Seguir traballando a pesar da pandemia

Anónimo, repartidor de Glovo e membro da organización ridersxderechos: «o servizo a domicilio é un servizo que está exento da prohibición de traballar. Ao que se suma que estas plataformas como Glovo, Deliveroo, etc non están repartindo os EPIs (guantes, mascarillas, geles…), cousa que en teoría é ilegal. Non podemos garantir a saúde do traballador igual que non podemos garantir que o produto que se … Seguir lendo Seguir traballando a pesar da pandemia

Galicia en transición enerxética

Chegamos xa ao final do noso percorrido polas enerxías renovables en Galicia e para rematar o traballo queremos facer unha análise sobre as nosas experiencias e vivencias, tanto coas persoas que nos facilitaron axuda e información como coas organizacións coas que nos puxemos en contacto. O primeiro que temos claro é que cando comezamos a traballar sobre este obxectivo da Axenda 2030 estabamos un pouco … Seguir lendo Galicia en transición enerxética

A enerxía mareomotriz, próximo obxectivo nas costas galegas

A enerxía maremotriz e a undimotriz son das enerxías con maior proxección de futuro no mundo. Durante o 2019 intaláronse dúas novas plantas, sen contar as que están en proceso de experimentación.  A vantaxe principal das mareas que producen este tipo de enerxías é que son predicibles e inagotables. Polo tanto, para cumprir as expectativas europeas da Axenda 2030, o desenvolvemento da enerxía maremotriz é … Seguir lendo A enerxía mareomotriz, próximo obxectivo nas costas galegas

E ti, con cal te quedas?

Como se visibiliza a vida submariña nos medios convencionais? E nos especializados? En prensa non só é importante o que se conta, senón tamén como o fan. Nesta entrada poderedes coñecer a importancia que se lle da a este tema no mundo mediático. Para iso analizaremos noticias de tres medios: La Voz de Galicia. GCiencia. Europa Azul. Sendo La Voz de Galicia un medio xeralista, … Seguir lendo E ti, con cal te quedas?

Aínda queda un largo camiño por percorrer

Hoxe presentamos un vídeo a modo de resumo de todo o traballo realizado ao longo do cadrimestre. A nosa intención dende o comezo do proxecto foi amosar as desigualdades de xénero centrándonos no ámbito educativo, así como dar visibilidade a mulleres que, ao longo da historia, non tiveron a oportunidade de ter recoñecido o seu labor polo simple feito de ser mulleres. Tamén intentamos facer … Seguir lendo Aínda queda un largo camiño por percorrer

Institucións, xornalismo e cambio climático: unha ollada a través de expertos e cidadáns (II)

Como falabamos na entrada anterior, durante este período de corentena tivemos a oportunidade de poder facer un círculo composto por cidadáns de a pé e expertos, cos que compartimos datos e vivencias propias relacionadas co cambio climático. A falta de transparencia das institucións públicas e o tratamento da información ambiental foron as grandes protagonistas desta segunda parte da conversa. “Eu creo que podes ter na … Seguir lendo Institucións, xornalismo e cambio climático: unha ollada a través de expertos e cidadáns (II)

Broche final: actividades sobre vivenda para refrescar a memoria

Finalizamos a nosa andadura neste blog cun post dedicado a ti. Durante estas semanas estivemos traballando na proposta O dereito á vivenda é alugar infraestruturas dignas. Publicamos as experiencias desagrables que sufriron estudantes cos seus pisos de Santiago de Compostela, realizamos un círculo de lectura crítica no que se trataron temas moi variados e tamén abordamos a situación na que se atopan os habitantes de … Seguir lendo Broche final: actividades sobre vivenda para refrescar a memoria

Cando entrar nunha residencia pública é unha lotaría

A ‘experiencia residencia’ da que falabamos pode tornarse para as estudantes nunha sorte de azar, pois as prazas no sistema público de vivenda son ínfimas se as comparamos coa demanda que anotan. Por ende, moitos alumnos rematan nas residencias privadas, dando froito a esta “rivalidade” entre “a privada” e “a pública”.  Hai argumentos para decantarse pola unha ou pola outra (ou por ningunha), mais do … Seguir lendo Cando entrar nunha residencia pública é unha lotaría

A realidade dos afectados por ERTE

CURROS ESPIÑO, Iria e FERNÁNDEZ MORETE, Malena Carla Méndez Sández, adestradora de equipos base de baloncesto no club Compañía de María de Santiago de Compostela (A Coruña)«Para o meu nivel económico, o ERTE é un problema: cobro o 70% do soldo (co que pagaba o meu piso en Santiago, onde estudo) e os gastos persoais para non saturar aos meus pais. O piso teño que … Seguir lendo A realidade dos afectados por ERTE