“O máis necesario é a coeducación”

O día 23 de abril, realizamos un faladoiro ou debate con catro colaboradores coa intención de que compartisen as súas respectivas visións ou opinións en canto a diversas cuestións de xénero. Por motivo das circunstancias sociais actuais o encontro tivo que realizarse por vía Skype. Os participantes do denominado ‘círculo’ foron: Jorge García Marín, profesor na Facultade de Ciencias da Educación na USC; Noa Díaz Varela, concelleira de Igualdade e Educación en Santiago de Compostela; Andrea Campos, integradora social e promotora de xénero; e Adrián Otero, estudante de Pedagoxía na USC. Ademais, Nagore Acuña e Diego Álvarez, tomaron o papel de mediadores e guiaron a reunión formulando as preguntas e mantendo unha conversa xunto ós convidados.

A elección dos participantes do faladoiro realizouse tendo en conta a cercanía ou relación que poderían ter estes co tema tratado: as desigualdades de xénero no ámbito educativo. Un aspecto a ter en conta foron as diferenzas de idade entre as fontes, para así conseguir unhas opinións e declaracións que non estiveran ligadas ou condicionadas polos anos de vida de cada un. 

O encontro virtual tivo unha duración de unha hora e media. Os mediadores formularon diversas cuestións aos participantes, ás que foron respondendo por turnos de palabra. Mantíñase unha orde, pero proporcionábaselles en todo momento a posibilidade de intervir aínda que non lle correspondera o turno. 

As cuestións foron divididas en dous bloques. O primeiro cunhas preguntas máis xerais, nas que se lles preguntou sobre a situación tanto das mulleres como do alumnado na educación, a súa visión sobre cómo se poderían erradicar dende este ámbito as desigualdades de xénero, así como se lles plantexou a posibilidade de impartir unha materia destinada a tratar cuestións de xénero. Por outro lado, o segundo bloque estaba máis enfocado ás preferencias de ambos xéneros por determinadas ramas, e neste se lles realizou a gran cuestión que todavía divide as opinións dos científicos: estas preferencias son biolóxicas ou sociais?

En xeral, as opinións dos participantes  asemellábanse bastante na maioría das preguntas pero con distintos matices. Ao longo da conversa expuxéronse diferentes ideas sobre cómo reducir as desigualdades de xénero no ámbito educativo, así como de educar ao alumnado coa intención de que nun futuro non fomente ditas desigualdades. Cada un deles tiña a súa propia visión ou proposta sobre cómo sería a mellor maneira de levar a cabo isto para que sexa acollido pola sociedade adecuadamente.

Un dos conceptos máis recurrentes durante toda a conversa foi a coeducación. Os participantes amosaron a necesidade de levala a cabo. Este termo defínese como:“método educativo que parte do principio da igualdade entre sexos e a non discriminación por razón de sexo”. Xa que a pesar de que os asistentes manifestaron que a educación na aula non é o único que se necesita para acadar a igualdade -existen moitos outros facotres de socialización determinantes- comezar a traballar desde este ámbito sería un avance moi grande e positivo para solventar esta problemática.

No seguinte vídeo compartimos un resumo dos minutos máis interesantes da conversa.

Edición: Nagore Acuña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.