Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

Para finalizar a investigación sobre o ODS: Igualdade de Xénero, dende o S2A cremos necesario achegarnos un pouco máis a experiencias persoais, afastándonos da teoría e os datos que tratamos en posts anteriores. 

Día a día miles de mulleres que traballan no mundo da comunicación vense afectadas directamente polo sistema patriarcal no que vivimos.

Está nas nosas mans revertir esta situación, que fai patente a desigualdade existente no noso país. Para iso, son esenciais unha educación en igualdade, un cambio na normativa e sobre todo conciencia de xénero, para así rachar calquera estereotipo e traballar en equidade de condicións e de oportunidades. 

Antes de rematar non queremos irnos sen agradecerlles a Sara Meijide, Marta Doviro, Tati Moyano e Ariadna Leis a súa colaboración para participar no vídeo durante estes tempos tan complicados. Grazas á súa valentía coñecimos máis de preto algunhas das experiencias denigrantes e inxustas que sofren as profesionais nos medios de comunicación; situacións que poñen en evidencia unha igualdade que está moi lonxe de ser real. 

A nosa labor remata aquí, mais aínda queda un longo camiño por percorrer. Nós, os futuros xornalistas temos a responsabilidade de visibilizar e poñer na mira da opinión pública este tipo de situacións para así poder corrixilas. Esperamos que vos guste o vídeo e que o compartades nas vosas redes sociais a través do cancelo #ReplantéxateTodo

2 comentarios en “Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

  1. O primeiro de todo, felicitarvos polo traballo realizado.

    Desgraciadamente estas situacións, que vos reflexades no vídeo, pasaron e seguen a pasar hoxe en día. Como ben dicides está nas nosas mans revertir esta situación e tratar de levala por un camiño mellor. En relación a isto é obvio que comparando con anos atrás houbo unha gran mellora, pero non a que poderíamos esperar. Por iso queríamos preguntarvos:

    ¿por qué credes que custa tanto conseguir acabar con esta serie de comportamentos?

    Gústame

    1. Ola Diego! En primeiro lugar, grazas por revisar a nosa publicación.

      En canto ao teu comentario, somos conscientes de que aínda queda un importante camiño por recorrer de cara á consecución da igualdade entre homes e mulleres, especialmente no ámbito da comunicación. Os motivos polos que esta non se conseguíu aínda son diversos: por unha parte, a maioría dos postos directivos e altos cargos no eido da comunicación son ocupados por homes. Por outra banda, as mulleres en moitas ocasión e sendo este un dos maiores prexuízos que arrastran, vense obrigadas a pedir baixas, ben por maternidade, coidado de persoas dependentes ou similar, o que dificulta a súa contratación ou promoción nos seus postos de traballo. Máis concretamente no mundo da televisión, ámbito do que forman a maior parte das protagonistas do noso vídeo, isto vese agravado polas esixencias estéticas que se lles imponen, asociados a cánones de beleza case imposibles e a manter a súa xuventude, e que non son aplicados ao xénero masculino.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.