A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

En pleno século XXI, existen millóns de persoas que pasan fame a diario a pesar da riqueza que se xera constantemente e do potencial agrícola do que dispoñemos, a fame afecta a máis de 820 millóns de persoas no mundo.

Os países pobres necesitan os instrumentos de desenvolvemento, económicos e de política precisos para impulsar a súa produción e produtividade agrícolas. Débese aumentar a inversión en agricultura porque para a maioría dos países pobres é fundamental dispor dun sector agrícola sólido co fin de superar a fame e a pobreza e isto constitúe unha condición previa para o crecemento económico xeral. A gravidade da actual crise alimentaria é o resultado de 20 anos de inversión insuficiente en agricultura e abandono do sector. Directa ou indirectamente, a agricultura proporciona os medios de vida para un 70 % dos pobres do mundo.

O fomento dunha cultura de prevención e protección en materia alimentaria resulta indispensable; é necesario que as xeracións actuais e as futuras entendan cal é o efecto que a agricultura, os cambios climáticos, a falta de recursos naturais, a pobreza e a desigualdade social teñen no aseguramento dos alimentos.

Seguridade alimentaria

Cando escoitamos o termo “ Seguridade Alimentaria” o primeiro que ven a nosa cabeza, é que o concepto só refírese á importancia de consumir alimentos que estean en bo estado e non sexan prexudiciais para a nosa saúde. Non obstante, a Seguridade Alimentaria implica:

  1. Ter comida dispoñible ao alcance de todos.
  2. Que haxa un modo de conseguila, isto quere dicir que poidamos dispoñer do suficiente diñeiro coma para mercar os alimentos.
  3. Que estes alimentos sexan suficientes, inocuos e nutritivos para que o noso corpo poida conseguir a enerxía e nutrientes necesarios para ter unha vida saudable.
  4. Que sexa de maneira estable e continuada no tempo, non unha odisea marcada pola incertidume.

Para a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a seguridade alimentaria dáse cando…

“… todas as persoas teñen acceso físico, social e económico permanente a alimentos seguros, nutritivos e en cantidade suficiente para satisfacer os seus requerimentos nutricionais e preferencias alimentarias, e así poder levar unha vida activa e saudable”

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura mide a inseguridade alimentaria empregando a Escala de Experiencia de Inseguridade Alimentaria (FIES, en inglés).

O módulo da encuesta da FIES consta de oito preguntas breves que refírense ás experiencias do encuestado individual ou do fogar do encuestado no seu conxunto. As preguntas céntranse en experiencias e comportamentos relacionados coa alimentación que describen os encuestados, relacionados con dificultades crecentes para acceder aos alimentos debido a limitacións de recursos.

O conxunto de preguntas forma unha escala que cobre unha variedade de niveis de gravedade da inseguridade alimentaria:

Dereito alimentario

O dereito á alimentación está recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. Este dereito, fúndase nos artigos 3 e 25 desta declaración que respectivamente establecen: “Toda persoa ten dereito á vida, á liberdade (…) E, en especial, á alimentación”. O dereito ao alimento é fundamental para garantir o conxunto dos dereitos humanos. Sen eles non hai vida saudable, nin un emprego….

Que diferencia hai entre o dereito a estar protexidos contra a fame e o dereito a ter unha alimentación adecuada? O primeiro destes dereitos é fundamental. Significa que o Estado ten a obrigación de asegurar, polo menos, que as persoas non morran de fame. Como tal, está intrinsecamente asociado ao dereito á vida. Ademais, non obstante, os Estados deberían facer todo o posible por promover un desfrute pleno do dereito de todos a ter alimentos adecuados ao seu territorio, noutras palabras, as persoas deberían ter acceso físico e económico en todo momento aos alimentos en cantidade e de calidade adecuadas para levar unha vida saudable e activa.

Seguridade alimentaria e dereito humano á alimentación: desafíos para a súa garantía

Achegámonos un pouco mellor á seguridade alimentaria e dereito humano á alimentación a través do artigo da revista da USC “Seguridad Alimentaria y Derecho Humano a la Alimentación: desafíos para su garantía” de Maria José Bernal Ballesteros, investigadora da Comisión de Dereitos Humanos do Estado de México.

Este artigo, amosa que a desigualdade social e a pobreza inflúen de maneira negativa, directa e indirectamente na seguridade alimentaria. A falta de recursos económicos da poboación, de emprego e de oportunidades para a poboación ten coma resultado que non se teña acceso aos alimentos básicos causándolles unha situación de risco e vulnerabilidade as persoas máis pobres. Estas persoas son desatendidas polos políticos e como consecuencia desta discriminación, as persoas que viven na pobreza vense privadas dun acceso equitativo aos alimentos. Por iso, os Estados deben adoptar estratexias nacionais para alcanzar a seguridade alimentaria para todos, sobre a base dos principios dos dereitos humanos. 

Ata agora, os programas contra a desnutrición estaban evolucionando favorablemente, de maneira pausada, mais o clima freou en seco este desenvolvemento. Os científicos, advirten que as secas e as catástrofes naturais irán en aumento e a relación entre clima e fame é indiscutible.

En estudos recentes, a FAO sinalou que «para o 2050 prevese que a poboación mundial aumentará e alcanzará case os 9 700 millóns de persoas». Aínda cando nos últimos anos o nivel de fame alcanzou índices menores, este incremento poboacional pode deixar atrás os avances logrados e provocar efectos negativos na seguridade alimentaria mundial, sobre todo en zonas como África e o sur de Asia.

Recoñecer e asegurar o dereito á alimentación, así como garantir a seguridade alimentaria, debe ser prioridade na política de todos os Estados. Os alimentos non poden ser entendidos coma unha axuda política ou humanitaria, polo contrario, deben ser o común denominador de cada sociedade; so baixo o entendemento desta premisa poderase encausar aos Estados hacia a dirección correcta para erradicar a fame no mundo. Por iso, é imprescindible aumentar as inversións agrícolas en países menos desenvolvidos en materia de produción, co fin de equilibrar a balanza e facer posible un mundo con fame cero.

Por primeira vez, grazas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, hai un programa para a acción no que están incluídos todos os países.

Bibliografía:

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura [en liña]. Cume Mundial sobre a Seguridade Alimentaria. Dispoñible en: http://www.fao.org/wsfs/cumbre-mundial/es/?no_cache=1

Nacións Unidas [en liña]. Declaración dos Dereitos Humanos Universais. Dispoñible en: https://www.un.org/es/documents/udhr/UDHR_booklet_SP_web.pdf

Revista da Universidade de Santiago de Compostela [en liña]. “Seguridad Alimentaria y Derecho Humano a la Alimentación: desafíos para su garantía” de María José Bernal. Dispoñible en: http://www.corteidh.or.cr/tablas/r38110.pdf

Axuda en acción [en liña]. Que é a seguridade alimentaria? (2019). Dispoñible en: https://ayudaenaccion.org/ong/blog/sostenibilidad/que-es-la-seguridad-alimentaria/

PESA [en liña]. Seguridade alimentaria e nutricional: conceptos básicos (2011). Dispoñible en: http://www.fao.org/3/a-at772s.pdf

2 comentarios en “A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

  1. ¡Buenas compañeros!

    Un artículo muy interesarte para despertar de nuevo esa conciencia sobre una realidad como la hambruna que, muchas veces, a raíz de información sensacionalista o por puro costumbrismo, hemos deshumanizado y convertido en cifras. Es abrumadora la cantidad de gente que hoy en día no tiene garantizada su alimentación, aunque todavía es más llamativo que sean algunos de los países que más riqueza poseen, en cuanto a recursos naturales se refiere, los que más hambre pasen.

    A raíz de esto último, si bien habláis de seguridad alimentaria y de cómo figura recogido el derecho a la alimentación dentro de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, quizás hubiera estado bien incluir cómo muchos países desarrollados en Occidente garantizan este derecho en su territorio, pero lo pasan por alto cuando invierten dinero u obtienen materia de otros países localizados en el continente africano o en el sur de Asia. En cualquier caso, planteáis una buena reflexión ante la incertidumbre de qué pasara con este problema tan grave conforme vaya aumentando el número de habitantes del planeta.

    Muchas gracias por compartir.

    Gústame

  2. Moitas grazas polo comentario!

    Na miña opinión, tamén é importante ver de qué forman colaboran os países ricos cos países en vías de desenvolvemento. Moitas veces os países ricos levan os seus capitais e ofrecen axudas a estos países menos desenvolvidos. Sen embargo, máis alá de que estas axudas non rematan de solventar o problema da fame, parece que case ningunha potencia está disposta a contribuír coa aceleración da economía destos países. Vén sendo como darlles a cana de pescar pero non querer ensinarlles a construír a súa propia cana. Unha economía dependente da intervención dos países ricos ao fin e ao cabo remata sendo unha economía estancada.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.