S3C
Rematamos o noso traballo neste Observatorio Cidadán de Comunicación, e facémolo cun coloquio por Skype con tres das persoas que nos axudaron nestes meses de traballo. E é que xunto ós membros do grupo Laura Ríos (que ten o rol de Documentación nel), Christopher Rodríguez (Actividades) e Zoel Otero (Coordinador) temos a sorte de contar coa presenza de Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación Itínera e quen nos prestou axuda na primera das nosas tres publicacións deste ODS de saúde na terceira idade.
O coloquio comezou por unha rolda de noticias e de datos dados recentemente polos medios de comunicación, que foi conducida polo noso coordinador Zoel Otero. Comezamos falando con Martínez Uzal acerca dos datos dados pola OMS de que entre o 20 e o 25% das persoas maiores en España padecen algún tipo de enfermidade mental. O coordinador de Itínera apuntou que estes datos están desfasados debido á situación do COVID, que moi probablemente fará aumentar esa porcentaxe nun panorama según elcompletamente novo e descoñecido, e destacando á depresión coma o trastorno máis común, seguido doutros coma a esquizofrenia: “estes trastornos danse principalmente na adolescencia. Cando chegan ós 60-65 anos o tipo de enfermidades mentales están relacionados con enfermidades coma o Alzheimer”. Precisamente acerca do Alzheimer Martínez Uzal detalla que a súa aparición é moi parecida a dunha depresión, e sinalando a detección temperá destas enfermidades aparecidas na vexez e unha vida activa coma o mellor xeito de evitalas. Acerca de como paliar esas enfermidades, María Becerra e Loli Riveiro apuntan a adaptarse a cada persoa mediante diferentes exercicios e actividades tanto grupais e individuais con xente da súa mesma idade; ademáis a segunda tamén incide no uso dos respectivos fármacos contra a enfermidade: “Se realmente estamos enfermiños e temos unha depresión moi forte os fármacos tamén son importantes”.
Tras iso, entramos máis de fondo en comentar o efecto do confinamento actual na terceira idade e na xente cunha enfermidade mental. No relativo ó seu coidado, Martínez Uzal apuntou que esta situación complicou moito a súa situación sobretodo “a partir da segunda e da terceira semana”, facendo especialmente mella no relativo a enfermidades coma paranoias ou depresións e apuntando á existencia dun estrés post-traumático cando finalice o confinamento. Así mesmo, o coordinador de Itínera afirma que a situación e especialmente complicada coa xente que vive sola, aínda que confía que as novas medidas gubernamentais para deixar saír a xente axuden nesta situación, xa que tamén o considera un problema social: “din que as enfermidades físicas separan das cousas, e as mentais das persoas. Pois imaxinade nesta situación”.
Isto esténdese tamén ás residencias de anciáns, nas que as familias teñen prohibido o acceso coma medida preventiva. Acerca diso, Riveiro apuntou que se tenta a pesar da presión engadida ser optimista con eles, facendo videochamadas cos familiares e transmitirlles optimismo e “intentar animalos dalgunha maneira”, mentres que Becerra, cuxo centro de día cerrou temporalmente debido ó confinamento, apunta á dureza da situación ó comezo do Estado de alarma e do shock que causou ós anciáns:
“Hai xente que o está pasando moi mal, xa que non están saíndo da casa e antes saían. Hai persoas que antes recibían visitas e agora xa non. É unha situación bastante complicada”
Finalmente, centrámonos no tópico da soidade e o seu efecto na saúde mental, xa que segundo o INE en 2019 habían máis de dous millóns de persoas maiores nesta situación. Con respecto a isto, Carlos Martínez Uzal apunta de novo á depresión coma o principal problema psicolóxico: “aparte dos coidados que poda ter dun coidador alleo, o que é a vida sen familia sempre leva ó mesmo”, declara. Á pregunta de se coñeceron no exercicio do seu traballo a algunha persoa nesta situación, Becerra e Riveiro reponderon afirmativamente: “na última residencia na que estiven, houbo incluso un caso de maltrato duns fillos a unha señora, que afectounos bastante”, destcaba Becerra. Riveiro, pola súa parte, apuntou ó igual que a súa compañeira de profesión aos casos que remite a seguridade social ós centros privados: “son casos realmente de abandono, de xente que viviu soa sempre, e que moitas veces non son conscientes de que non poden coidarse por si mesmos”, tendo que ser unha terceira persoa a que da o paso de que vaian a un centro, apuntando que en caso de que o caso lles chegue a tempo é moi doado de solucionar, así coma á existencia de casos nos que “a súa familia os trae porque non poden facerse cargo deles”, sendo según ela os casos máis difíciles xa que teñen un hogar, e debido a isto “en principio cóstalle máis adaptarse. Non lles din que veñen para quedarse, e correspóndenos a nos decirllo”, apuntando tamén que tamén está detrás de todo isto o feito de que na sociedade actual estamos máis solos que antes.
Aquí remata esta primeira fase do círculo. Mañá día 28 ás 19 horas teremos neste blogue a segunda parte, na cal Christopher Rodríguez preguntará ós colaboradores unha serie de cuestións centradas no rol da comunidade na terceira idade e na xente que padece algún tipo de enfermidade mental. Ata agora!