Pesca furtiva e estibadores, dous fenómenos afectados pola globalización

O marisqueo profesional é o subsector que máis se está vendo afectado economicamente por mor do furtivismo. Esta pesca ilegal lévase a cabo mediante métodos non permitidos, que atrapa animais que non teñen o tamaño permitido ou que se atopan en perigo de extinción.

A Fiscalía de Galicia leva loitando contra este fenómeno dende hai anos, onde demandan a mellora da coordinación entre os actores implicados na vixilancia sanitaria. Dende 2011 procuran aumentar o control da comercialización do marisqueo ilegal e desvincular aos gardapesca das cofradías para facilitar a independencia na súa labor. De feito, o primeiro colectivo implicado na loita contra o furtivismo son os marisqueiros e marisqueiras integradas nas cofradías.

1521220117_231825_1521221764_noticia_normal

Para frear o furtivismo estanse a desenvolver unhas sancións dende a Fiscalía. Entre elas salientan o feito de decomisar vehículos e embarcacións así como postos de mercado ou lonxas que compren produtos aos furtivos. Aínda que estes non sexan da propiedade das empresas ou particulares, poderán ser incautados se son utilizados de maneira reiterada. Tamén avogan polo aumento do control de compradores ou beneficiarios do produto que procede da pesca ilegal.

Polo tanto, España conta con 137 inspectores de pesca marítima. Nesta tarefa, a Secretaría Xeral de Pesca colabora con tres patrulleiros de altura (que son operados pola Armada), 7 embarcacións lixeiras (operadas pola Garda Civil) e dúas embarcacións cedidas ao uso das comunidades autónomas. Por outra banda, a SGP (Secretaría General de Pesca) cedeu catro helicópteros ao servicio aéreo da Garda Civil.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, defende a loita contra a pesca ilegal. Para iso incrementáronse os equipos humanos e medios técnicos. É primordial levar a cabo este proxecto posto que o abandono do mesmo supón unha amenaza para a preservación do ecosistema mariño.

OS ESTIBADORES

Coa globalización, os estibadores están a sufrir cambios positivos, por exemplo: o auxe do do comercio marítimo no sector online. Pola outra banda, vense envoltos nun exceso de presión para que aumenten a produtividade. Ademais, a acaparición da maquinaria está a reducir a oferta laboral do sector.

que-es-un-estibador

Os estibadores ocúpanse dos procesos de carga dos buques nun porto ou terminal. Desenvolven unha función moi importante no mercado xa que supoñen o paso intermedio entre o productor e o consumidor. Ademais, deben distribuir o producto da forma mais segura posible.

Estes traballadores tamén se encargan de embarcar e desembarcar remolques nos buques, manexar carretillas elevadoras, operar con grúas ou procesos de carga e descarga, conducir vehículos especiais ou comprobar a eficacia da manipulación dos contedores, entre outras actividades.

Deste xeito, os estibadores son quen de decatarse de cando se están a dar ilegalidades ou non. No ano 2011, ante as sospeitas de buques que contiñan pesca ilegal, os estibadores das Palmas negáronse a descargar calquera barco que realizara ditas prácticas e a reforzar os controis. Así, axudaron a combater a captura ilegal, que supón un risco importante para a conservación de especies.

Non obstante, trátase dun sector que se atopa en constante cambio e, ademais, loitan pola liberalización da estiba. Porén, están a xurdir problemáticas que residen na modificación e baixada dos soldos. Isto causou unha manifestación por parte dos estibadores, que se negan a ver o seu soldo reducido a tal magnitude.

 

2 comentarios en “Pesca furtiva e estibadores, dous fenómenos afectados pola globalización

  1. Boas, compañeiras! Como ben dicides, a pesca furtiva é un problema especialmente importante en Galicia, que afecta tanto á preservación do ecosistema como a milleiros de familias mariñeiras e mariscadoras. O pasado mes de febreiro, nun programa de televisión -Más vale tarde, La Sexta- realizouse unha reportaxe na que se trataba este tema dende un punto de vista moi interesante: o dos pescadores furtivos. Eles mesmos explicaban como venden en prazas, en restaurantes, e incluso na propia lonxa, grazas á axuda de traballadores da mesma, que lles faciltan a entrada a pesares de non ter as guias requeridas para poder desenvolver esa actividade. Esta situación semella contradictoria, pois parece impensable que os que traballan de forma legal, lle abran a porta á competencia directa, e ilegal. Isto lévame a pensar que é tanto ou máis importante poñer o foco nos compradores. Na meirande parte dos casos, estes productos son adquiridos coñecendo a súa procedencia e no caso dalgúns mariscos en concreto, os controis sanitarios que teñen que pasar para poder ser comercializados son moi importantes. Evitando eses pasos estase cometendo un atentado contra a saúde pública, en coñecemento de vendedores e restaurantes. Credes que se lle está dando a importancia que debera ó control deste eslabón da cadea? Son suficientes os controis existentes? Sabedes se existen datos acerca das sancións emitidas a restaurantes por este tema?

    Por outra banda, os furtivos fan alusión á dificultade de acceso a licencias, o que complica o feito de que poidan desenvolver a súa actividade de forma legal. É realmente complexo o proceso que permite acceder a esas licencias?

    Moitas grazas pola vosa resposta. Saúdos!

    Gústame

    1. Grazas pola vosa reflexión! A pesca ilegal, como comentades, é unha práctica que pon en perigo a seguridade alimentaria mundial, ademais da biodiversidade mariña. As grandes cifras que proceden da pesca ilegal -estimase que entre o 13% e o 31% da produción total notificada de produtos da pesca e nalgunhas rexión incluso o 40%- é porque, a miúdo, non existe unha boa gobernanza pesqueira, é dicir, plans de xestión e marcos de control e seguimento adecuados para unha explotación sostible dos recursos. Porén, Europa é un dos pioneiros e impulsores da loita contra a pesca ilegal. En 2010 creouse o “Reglamento de loita contra a pesca ilegal non declarada e non regulada (INDR)” que resultou ser unha poderosa ferramenta á hora de evitar que o pescado capturado ilegalmente entre na Unión Europea, é a lexislación máis ambiciosa do seu xénero que persigue o obxetivo global de evitar a pesca ilegal.
      En canto ás sancións aos restaurantes pola venta de pescado ilegal, as presións das diferentes inspeccións fixeron que aumentase o número de expedientes aberto, pero reduciuse o número de sancións impostas. Isto débese a que se está cambiando a tendencia pouco a pouco e se están instaurando comportamentos máis profesionais e haxa unha maior concienciación no control e nas políticas relacionadas.
      Por último, as licencias de pesca, maioría dos casos,fanse as concesións por Internet. Moitos pescadores están denunciando problemas informático (por colapsos) que se encontran ao querer solicitar a licencia. Antes as licencias podíanse facer gratuitamente nas xefaturas territoriais de cada provincia galega, mais agora, o seu prezo é de 24 euros, polo que é inxusto para pobos ou aldeas que non teñan unha boa conexión wifi, ou que non teñan. Ademais dos problemas técnicos, os pescadores tamén denuncian o estado dos ríos, dende a contaminación ata a falta de limpeza nos márxenes destos, o que dificulta as zonas de pesca e, por conseguinte, as capturas. Así é que na última década o número de licencias de pesca que se otorgaban en Galicia reduciuse á metade, no ano 98 rondaban as cen mil e agora apenas superan as cuarenta mil.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.