Poñémosvos a proba!

Este grupo estivo participando nunha actividade que ten por obxetivo visibilizar e ampliar o coñecemento da vida submariña a todo tipo de sectores da sociedade. Para iso dividimos o traballo en dous grandes apartados. O primeiro vai destinado a un target adulto, onde se puxo a proba os seus coñecementos cun xogo por redes sociais. Nesta actividade participaron un total de 146 persoas, as cales responderon a dez preguntas sobre a temática. Os resultados foron os seguintes:

Pregunta 1: Sabes o que é un trueiro?
Especie mariña: 10
Aparello de pesca: 59  
Barco pequeno: 30
Non contestaron: 47

PORCENTAXE DE ACERTOS: 38,36%

Pregunta 2: Cal é a maior ameaza para a vida submariña?
Pesca furtiva: 19
Actividade humana: 59
Cambio climático: 24
Non contestaron: 44

PORCENTAXE DE ACERTOS: 38,36%

Pregunta 3: En que estapa de extinción mariña nos atopamos?
Na cuarta: 70
Na primeira: 6
Na sexta: 27
Non contestaron: 43

PORCENTAXE DE ACERTOS: 18,49%

Pregunta 4: Como afecta o quencemento global nas especies mariñas?
Altera o tamaño dos seus corpos: 9
Provoca a ralentización da reprodución das especies: 83
Aparecen novas especies: 9
Non contestaron: 45

PORCENTAXE DE ACERTOS: 6,16%

Pregunta 5: Por mor do efecto invernadoiro, as especies…
Diríxense cara a costa:15
Diríxense cara as zonas máis profundas: 26
Ambas son correctas: 57
Non contestaron: 48

PORCENTAXE DE ACERTOS: 17,81%

Pregunta 6: Que é a adificación do mar?
Aumento do nivel do dióxido de carbono: 57
Descenso de algas mariñas: 12
Aumento do fitoplancton mariño: 23
Non contestaron: 54

PORCENTAXE DE ACERTOS: 39,04%

Pregunta 7: A que especies afecta con máis forza este proceso?
Crustáceos: 13
Moluscos: 17
Fitoplacton: 60
Non contestaron: 56

PORCENTAXE DE ACERTOS: 41,10%

Pregunta 8: Cantas especies hai en perigo de extinción en galicia?
Entre 70-80: 53
Entre 10-20: 7
Entre 30-40: 26
Non contestaron: 60

PORCENTAXE DE ACERTOS: 36,30%

Pregunta 9: Cantos kg de basura se tiran ao mar por segundo?
Entre 50-100: 10
Arredor de 200: 24
Máis de 350: 53
Non contestaron: 59

PORCENTAXE DE ACERTOS: 16,44%

Logo traballamos nunhas publicacións extra que este público puido ver. Nelas fixemos unha breve explicación das respostas correctas. A finalidade era non só a aprendizaxe dos encuestados, senón tamén penetrar estes conceptos dunha maneira dinámica nas súas mentes. Ademais, logramos potenciar algo a lectura do blog, pois algúns dos usuarios preguntáronnos por curiosidades que podían ler no mesmo.

Como o ven os nenos e as nenas?

O outro bloque da actividade foi destinado a un target infantil. Para iso contamos coa colaboración de Bárbara Ameal Güimil, docente no CPI Santa Lucía de Moraña ao alumnado de 5 anos. Este grupo iniciou un concurso para os nenos e nenas coa finalidade de ver o coñecemento que os máis pequenos da sociedade teñen sobre a vida mariña. Que lles suxiren esas palabras? A que o asocian? Para a sorpresa deste grupo viuse unha gran orixinalidade por parte dos concursantes. Por iso todos eles levarán un agasallo pola participación e, ademais, o gañador disfrutará dun premio especial: un libro de lectura sobre os animais mariños.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

14

 

GAÑADOR

15

17

18

19

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.