persoas en situación de rúa. Desde o grupo S1A Pobreza, investigamos a labor de dous destes albergues, que coinciden en centrar o seu traballo no benestar das persoas máis alá do mero feito de satisfacer as súas necesidades básicas. Como apuntades, a Cociña Económica conta tamén cun centro de día, considerades que estas institucións son unha peza clave na reinserción social dos seus usuarios? Asimesmo, pensades que as organizacións caritativas xogan un papel fundamental á hora de evitar a invisibilidade que con frecuencia sofren estas persoas?

    Doutra banda, a pesar de que os menús da Cociña Económica son supervisados por un nutricionista, por desgraza non sempre é así. Recentemente resultou polémica a dudosa calidade nutricional dos menús diarios ofrecidos aos menores con beca comedor en Madrid. Pensades que, en ocasións, o valor nutricional das comidas servidas neste tipo de institucións non recibe a importancia que merece?

    Finalmente, tras detectar algúns casos de coronavirus entre os responsables do comedor, gustaríame coñecer qué medidas foron tomadas para asegurar a saúde dos usuarios e se existen garantías de que o servizo poderá continuar funcionando a pesar destes contaxios.

    O compromiso deste tipo de asociacións así como a solidariedade cidadana resultan esenciais á hora de visibilizar os diferentes rostros da pobreza e de intentar reducir ao mínimo posible os seus efectos. Asimesmo, artigos coma este son moi necesarios como instrumentos de información e coñecemento.

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu interese!

      En canto a túa pregunta, a Cociña Económica trátase dunha institución benéfica de carácter privado da que encárganse as fillas da Caridade e que é subvencionada tanto polas axudas da Xunta de Galicia e da Deputación de A Coruña coma da colaboración cidadá a través de ingresos na súa conta bancaria, da súa páxina web, de donativos de empresas ou coa mítica recollida de alimentos polo Nadal.

      Outro dos servizos que ofrece a Cociña Económica, coma ben apuntaches, é a do centro de día que ten coma obxectivo principal proporcionar ás persoas sen recursos, un espazo onde estar durante o día, ademais de ofrecerlles a oportunidade de orientalos hacia unha inserción/reinserción social e/ou laboral, a través de diversas actividades; tanto no Centro coma fora del, no campo das habilidades sociais, saúde e a busca activa de emprego; polo cal trátase dun elemento clave para paliar a problemática da pobreza. Ao centro de día non só acude a xente que tamén é usuario da Cociña Económica senón que grazas a multitude de persoas as que axudan día a día, o boca a boca fai a súa maxia e atrae a persoas que conviven con algunha das problemáticas que este centro de día axuda a paliar, ademais de que a propia organización promove a través de actividades a súa labor, e por si fora pouco, ten un gran recoñecemento por parte de diferentes institucións que fan que se visibilice tanto o traballo levado a cabo pola institución coma que lle den a importancia que se merecen ás persoas que están pasando por unha mala situación.

      Sobre o tema dos menús, efectivamente están controlados polos nutricionistas que teñen moi en conta o valor nutricional das comidas servidas e que o que buscan sobre todo é que os usuarios da Cociña Económica síntanse a gusto podendo facer tres comidas ao día totalmente caseiras e nutritivas.
      En canto a problemática que fixo que tivera que manterse pechado polo virus do COVID-19 déixoche por aquí un artigo que pode aclarar as túas dúbidas: https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/cocina-economica-duplica-sus-menus-sirve-200-MMCG1240408

      Un saúdo!

      Gústame

  2. Grazas pola recomendación do artigo, atopeino moi interesante!

    Na actualidade, ante o gran aumento de demanda que están a sufrir este tipo de asociacións, toda axuda é poca. O feito de que retomen a súa actividade con normalidade resulta clave para poder prestar axuda a todas aquelas familias afectadas, en maior ou menor medida, pola crise do Covid-19. A continuación, déixovos un artigo que fala precisamente dese incremento de usuarios, moitos deles persoas que nunca pensaron que se verían nunha situación semellante: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/05/15/nunca-pensamos-tener-pedir-ayuda-comer-veintipico-anos/0003_202005G15P15992.htm A maiores, a solidariedade e a xenerosidade cidadás actúan como instrumentos claves para facilitar o funcionamento destas organizacións. Este artigo é un exemplo dalgunhas das axudas e donativos que foron recibindo estos días: https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/vegalsa-eroski-dona-mas-de-16-toneladas-de-productos-de-primera-necesidad-a-entidades-beneficas

    Nesta situación excepcional é vital reforzar o apoio a longo prazo aos colectivos máis vulnerables. Ante un futuro incerto, resulta fundamental continuar apoiando as persoas en risco de exclusión social, sen descoidar as súas necesidades unha vez rematada a corentena. Como ben explicaches no referente á Cociña Económica, materializan este apoio a través do seu centro de día. Doutro xeito, o Seminario Menor de Belvís, habilitado como albergue provisional durante o confinamento, coa axuda do concello de Santiago, está reubicando ás persoas sen fogar entre Cáritas, entidades colaboradoras e pisos de propiedade municipal. Déixovos un artigo no que aparece explicada esta cuestión: https://www.elcorreogallego.es/santiago/los-sintecho-salen-de-belvis-para-intentar-reinsertarse-en-la-sociedad-YE3143607 Consideramos que é importante non descuidar ás persoas máis vulnerables, evitando que regresen á rúa co inicio da desescalada, cal é a vosa opinión?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.