Contaminación e forma de vida: unha ollada a través de expertos e cidadáns (I)

Como viñemos a falar ao longo de toda a nosa actividade no blog, hai moitas incógnitas sen resolver arredor do cambio climático. Para poder resolver algunhas ou, polo menos, achegarnos a diferentes puntos de vista fixemos un coloquio composto por expertos e cidadáns de a pé: María García de la Fuente, presidenta da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA); Manoel Santos, coordinador de GreenPeace Galicia; Uxía Doral García, parte da coordinadora de Fridays for Future Santiago e voluntaria de GreenPeace; e Lara Martínez Cedeira, veciña de Meicende afectada pola refinería de A Coruña.

Contaminación: leccións do coronavirus

Os datos son contundentes: dende que comezou a crise do coronavirus xerouse a maior caída de emisións de CO2 de toda a historia dende que se teñen rexistros (La Vanguardia, 2020). “Eu non quero volver a ter a mesma cidade na que me encerrei, prefiro ter a cidade que veo dende a ventá cunha calidade de aire mellor, que se escoite a natureza e non os coches” declara María García de la Fuente, residente en Madrid.

Esta reflexión acompáñanos ao longo de toda a conversa: a necesidade de ir modelando un novo tipo de sociedade responsable e respectuosa coa natureza. Unha aposta que é unha realidade, pero que ten un problema de ritmos, algo que, como destaca Manoel Santos, é un problema debido “a gran urxencia é reducir as emisións, temos 10 anos para paralizar a subida de temperatura ese grao e medio”.

“ A GRAN URXENCIA É REDUCIR AS EMISIÓNS, TEMOS 10 ANOS PARA PARALIZAR A SUBIDA DA TEMPERATURA, ESE GRAO E MEDIO” Manoel Santos, GreenPeace Galicia

Fonte: Futuro Verde

Empresas como Iberdrola levan un tempo apostando polas enerxías renovables e outras como Repsol, onde o petróleo é unha das bases, están a investir grandes cantidades en enerxía eólica e solar. Aínda queda moito por cambiar.

Hábitos de consumo: que podemos cambiar?

O sistema económico actual ten un ritmo de consumo maior aos recursos naturais dos que dispón a Terra. Se nós agora, decidiramos non consumir tanto e manter os niveis de consumo do último mes, reduciría moitísimo a problemática da sobreexplotación, pero non sostería o sistema actual. Necesitariamos un cambio de paradigma que é máis complexo de conseguir.

“OS MODELOS DE CONSUMO SEGUEN SENDO PRACTICAMENTE OS MESMOS QUE HAI ANOS” , Uxía Doral, Fridays for Future Galicia

O papel individual de cada un de nós é clave, todas as accións importan. Uxía Doral achegounos un exemplo moi gráfico: “Moita xente pensa, que problema hai se eu agora cómprome esta botella de plástico? Porque á fin e ao cabo son unha persoa comprando unha botella. Este é un dos grandes problemas, falta visión global. Se cadra pois hai millóns e millóns de persoas que pensan o mesmo e van ser millóns de botellas as que acaben no océano”. Porén, e como afirma Manoel Santos, en termos de concienciación sobre a emerxencia climática houbo un aumento significativo nos últimos anos. Destaca o papel da xente nova e a mobilización social no futuro próximo, xa que o cambio, segundo el, comeza na sociedade: “Dá moita esperanza que haxa unha boa masa coa que despois poidamos facer un bo pan”.

Hai moitas cousas que facemos mal todos os días. Por iso dende Acción polo Clima, decidimos gravar un vídeo no que amosarvos diferentes hábitos que facemos a diario na casa e compre mudar, así como a forma de corrixir estes actos:

BIBLIOGRAFÍA

Cerrilo, Antonio. (18 de abril de 2020). El planeta registrará este año la mayor caída anual de emisiones de CO2 de la historia. Recuperado el 20 de mayo de 2020, de La Vanguardia: https://www.lavanguardia.com/natural/20200418/48573984015/emisiones-caida-anual-co2-carbon-brief.html

El consumo de los recursos naturales de la Tierra se ha triplicado en 40 años. (s.f). Recuperado el 20 de mayo de 2020, de Cristina Enea Fundazioa: http://www.cristinaenea.eus/es/noticias/el-consumo-de-los-recursos-naturales-de-la-tierra-se-ha-triplicado-en-40-anos

La relación entre el CO2 y las altas temperaturas, en gráficas. (s.f). Recuperado el 15 de mayo de 2020, de Futuro Verde: https://futuroverde.org/2017/10/20/la-relacion-entre-el-co2-y-las-altas-temperaturas-en-graficas/

2 comentarios en “Contaminación e forma de vida: unha ollada a través de expertos e cidadáns (I)

  1. Antes de nada, noraboa polo traballo!

    Creo que sempre que se fala do cambio climático se fai dunha forma moi superficial e deixando polo camiño un dos problemas que mais difíciles de combater e que mais residuos xera: o modelo de consumo. A pesar de que hai moitos núcleos productivos dentro dun sistema que chama a levar un ritmo de consumo masivo incompatible cos recursos finitos dos que goza o planeta, de nós depende unha parte fundamental de responsabilidade individual e concienciación. No sé é cuestión de reciclar e reutilizar, se non de reducir o nivel de consumo. Segundo un informe de Greenpeace ( https://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/consumismo/ ), o ser humano necesitará tres planetas para abastecer o ritmo actual de consumo. Hoxe en día, extráense e empréganse a redor dun 50% mais de recursos que fai trinta anos. Nese mesmo informe, señálase que a UE consume mais de 100.00 bolsas de plástico mentres que tan só se reciclan un 7%. Ademais hai que ter en conta que, ao igual que todos os plásticos dun só uso como as pajitas ou botellas de auga, utilízanse apenas uns minutos mentres que tardan centos de anos en degradarse. Como dicíades no vídeo moi acertadamente, falta visión global para comezar un cambio dentro da sociedade.

    Tamén referido ao tema do consumo, é verdade que hai moitas mais alternativas que o plástico, pero tamén poden chegar a ser moito mais caras. Segundo un artículo publicado na web “Vivir sin plástico” ( https://vivirsinplastico.com/es-mas-caro-comprar-a-granel/ ), nun producto básico a compra a granell pode supoñer un incremento da metade do prezoo; mentres que un paquete normal de lentellas apenas chega aos 2 euros, a compra a granell pode ascender ata 1 euro mais que, se son artículos que empregamos todos os días, poden supoñer un gasto que non todas as familias poderían asumir. Debería de ser ao revés, os prezos a granell mais accesibles cando son unha boa alternativa para o medio fronte aos envases plásticos.

    Liked by 1 person

    1. Boas, ODS Enerxías renovables! Moitas grazas polo teu comentario. Gústanos que os guste o noso traballo.

      Estamos plenamente de acordo cando di que se trata de reducir o consumo e a produción, máis aló de reciclar e reutilizar produtos e alimentos. O informe de Greenpeace es moi correcto para falar sobre este tema. É certo que o consumo de plástico debe reducirse moito, aínda que xa están a dar solucións a este problema, por exemplo producindo pallas metálicas, e as botellas de auga de metal e reutilización tamén aumentaron a súa venda nos últimos anos.

      Respecto ao artigo que compartiches con nós sobre “Vivir sen plástico” e continuar con ese tema, é certo que os prezos poden ser máis caros. Pero co paso do tempo, cando a xente se acostuma a consumir granell, os prezos baixarán. Ocorrerá como coa froita: o prezo depende moito da oferta-demanda. Todo é cuestión de tempo e acostumarse a ela, ao igual que a nova realidade coa que imos ter que acostumarnos por mor do Covid-19.

      Moitas grazas por ler o noso blog e compartir as nosas ideas. Moi bo comentario que nos fixo reflexionar. Oxalá teñamos resoltas as túas dúbidas. Saúdos, ODS Acción polo clima.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.