Aínda queda un largo camiño por percorrer

Hoxe presentamos un vídeo a modo de resumo de todo o traballo realizado ao longo do cadrimestre.

A nosa intención dende o comezo do proxecto foi amosar as desigualdades de xénero centrándonos no ámbito educativo, así como dar visibilidade a mulleres que, ao longo da historia, non tiveron a oportunidade de ter recoñecido o seu labor polo simple feito de ser mulleres. Tamén intentamos facer pensar e levar a reflexións acerca de todas estas cuestións, así como na necesidade de perseguir un cambio da mentalidade social.

Por outro lado, coa colaboración de diferentes fontes relacionadas co tema, presentamos a idea de remodelar o sistema educativo coa intención de evitar fomentar máis desigualdades de cara ao futuro, é dicir, que isto non se continúe normalizando. Consideramos a posibilidade de incluir na educación –xa dende os primeiros cursos– unha materia enfocada a este tipo de cuestións. Con isto perseguiríase a intención de cambiar a mentalidade da sociedade do futuro.

Ademais, coa nosa labor intentamos dar voz ao alumnado, que sendo o grupo ao que máis lle compete a súa propia educación, xa que pode cambiar a súa visión da vida e a maiores o seu futuro, sempre acaban sendo os irremediablemente esquecidos. Durante varias semanas, a través das redes sociais do Observatorio Cidadán de Comunicación, expuxemos as súas opinións e animamos a todos aqueles que teñan propostas para evitar as desigualdades de xénero a que as compartan. 

Con este vídeo-resumo dase por rematada a nosa labor para o Observatorio, pero sen esquecer que as desigualdades de xénero continúan presentes na sociedade. Aprendemos que só cun traballo conxunto en comunidade poden conseguirse grandes cambios, así como melloras na nosa sociedade.

Edición: Diego Álvarez

Hoxe remata a nosa quenda, pero en canto a reducción das desigualdades entre homes e mulleres no ámbito educativo, aínda queda moito camiño por recorrer. Pero para conseguilo, todos temos que por da nosa parte, por unha mellor educación, e por un mundo mellor.

2 comentarios en “Aínda queda un largo camiño por percorrer

  1. Boas tardes, ODS Xéneros e Comunicación! En primeiro lugar, parabéns polo traballo que realizaches ao longo do proxecto.

    Respecto a esta última publicación, dicir que é moi representativa. Presentou diferentes casos de desigualdade a través de testemuños de fontes relacionadas coa igualdade na educación e a comunicación. Pareceunos moi exitosos como a plantexaches e a dividiches, comezando por conceptos básicos e grandes nomes de mulleres, e rematando co círculo, moi interesante polas fontes escollidas. Dende o noso punto de vista, cremos que foi un formato moi exitoso á hora de somerxer o lector no tema a tratar, a través das persoas que o viven día tras día.

    Por facer algún apuntamento, aínda que xa sabemos que a publicación trata sobre a desigualdade das mulleres, principalmente, cremos que melloraría a perspectiva co testemuño dalgún home que traballa nos medios de comunicación. Coñeceremos mellor a situación e o punto de vista contrario, e sería una maneira de saber se recoñece que hai desigualdade e se se pode facer algo para cambialo. Noutras palabras, ter un punto de vista global, para confirmar se tanto homes como mulleres pensan o mesmo, ou se ambas as partes son conscientes do problema.

    De todos os xeitos, parabéns polo traballo que realizaches. Pareceunos moi interesante e fácil de seguir, e incluso nos axudou a reflexionar sobre o tema. Coa información ofrecida, construímos aínda máis o noso punto de vista sobre a desigualdade e, como din as fontes do círculo, na coeducación. Bo traballo, ODS Xénero e Comunicación.

    Saúdos, ODS Acción polo clima.

    Gústame

  2. Boas Maite!

    Primeiramente darte as grazas por empregar unh anaco do teu tempo para lernos. Estamos encantados de que te gustara tanto o noso traballo.

    En canto ao apuntamento que nos das, queremos recomendarte o apartado de xénero e comunicación, xa que ahí trátanse máis os temas relacionados cos medios de comunicación. Non obstante, somos conscientes que o noso traballo non é perfecto e comentarios como o teu axudan a mellorar.

    Grazas e un saúdo,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.