Desde fai unhas semanas non podemos saír á rúa, pero iso non significa que non poidamos aprender e disfrutar. Desde o grupo de Produción e Consumo Responsables queremos amenizarche esta cuarentena, para o que creamos unhas actividades educativas, e deixámosche outras para que poidas descargalas.
Con estas actividades queremos que os máis pequenos se entreteñan mentres aprenden sobre a agricultura sostible. Pero ademais, creamos un folleto informativo sobre este tema para adultos.
ACTIVIDADES INFANTÍS
Acompañados de Odi, a mascota do noso grupo, os máis pequenos aprenderán sobre os valores das ODS e en concreto a número 12: Produción e Consumo Responsable (centrado na agricultura).
En primeiro lugar temos a presentación, onde coñecerán a Odi e aprenderán o básico para poder xogar aos outros xogos e poder facer as actividades.
Agora que xa adquiriron os coñecementos básicos temos dous xogos interactivos online.
O primeiro achámase atrapa ese selo. Nesta actividade aprenderás sobre os distintos selos ecolóxicos, locais ou de comercio xusto que están presentes nos produtos, xa sexan comida, electrodomésticos, cosmética…
Neste segundo ensinámoslles a crear a súa propia horta ecolóxica que poderán ter na súa casa, xardín, finca ou no mesmo colexio. É recomendable que o fagan baixo a supervisión dun adulto.
Ademais destas actividades creadas por nós, deixámosvos outras que fixeron entidades como GadisEscola. Estas son de imprimir, na súa maioría.
As actividades están adaptadas por cursos escolares, e hainas desde infantil a 6º de primaria. Se premes na imaxe, accederás á páxina web.
ACTIVIDADES PARA ADULTOS
Para os adultos temos unha serie de propostas. En primeiro lugar fixemos un folleto informativo sobre a nosa ODS, os produtos ecolódicos, de comercio xusto e locais.
Tamén engadimos unha lista de tendas que venden estes produtos en Santiago de Compostela.
Se queres velo en pantalla completa, ou imprimilo, préme AQUÍ.
Tamén vos deixamos o folleto doutra iniciativa en Galicia, chamada Non é o mesmo. Esta iniciativa é unha asociación chamada NONéOMESMO sen ánimo de lucro que busca fomentar o consumo local de produtos, a cohesión social e os beneficios que isto daría ás comunidades.


Para obtelo en formato físico, podes solicitao en calquera dos establecementos que aparecen na lista. Ademais, tamén podedes consultalo na súa páxina web.
Se traballas nun centro educativo, tamén hai guías sobre como tratar estes temas nos colexios. Recomendámosvos dúas: a de GadisEscola, que complementa as actividades propostas para nenos, e as da Unión Europea sobre o desperdicio alimentario nos comedores e na casa. Préme sobre os emblemas e levarante ás guías.

Esperamos que con todos isto vos entreteñades un pouco esta corentena, ademais de aprender sobre as ODS e en concreto a produción e consumo responsables. Se tedes algunha dúbida, deixádea nos comentarios e axudarémosvos.