As outras caras da pandemia

S1A Pobreza

A crise sanitaria causada polo coronavirus provocou á súa vez unha gran crise económica e social. O virus paralizou o mundo, pechando comercios e empresas, aumentando os despidos, os ERTES e a dificultade para atopar traballo. Esta situación empurrou a moitas persoas que estaban en risco de pobreza a cruzar o limiar, afectando aos máis vulnerables.

Dende Fin da Pobreza presentamos o fanzine “As outras caras da pandemia”, de descarga gratuíta, no que analizamos o impacto que a crise terá sobre a poboación. A través de artigos sobre economía, testemuños, dispositivos de emerxencia e entrevistas mostramos as consecuencias da recesión, dando voz a aqueles que moitas veces non a teñen.

Con este proxecto poñemos punto e final ao noso traballo. Publicamos “As outras caras da pandemia” como unha ferramenta para informarse, xa que o primeiro paso para erradicar a pobreza, que cada vez afecta a máis persoas, é coñecela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.